20 de ago. de 2013

UN DÍA NORMAL

Un luns con pouco que facer, coma sempre ás 7:30 en pe, o doutor hoxe ten un día ocupado, así que á miña bola, lectura, un pouco de orden na habitación e tal. Aquí vos deixo o enlace dun vídeo no que trato de amosar un pouco como é a clínica.

http://youtu.be/Aum6FFNtJV8

Chegada unha hora dime come algo se queres, miro na nevera, nada, na bolsa que nos suben con comida normalemente, nada, así que pregúntolle a Linda e voume con ela ao mercado. Mercado coma os de antes, apetéceme comer polo, hai que mercalo pero vivo, mátano alí diante dos meus fuciños, despece e veña. Moitas verduras, algunhas coñecidas, outras non tanto, hai de todo, ahí van unhas fotos.







Quero cociñar pero non me deixa, aquí vou facer unha observación desta semana que levo aquí: xa mo supoñía pero ata que non o ves cos teus propios ollos non podes dicir nada, existe unha diferencia moi marcada entre homes e mulleres, a muller cociña, o home non, cando comento que eu cociño rinse todos de min. Síntome incómodo pero é así, de feito na nosa terra ata non fai moito tamén era así (ou aínda o é nalgúns sitios. Outra cousa primeiro comen os homes e despois as mulleres, eu dígolles que coman conmigo pero non, supoño que eles tamén se sentirían incómodos facendo ás cousas ao noso modo. Que lle imos facer, as cousas cambian.

Aquí deixo outro vídeo, esta vez das rúas de Douala, quería amosar o tráfico tolo mais é do domingo, aínda así podedes facervos unha idea, xa colgarei outro.

http://www.youtube.com/watch?v=ud9eLK2LdZA

A outra cousa, contactei con Guillermo, un rapaz que vive aquí, é o que sae no españois no mundo de Camerún por se o queredes ver, quedarei con el o xoves. A verdade é que me apetece falar un pouquiño outra cousa que non sexa inglés, e tamén coñecer a súa experiencia aquí, creo que me vai vir ben.

Nada máis por hoxe, un saúdo a todos e gracias polas mensaxes, anima moito saber que seguides o blogue, e aínda por riba que vos guste, GRACIÑAS!!!

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que mundos tan diferentes e no fondo canto se parecen... Se pinchades unha roda vexo no vídeo que tendes unha tenda de Michelín!! Se podes, sube fotos das comidas e desa cousa con forma de volcán que comiches fai pouco! Segue así coñecendo e disfrutando! Dille ao Guillermo ese que nos faga un pack económico para ir a verte alá!

      Eliminar
  2. Que guapo tio Adri... yo tambien quiero!!! Si hay curro, llamame!! jejeje. Disfruta mucho de cada momento que 90 días se pasan echando ostias!! Y por favor sigue escribiendo y lo que dice tu hermana, fotos de comida please!
    Entre el francés y el inglés, tienes que tener un caos en tu cabeza... y si a eso le añades el castellano y el gallego... a mi la cabeza me explotaría fijo!

    Ondo pasa maitia!

    ResponderEliminar