31 de ago. de 2013

KWACOCOA

Comezamos coa sección cociña, hoxer degustaremos este prato picante e contundente.
Mais primeiro unha fotiño da cociña.


Lume e pote, as cociñeiras Belinda á esquerda, e Margaret de pé á dereita.
Ingredientes: calabajam (unha especie de tubérculo), pescado vale calquer tipo, neste caso son como unhas xoubiñas (fanse antes á brasa), pementa a saco, unhas xudías pequeniñas, aceite vexetal (cacahuete), e algunha cousiña máis.
Todo isto mézclase, métese en follas de plataneiro e a cocer lentamente. 


Retíranse da perola, desenvólvense das follas e a comer.


TRABALLO, TURISMO E FESTA!!

Venres 7:30, arriba, aquí non me fai falta o despertador.
Ás 9:00 Ven Augustin a recollerme, hoxe acompáñanos Horst (o fillo de Stephen, xa vou aprendendo nomes!!!), que estuda un ciclo de construción, un té e en camiño.
Primeiro imos ata a obra a tomar unhas medidas que me faltaban, alí un montón de formigas, incrible estaban por todos lados e eu riba de onde saían que non me daba conta ahah, e son das que morden, mais dinme que non teñen veleno.


De alí arrancamos cara Bafut, unha vila ao norte de Bamenda, está moi cerca mais tardamos case unha hora, atravesar Bamenda é lentísimo.
De camiño paramos en COTECC, algo parecido a un instituto de formación profesional, alí quedei con Eric é profesor alí e un dos que se vai encargar da execución do tellado, despois de esperar máis de media hora aparece. Ensíname as instalacións, a verdade é que están bastante ben, é un campus grande con dormitorios, clases e talleres, aquí imparten mecánica, electricidade, carpintería e construción. Xa podía haber algo así na UDC para ir practicar a construir en vez de aprendelo todo sobre o papel, hai que traballar cas mans!!


Outra vez ao coche, seguimos a Eric, unha paradiña, so para coller bebidas (media hora), e en camiño, vou a visitar un Fondon, palacio, centro de ceremonias e residencia do Fon, o rei dos pobos desta zona. teño que pagar pola visita e por sacar fotos aparte, aínda que no museo non me deixan, uns 8 €.
Moi interesante este en concreto data do 1516 aínda que hai cousas feitas no 2009, pero está ben, vexo as pedras para sacrificar aos delincuentes e fornicadores, o último foi executado en 1940, un montón de tallas de madeira, traxes ceremoniais... Moi curiosa unha sala na que estaban expostas as armas que traían os alemáns cando invadiron esto e coas que loitaba a xente de aquí, unha diferencia ben clara, escopetas contra frechas e lanzas.
Outra cousa que me chamou a atención foi na representación dos dormitorios dos distintos Fons, todos tiñan un gramófono para escoitar música, bueno unhas fotiños.

Entrada do palacio
Edificio para ceremonias e danzas
Vista xeral do palacio
Augustin e mais eu na entrada das dependencias do Fon
"Achum": lugar de reunión, prohibida e entrada
"Ndere Takubeng": para rituais da sociedade secreta
  
Moi interesante, outro dato, un dos anteriores Fons tiña máis de 160 mulleres, eso si so para procrear non para pracer, as casiñas que se ven na vista xeral son para as mulleres.
Saímos dalí mortos de fame, buscamos un sitio para comer, Horst coñece un, imos alí, un hotel, un pouco caro para os prezos daquí, un plato son uns 2.30 €, o normal son 0.75 €, moi rico, comemos cordeiro con plátano frito (xa comezarei coas fotos das comidas, que cando hai fame olvídaseme por completo).
Sobremesa e volta cara Bamenda, alí Augustin métese polo medio dun mercado abarrotado, os postos teñen que moverse para deixarnos paso... isto é así, tirar pa diante e xa irán apartando. Paramos nunha tenda de souvenirs.


Parada a por pan e para casa, quedo con Horst para ir tomar algo que xa teño ganas de sair un pouquiño, un descansiño e saímos ás 20:00 (aquí vai todo un pouquiño antes), taxi e tráfico incrible, atasco así que baixamos do coche e collemos un mototaxi, moito máis rápido.
Chegamos a un bar o Black & White (nome apropiado pa os dous que iamos), moi pouca xente alí, o dj metido nunha xaula colgada do teito!!!, música atronadora rollo reggaeton e un pouqiño de reggae, unha cervexa e marchamos cara outro. Alí máis xente e os colegas deste, preséntamos, danme a benvida polo micro e moi ben, unhas risas, son rollo negrata rapeiro, un deles chámase Paco!!, e outro, Deco, ofrécese a aloxarme durante a miña estancia en Yaoundé a semana próxima.
Un par de cervexiñas e para casa en mototaxi outra vez.

Hoxe sábado decidín tomarmo de relax, durmo ata máis tarde e todo o día por aquí, traballando e preparándome para a semana. Agora creo que vou dar un peseíño ao monte.
Así que todo sobre rodas, o luns teño cita co embaixador de España en Yaoundé e estou comezando a estudar a construción de pozos e fontes, a ver se podo colaborar nalgún outro proxecto no país.

Un saúdo a todxs

29 de ago. de 2013

A NICE DAY!!!

