1 de out. de 2013

DÍA DE ELECCIÓNS

Hoxe non é un luns normal, son eleccións parlamentarias e dos concellos, aquí o das eleccións tómase doutra maneira, é coma un día festivo (obrigado), non poden circular nin taxis nin coches particulares e toda actividade comercial está prohibida. Só se ven pola rúa coches de policía, militares e controladores das eleccións. Eso sí, o día anterior das votacións os partidos montan unhas festas gordas durante todo o día, o CPDM (partido no poder), regala comida e invita a beber, non sei se prefiren que a xente non vai a votar e quede de resaca na casa. Outro detalle destas eleccións, os votos non se contan ata dentro de dous días,??? xa me dirán por que??
Quero durmir ata tarde mais eu non sei que me pasa aquí que tódolos días ás 7:30 esperto sen máis, así que nada, fai sol e saio para afora, Belinda acaba de matar catro polos, vou xunto a ela que os está a desplumar agora, converso con ela un rato e voume almorzar ao restaurante, pan e té.
Traballo un pouco no ordenador e decido marchar a dar un paseo, ven Maelo conmigo, subo ata o punto cercano máis alto, aquí unha foto das vistas, os edificio que se ven abaixo á esquerda son onde vivimos.


Volta para casa e xa está Luis esperto, eu xa teño fame vou comer, polo con patacas fritidas, comeza a chover, sempre chove de tarde, voume a durmir, hoxe quero descansar ben. Dúas horiñas na cama e volta á cociña, Belinda vaime ensinar a cociñar fufucorn, conversa ao lado do lume e ven Stephen, o dono, dime se lle axudo a cargar unhas cousa e vou. Imos no coche e co remolque, cargamos unha cama de bambú, guapísima, ahí vai unha foto.


Aquí trabállase motísimo co bambú, algo máis que estou aprendendo. Bueno metemos a cama na habitación e tratamos de meter unhas sillas que fixeron tamén con este material, e digo tratamos porque non caben pola porta, jajaj, a ver que fai agora o tipo, chama a non sei quen para que veña mañá a solucionalo...
Volvo á cociña e vexo a preparación do fufucorn, xa volo amosarei, é unha chorrada. Alí converso con Belinda e a dona (ninguén sabe o seu nome), pensaban que estaba casado e acordan que me teño que casar e que me van buscar unha muller aquí, eso sí, que crea en deus dinme, porque son as mellores mulleres, eu dígolles que non me quero casar, e rinse.
Xogos con Maelo, todos me din que mo leve para alá, aínda que paso, con Poncho vaime chegando, unha foto do can, a verdade é que é boísimo e ségueme a todas partes, hoxe cando iamos cargar a cama viu correndo detrás do coche durante un bo rato.


E nada cena vendo o fútbol con Stephen, un ratiño con Luis falando sobre a obra e outras cousas e para á habita, varios emails, peli e a durmir.

Un saúdo

1 comentario: