OMAPEHIV

Medical Organisation for Assistance to the Poor, Handicapped children, Disabled persons and Vulnerable Children.

OMAPEHIV comezou como un centro privado fundado en 1995 polo Dr. David, mais debido ao incremento da poboación discapacitada e a necesidade de axudar a estas persoas, transformouse máis adiante en ONG, é dicir, unha organización apolítica.
Dende a organización decatáronse que moitos das persoas discapacitadas, pobres, minusválidas e vulnerables estaban a ser rechazadas pola sociedade por eses motivos. No seu interese por ver a tódolos seres humanos con iguales dereitos sociais e debido ao amor que tiñan por eles, decidiron formar esta organización para asistir a estas persoas. Ao facelo trataron de agrupar a estas persoas, tratalas, reeducalas e insertalos na sociedade.
OMAPEHIV ten un obxectivo común: tratar e integrar na sociedade ás persoas minusválidas, pobres e discapacitadas sen distinción de sexo, grupo étnico, relixión nin afiliación política.
Camerún é un dos países subdesenvolvidos máis pobres e endebedados do mundo. A través desta organización moitas persoas minusválidas foron tratadas sen custe algún e moitas voltaron xunto as súas familias, obtiveron emprego e así non serán máis unha carga para as familias e a sociedade en conxunto.
O centro ten varias seccións: dormitorio para os pacientes internos, talleres protésico e ortopédico, un departamento de fisioterapia e un taller de costura.


OBXECTIVOS:
  • Reducir o sufrimento humano dos menos privilexiados na sociedade
  • Dar cariño ás persoas discapacitadas e minusválidas para que non se sintan abandonadas
  • Reeducar ás persoas discapacitadas e minusválidas
  • Proporcionar tratamento e formación ás persoas discapacitadas e minusválidas
  • Ofrecerlles apoio médico e material
  • Integración dos nenos discapacitados e vulnerable rechazados pola sociedade
  • Educación dos pais ou titores dos pacientes

OMAPEHIV non remata en Camerún, expandiuse a outros países de África Central e África Oeste. Para iso estase a comezar outro proxecto para establecer un centro en Gabón, onde non hai centros como o presentado e a poboación e o goberno acolleron a idea con entusiasmo. Mais este xoven centro aínda non é capaz de chegar ás necesidades dos pacientes a causa de carencias na infraestrutura, equipamento, material, voluntarios, necesidade de preparar máis persoal cualificado, etc...

A través disto, OMAPEHIV quere chamar a atención da xente de ben para vir e unirse a eles, ou ofrecer axuda a estas persoas discapacitadas, minusválidas e vulnerables, aos que a maioría rechazou a sociedade, así que xuntos podemos tratar, reeducar e rehabilitalos na sociedade camerunesa, África e o mundo.


CONTACTO:

Tel/Fax.: (00237) 33406528

Móvil: (00237) 77788004

Mail: omapehiv2008@yahoo.com

Entrada do centro en Douala



EXEMPLOS DE TRABALLO NO CENTRO:

Prótese metálica

O prometido é débeda, vouvos amosar como se fabrica unha das próteses, neste caso as que se utilizan para recuperar as pernas de rapaces con parálise ou pernas rotas. Os artesanos son Lawrence, Colonel e Titsus ou algo así, imos alá:

O primeiro de todo é tomar as medidas da perna:




Unha imaxe do taller:


Aquí os materiais, emprégase aluminio para que sexa o máis lixeiro posible (é bastante difícil e caro de conseguir aquí), tamén usan pel:


Últimos retoques da plantilla:


Unhas imaxes do proceso que como vedes é totalmente artesanal.






Xa está a parte metálica:


Agora a traballar co coiro, prepáranse unhas correas, vedes que usan as máquinas de coser que agora nós utilizamos como mesas en moitos bares (sobre todo en Compostela):



E o resultado final, esta foto é dunha prótese xa usada pero bueno ben vale:


Nuns días mostrareivos outro tipo de prótese, en concreto para alguén que lle falte unha perna, esta vez feita polo Dr. David, o xefe de todo isto.


Prótese plástica
Neste caso tratareivos de amosar como se fai a parte máis importante dunha prótese para unha persoa á que lle falta unha perna.
O artesano é o Dr. David, aínda que mais ben debería dicir artista.
En primeiro lugar hai que facer o molde, escaiólase a zona na que se implantará a prótese.
Retírase a escaiola e procédese a facer unha réplica exacta da extremidade en cuestión (sobran os comentarios obscenos, xa sabemos todos a que se parece).


Unha vez seco o molde procédese a unha superposición de diferentes capas con distintos materiais, plásticos, textiles...


A útltima capa é un material plástico moi flexible e resistente, procédese a facer o vacío mediante unha aspiradora.


Agora toca química, unha mistura de resinas que é o material desta parte da prótese.
Aquí un video do momento en que se botan estas resinas.


Unha vez seco, unhas 4 ou 5 horas cortase e voilá!!


Os pasos seguintes non os puiden ver, mais o resultado final sería algo así, a parte que vos amosei sería a de arriba de todo en marrón oscuro (color carne aquí).













Ningún comentario:

Publicar un comentario