Tras unha boa noite de descanso, 7 da mañá, levántome animado pois hoxe quedei para facer entrega das donacións que me encargaron traer, duchiña fría (poden calentarme a auga mais prefíroa fría), almorzo na habita zume e pan con chocolate.
Quedei ás 9:00 con Augustin, e as 9:15 está aquí, vaime caer ben este tipo (é o primeiro que chega á hora acordada), almorzo outra vez con el, desta volta té e bocata de tortilla e en camiño.
Imos cara Njinikon, ruta polas montañas, parada obligada cos militares, Augustin pártese o cu e sóltalles 500 francos, este home ten a miña idade e xa leva dende os 18 currando de taxista, unhas fotiños:



Chegamos ao noso destino a eso das 11, preguntamos un par de veces e topamos a organización, HAC (Humanitarian Action Cameroon).


Alí quedei con Mr. Joshua o presidente, recíbeme un voluntario da asociación Mr. Nonmeacordaonome, nada máis sentarme aparece un traballador social do goberno, de primeiras flipo, que pasa aquí, mais so era unha visita para controlar o que facían, pois se fose unha empresa terían que pagar unha taxa ao estado. Despois diso explícanme o seu traballo aquí, son todos voluntarios e buscan as persoas máis desfavorecidas da zona (Fundong), despois atopan os medios para axudalos, ben mediante donacións ou co seu propio traballo. É impresionante a labor que están realizando, e ver como a forza do traballo voluntario e a paixón e collóns que lle botan, algo indescriptible. Moven montañas con pequenos xestos.
Entrégolles os ordenadores para a oficina e o teléfono para Rita a cociñeira, moi agradecidos.



Antes de marchar aparece un home cego que está aprendendo a manexar o ordenador, el mesmo donou a mesa na que pode traballar, todos axúdanse a todos.
De ahí marchamos a visitar algúns dos casos que leva a organización, primeiro imos a Belo, a visitar a Margaret para a que lle están a construir unha casa pois non dispón dos medios para iso, ela non está mais facemos unhas medicións para poder calcular máis adiante a cantidade de material necesario.


E alí ao lado, sorpresa!!! por fin atopo a primeira casa para o meu estudio sobre arquitectura popular, aquí chámanlle "Grass House" imaxinade por que.


De alí partimos a Mbingo a facer entrega do outro ordenador, neste caso a Emmanuel, un home en cadeira de rodas que ten unha taller de reparación de aparellos eléctronicos ao que tamén están axuudando, emociónase moitísmo, de feito dime que esta mañá levantouse pensando en Luis, o rapaz que vai vir en setembro, e que logo aparezo eu co ordenador, agradecidísimo (coincidencia?).


Imos a marchar e uns tipos non sei que problema tiñan (logo entérome que querían cartos), collen a roda de reposto do maletero do taxi e lévana ao posto dos militares, Augustin non para de rir.
De volta cara Njinikon paramos nunha zapatería na que traballa un home discapacitado, tamén HAC o está a axudar.
De alí á casa de Mr. Joshua, coñezo á súa familia, a nai, a muller, dime que ten sete!!! fillos, uns porquiños, encántame este pequeno gran home, ten unha forza e unha determinación dignas de eloxio.


Chegamos á oficina de novo e a comer, polo con arroz, aquí aprecio un detalle cultural, nesta zona a xente séntase en distintos sitios, non uns pegados aos outros. Tamén que non o comentara aínda, como se come moito coas mans sempre te poñen unha xerra con auga, xabón e unha palangana para lavarse as mans antes e despois.
No medio da comida pregunta incómoda, o presidente pregúntame se son cristiano ah!, saín ben conteille a verdade, non o son, mais sí creo na enerxía da xente, da terra e de todo o que nos rodea, que todo somos un e estamos conectados vaia (chamádeme xipi se queredes mais é o que sinto).
Quedamos para planificar a miña volta e subir as montañas a ver mais casos nos que traballan, en concreto imos facer unha ruta de 3 horas a visitar unha comunidade musulmana que viven alá arriba en condicións moi duras, adícanse a cría de vacas, teño ganas de facelo.
Subimos ao coche e voume encantado, vou colaborar máis activamente con esta xente, son formidables.
De volta falando con Augustin, preguntámonos por que hai tantos casos de cegueira nesta zona, resulta que non é xente que naza así se non que a certa idade (30 anos dime el) de súpeto deixan de ver, misterioso.
Xa na casa ceniña conversa co fillo do dono, que non recordo o nome (vou comezar a apuntalos), e quedamos para mañá, vaise vir comigo ata Bafut.

Nada máis, boas noites e un saúdo a todxs

28 de ago. de 2013

INSTALADO EN BAMENDA

Prosigamos, noite de domingo ceno no hotel polo con patacas, alí falando co dono e vendo vídeos de Don Williams, cantante yanki de country que é coma un deus aquí, música africana, un bo rato...

Luns, quedei con David para ir a Bamenda a arranxar os papeis, coller o meu flash para a conexión, mercar o maldito mapa... Non aparece así que voume co dono do hotel ata o centro a mercar algo para ter comida na habitación. Cando voltamos David aínda non está, quedáramos sobre as 10:00 e son as 12:00, chámoo e esgótaseme o saldo (mais el non rechama). Vou recargar, hai unha tenda baixo o hotel que recarga mais a nai do rapaz que está na tenda non está, así que agardo unha hora, cando ven resulta que non recarga para a miña compañía (MTN), non sei por que ten o cartel entón, así que voume andando a recargar a outro sitio, pega o sol.
Á volta por fin está David aquí, dime que mude de roupa que así non podo ir á oficina de inmigración, marchamos mais cando chegamos alí decide que mellor mañá, bueno ao final imos a comer a casa dunha amiga (patacas guisadas) e despois arrancamos cara Bamessing onde se atopa a fábrica de tellas que usaremos no tellado.
De camiño paramos nunha aldea, na terra dos Borrows, rollito Dowayo, homes que camiñan collidos da man, alí David merca carne de terneira que é da mellor e máis barata da zona, estou canso así que nin fixen fotos nin nada, xa volverei.
Imos á fábrica, produción totalmente artesanal, ao final teño que darlle cartos ao tipo que nola ensinou...
Voltamos e de camiño paramos outra vez, uns 20 rapaces tíranse ao noso coche, díxenlles que non tiña cartos e non puiden mercarlles nada, sentinme un pouco mal porque si que tiña mais só un billete moi grande e non tiuñan cambio. Paramos outra vez na casa da familia da súa muller, na das fotos dos rapaces do outro día e cenamos "achi", que é a masa da que xa vos falei con sopa e pescado (estes comen ata as espiñas), chegada ao hotel e a sobar.

Martes, por fin vou comezar a facer algo, como de costume quedamos ás 10:00 mais ata as 12:00 nada. Imos á obra e explícame os cambios que quere facer no proxecto inicial, unha fotiño do que xa está feito.


De paso cóntame que na mesma parcela quere facer a súa casa e a ver se lle podo facer os planos, un pouco carota mais vouno facer pois gústame, pero tampouco me vou a dar prisa neso que viñen para outra cousa.
Por fin un pouco de natureza, paseíño por uns petoutos moi guapos.


De alí imos cara a casa de David a comer, imos mellorando a relación penso, eu enténdoo mellor e el fala máis a modo. Guiso de terneira con patacas, despois da comida explícame que ten alí un terreo no que quere montar unha residencia de estudantes (está no medio da zona universitaria) e que sen plano non pode facer nada, este vai aproveitar a miña estancia aquí, fágoo de bo gusto. Medición e visita a unha residencia que están facendo ao lado para coller ideas.
De alí intentamos sair por mil camiños embarrados, despois de mil voltas saímos.


Déixanme en Bambui, a uns 2 km do hotel e decido voltar dando un paseo, merco un alargador e unha libreta que me facían falta, un tipo grítame ao modo africano que vaia canda el mais paso de todo, tiro millas.



Hoxe mércores, David marcha cara Douala, xa estou á miña completa bola, tomo un té de limón e arranco a Bamenda en taxi, lección: nunca vos subades no asento de diante pois aquí súbense ata 6 persoas ademáis do taxista, polo que pode ser que teñas que ir sentado sobre o freno de man e cos baches que hai non vexades o cómodo que se vai. 
Chego á vila e vou directo a mercar o pincho para conectarme, merda non aceptan tarxetas de crédito e non trouxen os suficientes cartos, deixo unha señal pois hoxe xustamente remata a promoción que fai que sexa máis barato.
Paso pois á búsqueda do tan ansiado mapa do país, pregunto en varias "librerías" na rúa, nunha delas intentan meterme un mapa de colexio por 5000 francos, uns 7.50 €, tamén pregunto para cambiar cartos pois recordo que levo algúns dólares enriba, intentan darme o pao outra vez. Á fin chego a unha librería de verdade e, teño mapaaa!!!! por só 4000 francos.
Continuo a búsqueda dun sitio para cambiar a atopo non sei se foi o mellor troco mais precisaba os cartos, 1$=400 francos, collo o meu pincho e pillo un taxi cara o hotel, ou eso pensaba eu, pois resulta que non hai un só Mile 6 e estou noutra estrada, o taxista explícame como voltar así que collo outro taxi de volta ao mismo sitio onde collera o anterior. Alí collo outro taxi cara Bambili, quedara ás dúas na obra coa xente que vai executar o tellado, 1 hora para facer 12 km!!!!
Bueno como quedara ás dúas decido subir a patas e chegar a e media (ritmo africano), de camiño crúzome como con uns 300 militares (estaban entrenando non pasaba nada, pero de primeiras...), comeza a tormenta de tódalas tardes, menos mal que viñen equipado, botas chuvasqueiro.
Como me imaxinaba chego a e media e alí ninguén, chamo e dinme que veñen, chove e claro non hai tellado pois son eles os que o teñen que facer, aproveito para facer medición que farán falta máis adiante.
Á fin chegan (aquí quédase a unha hora mais para chegar unha hora e media despois), boa xente, escúsanse, falamos da mellor forma para executar o tellado, vese que saben do que falan pois os problemas que lles ía plantexar xa mos van resolvendo sen dicirlles nada, e como eu pensaba.
Baixo con eles e convídoos a unha cervexa no hotel, pregúntolles se podo visitar a empresa e quedamos para o luns, botamos unhas risas.
Hai un rato chamei o taxista que me recomendou Popi e a unha das persoas ás que lle teño que facer entrega de ordenadores e demáis, apareceu por aquí, outra cervexiña e cena, plátano frito (en aceite de cacahuete) con arroz e unha salsa de tomate, riquísimo. Conversa co xefe que me convida a ir o domingo á súa igrexa, acepto e un ratiño con Belinda, igual vou con ela o domingo a Yaundé pois ten unha irmá alí e me pode guiar, e así comezo coa miña investigación.

Nada máis por hoxe, boas noites e un saúdo a todxs!!!








26 de ago. de 2013

THE MAN WITH THE AXE IN THE MOON (O home coa machada na lúa)

Cando o deus sol ("sun" en inglés) creou os días da semana decidiu que o seu día, o domingo ("sunday") non se traballaría, o resto dos días si.
Un home cortando leña coa súa machada nunha granxa, un domingo, fixo cabrear a este deus, que baixou a terra e castigouno.
O castigo foi desterralo á lúa.
É por iso que nas noites de lúa chea pódese observar a figura deste home coa súa machada sobre a superficie da mesma. 

25 de ago. de 2013

BYE BYE DOUALA!!!

Tarde de venres, chamada esperada, Willy. Recollo os meus aparellos a unha velocidade incrible, pretendo coller un taxi, mais David dime que non podo ir só, entón comeza unha búsqueda de acompañante, aos tres minutos aparece cunha rapaza, Diane, da casa de enfrente e xa está. Dime que volva con ela, máis tarde decátome que non me dixera iso, o que quería dicir era que lle pagara o taxi de volta (vou ter que paralo máis cando me fale).
Unhas cervexiñas con Willy e outro amigo, Pepe de Barcelona, agradécese falar un pouco de castelán de cando en cando, ademáis da compaña, conversa sobre viaxes, o país, a xente...Willy ten unha axencia de viaxes aquí en Camerún, ademáis de realizar proxectos de axuda e cooperación, xa leva dende os 19 ou 20 anos en África, resulta de moita axuda falar con alguén así.Pepe tamén é un gran viaxeiro, recorreuse medio mundo, moi interesado na etnografía, déixovos a dirección do seu blogue www.pepepont.com, e unha páxina de blogueiros viaxeiros de Barcelona www.barcelonatravelbloggers.com.
Volto á casa en taxi con Diane cediño pois normalmente ás 21:00 a porta do centro péchase, atasco, chego e sigue aberta, ah! podía ter quedado un ratiño máis, bueno unha cervexa na casa, uns guitarreos e conversa con Lawrence (o artesano protésico), alucina cando lle explico a cantidade de comida que se tira ao día nos supermercados de Europa, falamos de política, de como vivimos, en fin intentamos arranxar o mundo mais chegamos á conclusión de que vivimos nun “crazy world”.Guitarreo co Dr. David que tamén toca o piano e a durmir, mañá viaxe a Bamenda.Sábado, á fin, día da partida, choiva, choiva e mais choiva, levántome as 7:00 e vou preparando todo, Dr. David dime que ten que ir ao taller, que quere levar o outro coche e fáltalle unha peza, aiaiai creo que imos tardar en sair. Tómomo con paciencia e vou mercar algo para almorzar, eso iso camiñando moi despacio para tardar o máis posible (creo que me vou adaptando aos seus costumes), pasa unha hora, nada, leo, dúas horas, nada, durmo, tres horas....Teño as pulseras que estivera facendo para os cativas, encántanlles, todos contentos e agradecidos, unhas fotiños.





Segue a pasar o tempo, xa son as 14:00 e aquí seguimos, ritmo africano...
Comemos, despídome da xente e saímos 16:30, non sen as dúas ou tres correspondentes paradas, pan, auga, mecánico...
David está dun humor terrible, non ten o coche e vai botando chispas.
Conseguimos saír de Douala.
Cousiñas da estrada, que é das mellores do país, vense coches accidentados aos dous lados (deben levar tempo pois a vexetación comeza a cubrilos), se se estraga o coche e non tes triángulo cuns matoxos de herba no media da estrada xa serve. Queixámonos das bandas rugosas, pois as de aquí son de medio metro por 30 cm de alto, unha ledicia para os baixos do coche. Hai baches, baches non, socavóns por toda a estrada, algúns recheos de terra polo que comezaron a medrar plantas neles. Os carrís veñen definidos por estes baches, se podes ir pola esquerda ou polo medio mellor que pola dereita. Militares por todos lados, párannos ata tres veces, o peor é que na primeira delas tiven que darlle o derradeiro sobre de xamón que me quedaba, snif, o tipo pedíame bebida, si home vouche dar a botella de licor café, parece ser que hai que recadar pois comeza o curso escolar e o xefe do país precisa cartos.
Paramos ata tres veces para mercar laranxas, papaias e outras cousas das que non recordo o nome, nunha destas paradas ceamos, pezuña de vaca, moi rica, David asómbrase de que queira comer iso, explícolle que na nosa terra tamén se comen, mais de porco.
Como eran sete horas de viaxe tiña pensados un par de temas para falar con el, un deles se me podía explicar a causa de que nesta zona houbera tantos casos de deformidades e demáis, contéstame que noutro momento que ten que concentrarse na condución... Pregúntolle sobre onde estudou e tal pero non está moi disposto a falar, bueno que lle imos facer.
Falamos pois de cousas triviais, as estradas, o tempo, xa lle vou entendendo mellor, mais vou a cambiar unha cousa, non sei igual é que me expreso mal, cando me di algo contéstolle yes, yes ou mm, mm en sinal de que o entendo (cando non o entendo pregúntolle) mais el repíteo e eu yes, yes I understand, e repíteo, ata tres veces, nunha delas xa lle dixen entendino á primeira, e dime pois non me deixes repetilo... A partir de agora direi OK que é o que di el cando lle pregunto algo.
Xa “preto” de Bamenda paramos a botar gasolina e a mangueira quédase enganchada na boca de entrada do depósito do coche, e xa ves alí aos típicos catro ou cinco entendidos fozando nela, irrepetible!!!
Seguimos e comezamos a ver centos de buses, todos eles de Bamenda a Doula ou Yaundé, é incrible a cantidade de xente que se move nunha noite, éntrame o sono pois David cada vez que pasa un di “another one”, e foron moitos, como contar ovellas. Por certo, recordades os ALSA vellos, están todos aquí.
E así despois de 200.000 baches, 1000 curvas, 200 autobuses, unhas 7 horas e 6 paradas, chegamooosss!!!!! é a 1:30 e estou morto, a durmir.
Xa hoxe domingo levántome sobre as 8:00 da mañá, non sei moi ben onde estou, é unha especie de hotel pero coma un señor, habita para min só con cama de matrimonio, baño e auga corrente. Saio ao porche e coñezo a Belinda a encargada da limpeza e demáis, tamén a Stephen o propietario, moi amables, almorzo no restaurante por uns 2 € un revolto, te e pan.

Quero dar un paseo e Belinda acompáñame esta xente non ten nada que ver coa de Douala e o sitio incrible.


Cando regreso á casa están xa de volta da igrexa David e a súa muller Marie Claire, voume con eles a ver a obra en Bambili e despois a comer na casa duns familiares, alí teñen porcos, David pregúntame se algunha vez vin un porco en Europa (sen comentarios), probo a papaia e o viño de palma, rico rico, o mellor de todo os nenos xogo con eles e pásomo pipa.


E agora aquí probando conexión na miña habita de luxo.

Un saúdo a todxs.  

23 de ago. de 2013

LE COQUI

Onte levanteime animado outra vez, almorzo queixo recocido que tiña olvidado na maleta (case se estraga) con "ganot" (cacahuete dos do día anterior), e té coma sempre. Onte din a probar o queixo este por aquí mais deulles bastante noxo, "to pa min".
Estou un pouco aburrido xa de estar aquí, quero marchar a Bamenda, o que se atrasou ata o sábado, e comezar o meu traballo. Coñezo xa bastante ben o funcionamento do centro e teño ideas para o diseño do outro.
Decido porme a fabricar pulseras de coiro para os cativos do centro, así que paso media mañá rebuscando entre os restos que deixan da fabricación das próteses, ata aquí fago recicle!!! Tamén selecciono unhas fotos para imprimir e que queden aquí no centro, vou con Victor na súa moto, primeiro paseo en moto, unha gozada mais cun risco elevado, nunha case nos cae unha tabla de madeira enriba.
Imprimimos e quere facer unha foto conmigo de recordo, aquí vai, Victor é o kinesoterapeuta (creo que é así) do centro.


De volta uns tipos dende outra moto grítanme non sei que, á tarde Victor coméntame que me chamaban "Eurobob", polas rastas hahahahah, teñen unhas coñas todos co "whiteman", a min faime gracia.
Xa na casa uns xogo cos rapaces que se parten cada vez que paso, veña unhas fotiños.




Continuo a facer pulseras, doullelas fotos e están todos contentísimos, ao rato ven unha das mulleres a darme as gracias, falamos un pouquiño en francés e pregúntame se probei o "coqui", non claro que non. Aos dez minutos aparece con dúas potas, unha co "coqui" (unha especie de cus-cus feito cun coco amarelo) e outra con patacas doces, riquísimas. Cando se despide chámame algo así como "papa" que é un sinal de respeto aquí en África, comín entre bágoas, que unha muller se esa idade me dixera iso emocionoume bastante.
Á tarde vou con Victor a tomar unha cervexiña, vou aprendendo algo máis de francés, falamos de todo un pouco.
Mecago no "coqui"!!!!, primeira cousa que me senta un pouco mal, ao baño varias veces e dor de estómago, logo dinme que é bastante forte e se non o comeches nunca, eu pegueime un atracón, lección aprendida, comida que non coñezas non abuses.
Máis pulseras, relax e á cama con dor de estómago.

Hoxe venres, por fiiiinnnnn último día aquí, vexo como se fabrican outras próteses, mañá subirei o proceso con vídeo incluído.
Día de choiva ata agora á tarde que saiu o sol, desesperado por non ter internet, agora sí, o que non me explicara David era que só tiña 20 horas ao mes, podía telo dito antes, pero bueno paguei 15 € e agora teño 50 horas en 30 días, así que ireime conectando cada día para publicar, o rollo é que non vai moi rápido e en Bamenda non sei como irá xa irei vendo.
Unha mala noticia entereime de que Iago o rapaciño está enfermo no hospital coa pel e os ollos amarelos, espero que se recupere.

Veña un saúdo a todxs 


22 de ago. de 2013

HAI MÁIS DÍAS QUE XUDÍAS

Alá imos, plan de hoxe mércores 21 ir a  Buea que non Bueu, na rexión sudoeste, hoxe por fin vou sair da cidade, estou animado pois imos ir ata o monte Camerún e poida que ata o mar, ademáis pola tarde quedarei con Guillermo, creo que xa vos falei del.

6:30_Esperto, levántome con calma e organizo a miña mochila, levo un pouco de todo, auga, comida, botiquín, papel e boli pois tratarei de comezar o meu proxecto sobre as construcións populares neste país.
Almorzo un pouco de pan de onte e o té de tódolos días.

7:30_Nin idea de onde está David, saio fora e alí Colonel (o soldador) e Linda, tampouco teñen idea.

8:30_Nin rastro de David, Colonel di que quedou en voltar nun rato, teño fame así que pillo, mellor dito encárgolle a Linda un profiterois deses petados de aceite. Encargueillos porque onte fun eu á tenda, xa o feito de que vaia eu en lugar de encargarllo a algunha delas parece que molesta, aparte na tenda cando vou pagar parece que lles dou noxo ás tipas que non queren nin rozar os dedos e danme as voltas de malas.

9:00_Aparece David, por fin, a ver se marchamos que xa me levantei fai dúas horas e media.

10:30_David di comemos e marchamos, estou petado dos profiterois mais como, non sei se vou comer ata á volta. Puf vou petadísimo non creo que coma ata a noite. Pero bueno xa imos marchar despídome da xente e vou cara á saída.

11:30_Sigo na porta, polo menos ahí sigue Colonel e aínda que el non sabe moito inglés nin eu moito francés ímonos entendendo, estou facendo boa amizade con el. Tamén estr, á Victoun dos masaxistas, este está empeñado en buscarme unha muller africana, pasámolo ben.

12:00_Sae David, saímos NON!!!, hai que mirar o aceite, botarlle auga ao coche e demáis. Pero bueno á fin arrancamos.

12:10_Atasco, hai obras pois vai vir o Presidente á cidade e hai que poñela bonita, non sei de que me soa iso. Saímos do atasco mais aos 500 m paramos, vai haber eleccións e David ten que coller non sei que tarxeta electoral.

12:20_Arrancamos mais aos 200 m paramos, agora si, a carta electoral, non sei que carallo fixo antes.


12:30_Arrancamos mais aos 300 m paramos, agora na panadería, pan e zumos para o camiño. Por fin imos sair da cidade, pero antes paramos en só 3 gasolineiras para mercar o aceite que lle falta ao coche.

13:00_Á fin saímos da cidade eeeeeeeehhhhhhhhhhhh!!!!!!!! Dende as 6:30 que espertei ata as 13:00.....

13:05_Mecago en todooooo!!!!!!, agora páranos un militar na estrada, pide os papeis do coche e a miña identificación, doulle unha fotocopia do pasaporte pois non me fío, dime que ten que estar rexistrada (si mamá xa o tiña que ter feito, vou mañá), menos mal que teño o orixinal e todo en orde. David berrealle en "francés" non sei que ao tipo.

13:15_Agora si en camiño, aos lados da estrada grandes plantacións de caucho e plátanos.

Bueno xa vale a coñita, só quería que virades un pouco como van aquí as cousas, ritmo africano, desesperante ata para min.

Durante o camiño pregúntolle sobre os partidos políticos, rise, xa mo imaxinaba, levan 30 anos co mesmo sistema, cando hai eleccións xerais saen os militares á rúa, se non votas ao que manda mátante, democracia da de verdade.
Por certo comecei a ler o libro "O Antropólogo Inocente" de Nigel Barley, conta as vivencias deste home neste pais, só lin o principio mais polo que vexo o país non cambiou nada neste tempo, nada de nada, bueno si, os carteis de coca-cola, están todos noviños.
Seguimos ata a poboación de Tiko e paramos nun posto militar pois David precisa uns papeis para arranxar a chapa do coche ??????
Saudo ao xefe e quedamos no despacho, alí ten os seus diplomas e unha foto con Etoo, que non se lle ve moi contento precisamente.
Alí media horiña, unas fotocopias e saímos cara Buea, de súpeto David para e da media volta en Mutengene, ten fame!!!, eu sigo petado pois de camiño aínda comín uns cacahuetes, este come e sorpréndese de que non teña fame.
Seguimos pola estrada e coméntame que imos parar nun centro ortopédico no que traballou e contribui, dime mira todo para coller ideas, eu, vale e saco unhas fotos, non non observa logo xa faras anotacións, ti observa.
Chegamos alí dámonos unha volta polo centro e sentámonos a esperar pola directora, mentres pregúntolle se traballou con algunha desa xente, e dime xa cho dixen antes, mais eu preguntáballe pola xente non polo sitio, eu que sei se estaba a mesma xente cando ti currabas alí.
Pasamos onda a directora, monxa, pregúntame se entendo o inglés, digo que si mais David dime: ¿seguro? con recochineo, eu: si.
Bueno David marcha e déixame alí para que vexa o centro, doume un paseo coa “sister”, este centro está moi ben, é grande, limpo, hai rampas para as sillas de rodas, collo ideas.
Falo un pouco coa monxa, é simpática, falamos cada un da nosa vida un pouquiño, ela é fisioterapeuta e estudou en Roma, falamos un pouco en italiano chapuerreado, nun momento dime se entendo a David, dígolle a verdade, cústame bastante ao que ela contesta que o inglés deste home non é moi bo xa que fala “pidgin”, Nigel Barley fala disto no seu libro, unha mezcla de inglés e lingua local, rímonos.
Axúdame bastante pois é unha das primeiras persoas que realmente se interesa por como me sinto aquí, co cambio de cultura, idioma e demais.
O centro vai pechar e David non aparece, quedo falando con un dos rapaces que traballa alí, falamos do impersonal que é a xente nas cidades, que cada un mira polo seu cu e ninguén axuda aos demais, non sei por que mais entendo a todo o mundo perfectamente excepto ao doutor.
Aparece e marchamos, dígolle que collín bastantes ideas, síntome ben pois algunhas das cousas que se me ocurriran estes días están aquí xa feitas realidade, pregúntame se fixen fotos das máquinas, pero carallo se antes me dixera que só observara…..pero algunha fixen igualmente.
Xa é tarde, nin monte nin mar, meu gozo nun pozo, menos mal que agora quedarei con Guillermo.
Máis cacahuetes, están riquísimos.


Pregúntolle se chamamos xa a Willy (o español co que quedei), aquí chámanlle así, a súa resposta: espera a cruzar a ponte, cruzamos a ponte espero un pouco e volvo a preguntarlle, non era esa ponte, refírese á da cidade. Calo aínda que penso que o debería chamar, despois dun tráfico horrible dime chamao agora, pásollo e volve a pasarmo, Willy dime que onte cando falou con el insistiulle en que o chamaramos ANTES da ponte pois vive por alí, que me deixara nun dos hoteis e xa viña, tamén me comenta “xa ves como son aquí, non sei por qué mais non lle deu a gana de parar”, eu, xa xa vou vendo. E eso que estivemos parados durante medio minuto esperando por non sei quen, tamén ten pouca paciencia, eu espereino 3 horas á mañá.
Volto cabreado pois o que iba a ser un día distinto convertiuse en nada, pero bueno aínda teño máis días que xudías e a min o ánimo non se me quita así como así.
Na casa plátano cocido, riquísimo, e unhas verduras.

Quería subir fotos mais acabouse o crédito de internet e estou nun cyber e vai moi lento, a ver se mañá podo meter algunhas.

Un saúdo 






20 de ago. de 2013

UN DÍA NORMAL

Un luns con pouco que facer, coma sempre ás 7:30 en pe, o doutor hoxe ten un día ocupado, así que á miña bola, lectura, un pouco de orden na habitación e tal. Aquí vos deixo o enlace dun vídeo no que trato de amosar un pouco como é a clínica.

http://youtu.be/Aum6FFNtJV8

Chegada unha hora dime come algo se queres, miro na nevera, nada, na bolsa que nos suben con comida normalemente, nada, así que pregúntolle a Linda e voume con ela ao mercado. Mercado coma os de antes, apetéceme comer polo, hai que mercalo pero vivo, mátano alí diante dos meus fuciños, despece e veña. Moitas verduras, algunhas coñecidas, outras non tanto, hai de todo, ahí van unhas fotos.







Quero cociñar pero non me deixa, aquí vou facer unha observación desta semana que levo aquí: xa mo supoñía pero ata que non o ves cos teus propios ollos non podes dicir nada, existe unha diferencia moi marcada entre homes e mulleres, a muller cociña, o home non, cando comento que eu cociño rinse todos de min. Síntome incómodo pero é así, de feito na nosa terra ata non fai moito tamén era así (ou aínda o é nalgúns sitios. Outra cousa primeiro comen os homes e despois as mulleres, eu dígolles que coman conmigo pero non, supoño que eles tamén se sentirían incómodos facendo ás cousas ao noso modo. Que lle imos facer, as cousas cambian.

Aquí deixo outro vídeo, esta vez das rúas de Douala, quería amosar o tráfico tolo mais é do domingo, aínda así podedes facervos unha idea, xa colgarei outro.

http://www.youtube.com/watch?v=ud9eLK2LdZA

A outra cousa, contactei con Guillermo, un rapaz que vive aquí, é o que sae no españois no mundo de Camerún por se o queredes ver, quedarei con el o xoves. A verdade é que me apetece falar un pouquiño outra cousa que non sexa inglés, e tamén coñecer a súa experiencia aquí, creo que me vai vir ben.

Nada máis por hoxe, un saúdo a todos e gracias polas mensaxes, anima moito saber que seguides o blogue, e aínda por riba que vos guste, GRACIÑAS!!!

19 de ago. de 2013

BAMENDA'S PEOPLE!!!!

Noite de sábado, volta David, apetéceme tomar unha cervexiña e coméntollo. Dime imos á casa dun "brother" seu que está en Inglaterra facendo cartos, imos ver á súa familia.
Chegamos a unha especie de galpón, saúdo a todos, séntanme ao lado do que parecen ser os máis importantes, comezan a falar e non comprendo nada, David dime que falan a lingua local de Bamenda, onde se está a construir o novo centro. Ofrécenme unha cervexa e aceptoa de bo gusto pois é o que viña buscando, de súpeto un deles comeza a golpear unha campana todos en pé e din non sei que, despois o da campana acércaseme e dime algo incomprensible para min, teño que presentarme. Preséntome, risas e aplausos, antes de rematar a cervexa xa teño outra pero non a bebo pois as cervexas de aquí pegan a dios, despois levareina para casa.
Un dos homes importantes levántase dame a benvida, deséxame o mellor, non teñen nada mais dano todo.
É unha reunión, asamblearia máis ou menos, están organizándose xuntos, falando, son unha pequena parte dun todo máis grande, a xente de Bamenda en Douala, disfruto aínda que non comprendo a metade do que falan.
Despédímonos e a casa, volvo emocionado pensando en que esta xente non perdeu aínda a esencia do ser humano.

Domingo, día do señor, 6:30 en pe!!!!! Póñome as miñas mellores galas pois imos á misa, imos en coche (son 500 metros mais imos en coche), gústame ir á igrexa aquí, en parte pola música (fixen unha grabación co móvil pero non se escoita ben) pero tamén porque é un bo sitio para acostumarme á pronunciación deste inglés, teño o libreto das lecturas e escoito con atención, comezo a comprender mellor.
Fin da misa, meu primeiro paseo só polas rúas de Douala, David queda alí nunha reunión, disfruto coma se fose a primeira vez na miña vida que camiño só.
Día de relax, tv (se tedes un momento mirade en internet este canal enmanuel tv, aquí estano vendo todo o día, ides flipar), lectura, conversas, siesta e poñémonos en camiño a Bonabéri, á casa do rapaciño do outro día, hoxe alí é a celebración deste nacemento. De camiño sesión de mecánica africana, como recargar unha batería sen pinzas, dúas chaves tochas e .... "cas mans, hai que traballar cas mans".
Seguimos e probo o plátano á brasa e o plum (uns frutos cor berenxena cun lixeiro sabor a limón) moi rico todo, imos ao negocio de Linus (o pai do cativo), é mecánico dos de verdade e acaba de pintar a súa furgalla, ten un galpón con 30 coches desfeitos, a máis de un que coñezo faríaselle a boca auga co que alí había.
Non quero ir á súa casa coas mans baleiras, así que paramos na tenda do outro día e mercamos unha caixa de bebidas (para que vos fagades unha idea paguei 6200 francos, menos de 10 €, e levamos 8 cervexas e 4 refrescos de 0.6 litros cada).
Chegamos á casa esquivando charcos e demais e o habitual, sentamos, unha cervexa e comida. Esta vez teño que comer "cas mans", encántame, pero primeiro hai que lavalas, traenme unha palangana e unha xarra, lávoas e rinse (despois decátome que só me tiña que lavar a man coa que como), de menú achu con sopa amarela, unha especie de masa en forma de volcán coa sopa dentro, e ademáis unhas verduras que saben como os grelos!, está bo pero tardo en comelo, dinme que o fago ben.
Ah por certo ao final si que lle puxeron Iago ao cativo!!!!!
Chega xente e xente (algún se asusta ao verme alí), estou calado pois non me empano, saio fora (estas cervexas pegan moitísimo), séntome cos homes e falan no seu dialecto, non me empano de nada, comezo a falar cun dos rapaces, resulta que estaba na reunión de onte, son todos de Bamenda.
Bebo outra cervexa e botámonos unhas risas, hai van unhas fotos.



.

17 de ago. de 2013

A CLÍNICA OMAPEHIV

Fogar e Centro Ortopédico e de Rehabilitación

7:30 e en pe de novo, almorzo te, pan e profiterois (petados de aceite pero riquísimos). Cigarriño con vistas á cidade, aquí van unhas fotos.




Como podedes ver non só en Galiza abusamos da uralita, o tempo xa vedes tamén, nublado sempre, chove a ratos pero non fai frío, tase bem.
Hoxe verei como funciona esto. Ao principio síntome un pouco desubicado, non sei moi ben que facer, así que limítome a observar o traballo das fisios e do doutor.
Polas mans delas pasan unhas 20 persoas, rapciños con hemiplexia, deformidades, parálise, mulleres con problemas nas articulacións e un home sen unha perna ao que se lle vai facer unha prótese (tratarei de mostrar o proceso de fabricación, totalmente artesanal, pero máis adiante).
Vexo como se pon por primeira vez un home unha destas próteses, está encantado, a imaxe fala por si soa.


Encántame unha rapaciña con hemiplexia, non recordo o seu nome (tantos e tan diferentes...), cando chora durante a masaxe doulle a man e acaríciolle a cara, cálmase e emociónome, trato de conter as bágoas. Máis fotos do magnífico traballo que fan aquí, é realmente digno de admirar, co pouco que hai e o moito que se fai.

Esta é a rapaciña da que vos falaba


Ata o dagora cústame bastante falar cos rapaces e a xente, así que vou ao dormitorio dos cativos a facer unhas fotos, carallo non hai mellor forma para romper o xeo, en medio minuto estou xogando con eles facéndolles cóxegas e todos se me tiran por riba para facer fotos. Rímonos moito e Claudia unha rapaza de 12 anos con parálise nas pernas vai ser a miña profe de francés (ela fala inglés e francés). Veña máis fotos.



Esta é Claudia a miña profe
Hora de xantar, peixe outra vez, cociñado igual pero con arroz esta vez, por certo o pan de aquí non está nada mal, rollito baguette francesa.
Unha pequena siesta e vou ao taller de David, alí coñezo a un axudante do que non recordo o nome que estivo en España, falamos comom non de fútbol pero tamén de música, a el encántalle Julio Iglesias e a min Alpha Blondy. Neste punto recordo que preciso unha tarxeta de teléfono, coméntollo a David e poñémonos en camiño, acompáñanos un rapaz, soldador, que está a fabricar unhas portas para a clínica. O tráfico habitual, imos mercar medicinas, despois xunto a unha peluquera a ofrecerlle pelucas, despois mil voltas buscando un mecánico, a xente di "le blanque, a white" cando pasamos, mil voltas mais polo labirinto de Douala (se tedes tempo mirade a imaxe de satélite) e, de súpeto, na clínica outra vez, e o teléfono coméntolle, fóiselle a olla, para mañá (teño que insistir máis e recordalas cousas, normal).
Teño o cerebro rebentado, entre os dous idiomas o cambio total de sociedade, as mil voltas pola cidade do ruído, descanso un pouco pero volvo a baixar pois prometinlle aos cativos máis fotos esta tarde, aquí van.




Volvo á vivenda a escribir as miñas notas, xa podo ir vendo como facer melloras no novo centro a partir de ver o traballo que fan aquí, suben Linda e Jessica a ver a television e ofrézolles os chourizos que trouxen encántanlles (non hai nada mellor que a comida tamén para facer amigos), conversa sobre aquí e alá, moi entretido. Volve David seguimos falando e a sobar.

Ao día seguinte (hoxe así xa me poño ao día), paseo matutino con Jessica en busca da miña tarxeta para o teléfono, conseguímola despois dunha boa caminata, pero interesante, vexo o mercado, as verduras das que me falaban a noite anterior que non entendía. Aquí están as rúas petadas, todo o mundo vende algo, gústame.
Día de relax na casa, lendo e falando, probo o calabaium con carne de tenreira, rico rico, e ata o dagora nada máis, un saúdo. E unha foto da miña acompañante no primeiro paseo a patas pola cidade.  

Jessica e seu bebé Leslie