18 de out. de 2013

ACTIVIDADE NA OBRA

Mércores, hoxe toca ir á obra, xa están co tellado. Almorzo na casa e vou coller un taxi. Para un cunha blanca dentro, así que fago gratis a metade do camiño. Ela é canadiense e traballa tamén con discapacitados, intercambiamos mails.
Chego á obra e alí están traballando, os tipos suben ao tellado sen cordas nin nada, para matarse.




Da gusto ver actividade na obra, tamén esta Protus, que xa rematou o zócalo do muro que nos falta para pechar o edificio, agora está preparando armaduras para a estutura.
Collo agora outro taxi cara o centro, alí reúnome con Luis e Roberto, imos comer alí. Curioso, Luis pregúntalle á camareira que hai de comer, ela di todo o da carta, ben, queremos unha pizza e di, uf eso leva moito tempo, bueno por unha pasta, mmm eso non... vaia personaxes.
Comemos e tiramos a Santa, risas e xogos cos rapaces.
Volta para a casa, chega Abakar, amigo de Luis do Chad, musulmán, vai pasar uns días connosco.
Ceniña e a durmir.

Xoves, almorzo e cara a obra con Roberto e Abakar, estáselles a rematar o material, chamo ao responsable da subcontrata e di que está a vir. O bo é que van a bo ritmo, esta semana ou a que ven xa rematamos.




Bueno alí esperamos un rato e conversa con Eric, volta cara abaixo, reunión con Protus para que nos faga presupostos das seguintes partidas e cara Bamenda. Paseíño e de novo ao centro dos rapaces, risas, risas e risas. Estou rebentado, aínda non me pasaron as maniotas da camiñata do outro día.
Cenamos no Mawa e para a casa, peli e a durmir.

Bicos a todxs

Ningún comentario:

Publicar un comentario