19 de ago. de 2013

BAMENDA'S PEOPLE!!!!

Noite de sábado, volta David, apetéceme tomar unha cervexiña e coméntollo. Dime imos á casa dun "brother" seu que está en Inglaterra facendo cartos, imos ver á súa familia.
Chegamos a unha especie de galpón, saúdo a todos, séntanme ao lado do que parecen ser os máis importantes, comezan a falar e non comprendo nada, David dime que falan a lingua local de Bamenda, onde se está a construir o novo centro. Ofrécenme unha cervexa e aceptoa de bo gusto pois é o que viña buscando, de súpeto un deles comeza a golpear unha campana todos en pé e din non sei que, despois o da campana acércaseme e dime algo incomprensible para min, teño que presentarme. Preséntome, risas e aplausos, antes de rematar a cervexa xa teño outra pero non a bebo pois as cervexas de aquí pegan a dios, despois levareina para casa.
Un dos homes importantes levántase dame a benvida, deséxame o mellor, non teñen nada mais dano todo.
É unha reunión, asamblearia máis ou menos, están organizándose xuntos, falando, son unha pequena parte dun todo máis grande, a xente de Bamenda en Douala, disfruto aínda que non comprendo a metade do que falan.
Despédímonos e a casa, volvo emocionado pensando en que esta xente non perdeu aínda a esencia do ser humano.

Domingo, día do señor, 6:30 en pe!!!!! Póñome as miñas mellores galas pois imos á misa, imos en coche (son 500 metros mais imos en coche), gústame ir á igrexa aquí, en parte pola música (fixen unha grabación co móvil pero non se escoita ben) pero tamén porque é un bo sitio para acostumarme á pronunciación deste inglés, teño o libreto das lecturas e escoito con atención, comezo a comprender mellor.
Fin da misa, meu primeiro paseo só polas rúas de Douala, David queda alí nunha reunión, disfruto coma se fose a primeira vez na miña vida que camiño só.
Día de relax, tv (se tedes un momento mirade en internet este canal enmanuel tv, aquí estano vendo todo o día, ides flipar), lectura, conversas, siesta e poñémonos en camiño a Bonabéri, á casa do rapaciño do outro día, hoxe alí é a celebración deste nacemento. De camiño sesión de mecánica africana, como recargar unha batería sen pinzas, dúas chaves tochas e .... "cas mans, hai que traballar cas mans".
Seguimos e probo o plátano á brasa e o plum (uns frutos cor berenxena cun lixeiro sabor a limón) moi rico todo, imos ao negocio de Linus (o pai do cativo), é mecánico dos de verdade e acaba de pintar a súa furgalla, ten un galpón con 30 coches desfeitos, a máis de un que coñezo faríaselle a boca auga co que alí había.
Non quero ir á súa casa coas mans baleiras, así que paramos na tenda do outro día e mercamos unha caixa de bebidas (para que vos fagades unha idea paguei 6200 francos, menos de 10 €, e levamos 8 cervexas e 4 refrescos de 0.6 litros cada).
Chegamos á casa esquivando charcos e demais e o habitual, sentamos, unha cervexa e comida. Esta vez teño que comer "cas mans", encántame, pero primeiro hai que lavalas, traenme unha palangana e unha xarra, lávoas e rinse (despois decátome que só me tiña que lavar a man coa que como), de menú achu con sopa amarela, unha especie de masa en forma de volcán coa sopa dentro, e ademáis unhas verduras que saben como os grelos!, está bo pero tardo en comelo, dinme que o fago ben.
Ah por certo ao final si que lle puxeron Iago ao cativo!!!!!
Chega xente e xente (algún se asusta ao verme alí), estou calado pois non me empano, saio fora (estas cervexas pegan moitísimo), séntome cos homes e falan no seu dialecto, non me empano de nada, comezo a falar cun dos rapaces, resulta que estaba na reunión de onte, son todos de Bamenda.
Bebo outra cervexa e botámonos unhas risas, hai van unhas fotos.



.

3 comentarios:

  1. Que bonito que lle puexeran Iago!! Ese cativo vai estar sempre unido a ti. Gústannos as túas andainas por eses lares, emocionámonos e sentímonos taan felices do que estas a vivir... Unha aperta grande!

    ResponderEliminar
  2. En serio, ler estas entradas fai que aumenten as gañas de que chegue o meu erasmus dunha vez, non é o mesmo pero dan gañas de aprender e investigar. segue asi adri, da gusto lerte. Moita sorte e unha aperta!!

    ResponderEliminar
  3. yoguiiiii!!! trae birrassss.... Fdo; Pirulen y Maritrini
    PD; seguimos fieles tus aventuras por Badajoz. A ver si aprendes el dialecto extremeño de una vez... Besitos de gnomo!!

    ResponderEliminar