15 de ago. de 2013

COMPOSTELA-ISTANBUL-YAOUNDE

Escribo estas liñas dende o avión mais xa case tocando terra africana (a data de publicación non se corresponde, quitádelle un día máis ou menos) , agora mesmo parado en Yaounde, derradeira parada antes de Douala.
Día intenso dende a despedida no aeroporto, gracias aos que viñestes ata alí, cantas cousas quedan atrás e cantas por vir....
Non é por facer publicidade mais, se algunha vez podedes viaxar coa Turkish facedeo, ao rato de despegar repártennos a uns doces turcos (de turquía que non de Coruña), o seu nome xa o di todo, Hazerbaba, a comida incluso estaba boa, aínda que como seleccionei por internet algo que non sabía o que era puxéronme un menú distinto aos demais pero ben, pan con manteiga, merluza con guisantes, froita, ensalada, cervexa, café...como na casa.
Chegada a Estambul e, para a miña sorpresa, no control de pasaportes atópome a un vello coñecido meu, os que estudastes conmigo recordarédelo, profesor de estructuras de segundo, o arxentino, flipei. Despois dunha hora no control consigo as maletas que non eran lixeiras precisamente e comeza a búsqueda do "hotel desk" que ninguén no aeroporto sabe onde está, consigo atopalo e en 15 minutos estou nun autobús camiño a un hotel. Hotel non hotelazo de 4 estrelas situado en Sultanahmet, zona antiga da cidade... caralludo.
Ducha de rigor e cando abro a fiestra, recibimento, é a hora do rezo, a verdade que me gustou, incluso diría que é relaxante.
Quedo con Sara, curmá dos meus curmáns, que leva alí dous anos, teño que dar un paseo pero é unha noite agradable, son as 10 da noite e a cidade está chea de vida, xente vendendo de todo, dende sandía ata mexilóns (despois entereime que mellor non comelos, parece ser que son portadores de hepatite B).
Neste paseo observo a cantidade de gatos e cans que hai pola rúa, máis tarde explicoume Sara que o goberno turco ten rexistrados, desparasitados e vacunados a estes cans, que vagan libremente polas rúas da cidade.
Á fin reúnome con ela nunha praza que podería ser calquera das de Galicia antes da lei antibotellón, xente bebendo, música na rúa... Un paseíño pola zona do Taksim, menos turística que a zona do hotel, e subimos a un pub, e digo ben subimos xa que a metade dos garitos están nas terrazas da cidade (polo menos aos que fumos), que ben me viu vivir nun quinto este tempo, cata de Raki (anís con auga), unha conversa agradable e para casa.
Curiosa volta, pensaba facelo andando outra vez, mais un amigo de Sara recoméndame non facelo, fágolle caso pero pedímoslle se pode falar el co taxista para que non me de o pao (o turco é imposible e o tipo non falaba inglés), pois vai e déixame a medio kilómetro do hotel, e iso que aínda non chegara ás 15 liras acordadas, non pasa nada, estou situado. Ao rato de ir camiñando aparece un destes cans dos que vos falaba antes e decide acompañarme ata o hotel, pena de non poder levalo, fumo un cigarro e despídome del pero queda ali na porta do hotel a durmir.

Á mañá, buffet libre no almorzo (aproveito) e nada un paseo de 4 horas pola cidade, case quedo seco da calor que facía pero bueno moita auga e parando na sombra, visito a mezquita azul, o gran bazar, a zona romana e un refresco nas augas do estreito aquí deixo algunha imaxe. Quedádevos na do avión, o tamaño que ten cidade, ahí non se ve nin a cuarta parte.















Sete horas de voo, pero nada entre Hazerbaba, merenda cea, pelis, documentais e música á miña elección, un bocadillo (debéronnos ver cara de famélicos) aquí estou, non sei se teño sono, fame, calor ou que, bueno si, quero chegar xaaaa....
 

  Nada máis, boas noites e ata a próxima.

3 comentarios:

  1. Que turisteo mas guapo y mas cercano, disfrutalo.

    ResponderEliminar
  2. Que gusto da lerte! Desprendes paz e felicidade! Adiante coa aventura!!

    ResponderEliminar
  3. Que suerte tio!!! Pasalo muy bien Adri!!! Disfruta de la experiencia.
    Un besazo enorme

    ResponderEliminar