7 de out. de 2013

A MIÑA PRIMEIRA VODA CAMERUNESA E BLACK WOOD

Sábado, xa un pouco máis descansado, levanto e dedícome á lectura, ordeno habita que xa volve a ser unha porqueriza, descanso. Hoxe fai sol é un gusto, unha lixeira brisa e calorciño mais sen pasarse. Estou lendo ao aire libre, de súpeto escoito un ruxido, xa está aquí a tormenta de tódolos días, chove, voume cara a casa e a durmir un rato. Chega Augustin e marchamos para Santa, ao centro de discapacitados, alí xogos e máis xogos, facemos un cocncurso de saltos, fago malabares, aquí Clodete graciosísima, é unha rapaciña que non ten brazos (ou ten as mans pegadas ao corpo máis ben), pois colle e dime eu tamén sei facelos pásame e ponse a lanzar cos pés, esta nena non para e faino todo cos pés. Agora está a aprender a escribir e tódolos días pide papel e boli, sempre pon o mesmo, garabatos, mais está comezando.
Bueno uns bailes, que risas, teñen un ritmo, mais xogos, fago de cabalo.... Aquí Clodete e Nelson, a primeira chama ao segundo Mandela e dalle capóns co pé, mentres co outro fala por teléfeno.



Bueno marchamos de alí, son as 5 da tarde e hoxe aínda non comimos, paramos nun sitio a ver se hai conexión a internet e comida mais falla o primeiro, unha foto das vistas.


Seguimos, varias paradas buscando a persoas que non aparecen e chegamos a un hotel a comer, morro coa fame xa son as 6 da tarde, pido uns espaguetti bolognesa, riquísimos, alí estamos ata as 8 máis ou menos, ven Augustin e imos a...... unha voda, invitaron a Luis e eu vou con el, chegamos á casa da celebración, grandísima, vese que son ou foron xente de cartos. O primeiro, imos a unha das casas do recinto, aquí vive parte da familia, teñen un gran terreo dividido por muros e vivendas para os fillos, o dono é polígamo ten dúas mulleres e moitísimos fillos. Non sei por que mais os cans veñen directos a xogar conmigo, aquí foi sentar e de súpeto xa teño un canciño riquísimo entre as pernas.
A ceremonia foi pola mañá na vila da familia, agora é a festa e celebración. Bueno fannos un percorrido presentándonos a todo o mundo, eran uns cantos, e sentámonos a beber unhas cervexas, unhas risas con Luis, este é un vacilón. Comida outra vez, despois de todo o día sen comer, agora comemos dúas veces en menos de tres horas, agora como soia (coma pinchos morunos), porco, pescado, polo, ensalada, jam, arroz... todo mezclado, moi rico. Máis cervexas e risas, nun momento chega un tipo e comeza a berrarlle a unha das rapazas coas que estabamos sentados, mais ao momento o irmán dunha delas (estamos na súa casa) levántase, fala con el e párao, e Luis á vez desvía a atención gritando, unhas risas. O tipo séntase alí ao noso lado con cara de poucos amigos, eu invítoo a tabaco. Un rato máis alí e marchamos, chegamos a casa á 1:30, espertamos a Belinda e a sobar.

Domingo, quero durmir ata tarde mais nada, é imposible ás 9:00 estou almorzando, hoxe papaia nada máis, preciso hidratación, un ratiño e voume de paseo con Belinda e Maelo, imos ata a casa da súa irmán a saudala e a ver a Harriet e Djinho, os cativos que viñeran conmigo a Yaoundé no bus, uns caramelos e galletas e volta para a casa. Estou na cociña con Belinda, vai facer fufu-corn con peixe, como ás 12:00, rico rico e marcho para a casa de Julius, dirixímonos á casa de Cyrus, o presidente xefe de tribu da comunidade, unha cervexiña e conversas moi interesantes, voulles amosar métodos baratos de construir, a ver se me da tempo a todo.
Un paseo pola selva e imos ata a casa de Jonas, amigo menciñeiro, está enfermo, ten mala cara vese que o esta a pasar mal, vimos visitalo porque vou mercar un pouco de ébano que ten él, este material é protector, antes outro rapaz contoume que se comes esta madeira vólveste invisible para a xente que te quere facer mal, tamén que cura feridas, e é unha protección contra os malos espíritos. Aquí unha Julius co material do que me vai facer varias obras de arte.


Estou rebentado, case é noite e teño fame outra vez, así que taxi e despois de unha hora na casa, ceno arroz e carne con salsa de tomate e a durmir, preciso un bo descanso.

Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario