29 de ago. de 2013

A NICE DAY!!!

Tras unha boa noite de descanso, 7 da mañá, levántome animado pois hoxe quedei para facer entrega das donacións que me encargaron traer, duchiña fría (poden calentarme a auga mais prefíroa fría), almorzo na habita zume e pan con chocolate.
Quedei ás 9:00 con Augustin, e as 9:15 está aquí, vaime caer ben este tipo (é o primeiro que chega á hora acordada), almorzo outra vez con el, desta volta té e bocata de tortilla e en camiño.
Imos cara Njinikon, ruta polas montañas, parada obligada cos militares, Augustin pártese o cu e sóltalles 500 francos, este home ten a miña idade e xa leva dende os 18 currando de taxista, unhas fotiños:



Chegamos ao noso destino a eso das 11, preguntamos un par de veces e topamos a organización, HAC (Humanitarian Action Cameroon).


Alí quedei con Mr. Joshua o presidente, recíbeme un voluntario da asociación Mr. Nonmeacordaonome, nada máis sentarme aparece un traballador social do goberno, de primeiras flipo, que pasa aquí, mais so era unha visita para controlar o que facían, pois se fose unha empresa terían que pagar unha taxa ao estado. Despois diso explícanme o seu traballo aquí, son todos voluntarios e buscan as persoas máis desfavorecidas da zona (Fundong), despois atopan os medios para axudalos, ben mediante donacións ou co seu propio traballo. É impresionante a labor que están realizando, e ver como a forza do traballo voluntario e a paixón e collóns que lle botan, algo indescriptible. Moven montañas con pequenos xestos.
Entrégolles os ordenadores para a oficina e o teléfono para Rita a cociñeira, moi agradecidos.



Antes de marchar aparece un home cego que está aprendendo a manexar o ordenador, el mesmo donou a mesa na que pode traballar, todos axúdanse a todos.
De ahí marchamos a visitar algúns dos casos que leva a organización, primeiro imos a Belo, a visitar a Margaret para a que lle están a construir unha casa pois non dispón dos medios para iso, ela non está mais facemos unhas medicións para poder calcular máis adiante a cantidade de material necesario.


E alí ao lado, sorpresa!!! por fin atopo a primeira casa para o meu estudio sobre arquitectura popular, aquí chámanlle "Grass House" imaxinade por que.


De alí partimos a Mbingo a facer entrega do outro ordenador, neste caso a Emmanuel, un home en cadeira de rodas que ten unha taller de reparación de aparellos eléctronicos ao que tamén están axuudando, emociónase moitísmo, de feito dime que esta mañá levantouse pensando en Luis, o rapaz que vai vir en setembro, e que logo aparezo eu co ordenador, agradecidísimo (coincidencia?).


Imos a marchar e uns tipos non sei que problema tiñan (logo entérome que querían cartos), collen a roda de reposto do maletero do taxi e lévana ao posto dos militares, Augustin non para de rir.
De volta cara Njinikon paramos nunha zapatería na que traballa un home discapacitado, tamén HAC o está a axudar.
De alí á casa de Mr. Joshua, coñezo á súa familia, a nai, a muller, dime que ten sete!!! fillos, uns porquiños, encántame este pequeno gran home, ten unha forza e unha determinación dignas de eloxio.


Chegamos á oficina de novo e a comer, polo con arroz, aquí aprecio un detalle cultural, nesta zona a xente séntase en distintos sitios, non uns pegados aos outros. Tamén que non o comentara aínda, como se come moito coas mans sempre te poñen unha xerra con auga, xabón e unha palangana para lavarse as mans antes e despois.
No medio da comida pregunta incómoda, o presidente pregúntame se son cristiano ah!, saín ben conteille a verdade, non o son, mais sí creo na enerxía da xente, da terra e de todo o que nos rodea, que todo somos un e estamos conectados vaia (chamádeme xipi se queredes mais é o que sinto).
Quedamos para planificar a miña volta e subir as montañas a ver mais casos nos que traballan, en concreto imos facer unha ruta de 3 horas a visitar unha comunidade musulmana que viven alá arriba en condicións moi duras, adícanse a cría de vacas, teño ganas de facelo.
Subimos ao coche e voume encantado, vou colaborar máis activamente con esta xente, son formidables.
De volta falando con Augustin, preguntámonos por que hai tantos casos de cegueira nesta zona, resulta que non é xente que naza así se non que a certa idade (30 anos dime el) de súpeto deixan de ver, misterioso.
Xa na casa ceniña conversa co fillo do dono, que non recordo o nome (vou comezar a apuntalos), e quedamos para mañá, vaise vir comigo ata Bafut.

Nada máis, boas noites e un saúdo a todxs

1 comentario: