17 de ago. de 2013

A CLÍNICA OMAPEHIV

Fogar e Centro Ortopédico e de Rehabilitación

7:30 e en pe de novo, almorzo te, pan e profiterois (petados de aceite pero riquísimos). Cigarriño con vistas á cidade, aquí van unhas fotos.




Como podedes ver non só en Galiza abusamos da uralita, o tempo xa vedes tamén, nublado sempre, chove a ratos pero non fai frío, tase bem.
Hoxe verei como funciona esto. Ao principio síntome un pouco desubicado, non sei moi ben que facer, así que limítome a observar o traballo das fisios e do doutor.
Polas mans delas pasan unhas 20 persoas, rapciños con hemiplexia, deformidades, parálise, mulleres con problemas nas articulacións e un home sen unha perna ao que se lle vai facer unha prótese (tratarei de mostrar o proceso de fabricación, totalmente artesanal, pero máis adiante).
Vexo como se pon por primeira vez un home unha destas próteses, está encantado, a imaxe fala por si soa.


Encántame unha rapaciña con hemiplexia, non recordo o seu nome (tantos e tan diferentes...), cando chora durante a masaxe doulle a man e acaríciolle a cara, cálmase e emociónome, trato de conter as bágoas. Máis fotos do magnífico traballo que fan aquí, é realmente digno de admirar, co pouco que hai e o moito que se fai.

Esta é a rapaciña da que vos falaba


Ata o dagora cústame bastante falar cos rapaces e a xente, así que vou ao dormitorio dos cativos a facer unhas fotos, carallo non hai mellor forma para romper o xeo, en medio minuto estou xogando con eles facéndolles cóxegas e todos se me tiran por riba para facer fotos. Rímonos moito e Claudia unha rapaza de 12 anos con parálise nas pernas vai ser a miña profe de francés (ela fala inglés e francés). Veña máis fotos.



Esta é Claudia a miña profe
Hora de xantar, peixe outra vez, cociñado igual pero con arroz esta vez, por certo o pan de aquí non está nada mal, rollito baguette francesa.
Unha pequena siesta e vou ao taller de David, alí coñezo a un axudante do que non recordo o nome que estivo en España, falamos comom non de fútbol pero tamén de música, a el encántalle Julio Iglesias e a min Alpha Blondy. Neste punto recordo que preciso unha tarxeta de teléfono, coméntollo a David e poñémonos en camiño, acompáñanos un rapaz, soldador, que está a fabricar unhas portas para a clínica. O tráfico habitual, imos mercar medicinas, despois xunto a unha peluquera a ofrecerlle pelucas, despois mil voltas buscando un mecánico, a xente di "le blanque, a white" cando pasamos, mil voltas mais polo labirinto de Douala (se tedes tempo mirade a imaxe de satélite) e, de súpeto, na clínica outra vez, e o teléfono coméntolle, fóiselle a olla, para mañá (teño que insistir máis e recordalas cousas, normal).
Teño o cerebro rebentado, entre os dous idiomas o cambio total de sociedade, as mil voltas pola cidade do ruído, descanso un pouco pero volvo a baixar pois prometinlle aos cativos máis fotos esta tarde, aquí van.




Volvo á vivenda a escribir as miñas notas, xa podo ir vendo como facer melloras no novo centro a partir de ver o traballo que fan aquí, suben Linda e Jessica a ver a television e ofrézolles os chourizos que trouxen encántanlles (non hai nada mellor que a comida tamén para facer amigos), conversa sobre aquí e alá, moi entretido. Volve David seguimos falando e a sobar.

Ao día seguinte (hoxe así xa me poño ao día), paseo matutino con Jessica en busca da miña tarxeta para o teléfono, conseguímola despois dunha boa caminata, pero interesante, vexo o mercado, as verduras das que me falaban a noite anterior que non entendía. Aquí están as rúas petadas, todo o mundo vende algo, gústame.
Día de relax na casa, lendo e falando, probo o calabaium con carne de tenreira, rico rico, e ata o dagora nada máis, un saúdo. E unha foto da miña acompañante no primeiro paseo a patas pola cidade.  

Jessica e seu bebé Leslie

2 comentarios:

  1. ADRI! Son Furacán!
    Xa vexo como o pasas. O da dor de caluga é super normal, estarás así uns días; pasoume a min con un idioma, xa non te quero ver a ti con dous, mi madriña...
    Bueno neno, que disfrutes moito co proxecto, coa xente, co aprendizaxe, e sobre todo contigo mesmo, descobrirás moitas cousas e sorprenderaste do forte que es estando alí!

    Moita sorte e manteñenos informados aos GALEGUIÑOS!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito, irmán! Emociónome ao lerte...

    ResponderEliminar