30 de set. de 2013

ROUBOS, INICIATIVAS E MÚSICA!!

É domingo mais hoxe temos curro, aínda así levanto con calma, o restaurante está cerrado e morro coa fame, así que collo un taxi e voume ata a panadería máis cercana, merco pan, bolos, un bocadillo, e no posto do lado sandía.
Outro taxi e de volta, papo case todo na habita e póñome a traballar, dúas horiñas, xa son sobre as 12:00 e reúnome con Luis e Peter Hans, almorzo de novo, desta volta té, pan e papaia. Falamos sobre distintas posibilidades para construir o muro que nos toca e marchamos cara a obra.
Alí tomo medidas que me faltaban e un descubrimento, cando estou fotografando a area, ven Protus e di que roubaron parte dela, ademáis vese o rastro da carretilla que empregaron, así que comezamos a seguila,  tal cual rastreadores de bestias salvaxes, saímos da nosa parcela e adentrámonos por estes camiños de terra vermella, camiñamos e camiñamos.


Unhas mulleres comentan que viron a un rapaz cargando area, seguimos os rastros tanto da carretilla como do material que se lle ía caendo, ao final atopámos o corpo do delito.


Falamos coa dona da casa e di que encargoulla a un rapaz que a mercaba a outra muller subindo cara as montañas. Explicámoslle o que esta a pasar e sorpréndese moito aínda que xa vía algo raro. Ao final danos o número de teléfono do rapaz, imos tratar de falar con el e que traballe na obra, en lugar de ir á policía pois pode ser bastante peor para el.
Bueno baixamos ata Bambili, a vila de aquí ao lado e Luis queda cuns amigos, eu marcho xunto a Julius pois convidáronme a un "meeting" coa comunidade de Mankon, nun principio pensaba que era algo político pero trátase dunha reunión na que falan dos seus problemas na asociación.
De camiño vexo un grave accidente de tráfico, víase que iban demasiado rápido para estas estradas, en fin, chegamos á casa de Julius e imos cara Mile 7 Mankon. Primeiro paramos no hospital de St. Mary, levamos unha bolsa con medicamentos para Madre Carmen, entro e o segurata dime que me teño que pasar máis por alí para falar con el, bueno xa irei un día con calma, parece bo tipo, un pouco tolo... Dime que vaia ao convento, baixo e entro na primeira porta que vexo, alí as monxas rezando e falando cun cura, recollen as medicinas e marcho.
Bocata de paté e chegamos á asociación, reúnome co presidente/xefe da tribu, Cydus e compartimos uns cigarriños (o de fumar vai reducindo mais esta xente fuma o triple ca min), unha foto con el.


Baixamos á casa e comeza a reunión, danme a benvida, previo rezo e dinme que xa son parte da comunidade, decláranme embaixador, explícanme en que consiste o que fan. Son unha comunidade de granxeiros, pescadores, constructores (Cydus é arquitecto tamén), son escultores, músicos, bailaríns... De todo e tratan entre todos de desenvolver a súa comunidade. Entre os seus logros máis importantes está a reparación dunha das estradas do barrio.
Preséntome e moi contentos todos, aquí un vídeo dunha danza que fai a muller máis vella parece, antes disto dime algo que non comprendo, todos rin, teño que aprender o dialecto da zona, xa sei o máis importante, gracias dise "mia", eso é doado, o resto buf...


Sírvenme unha cervexa e alí quedamos falando un ratiño, despois lévanme a ver o río no que traballan, teñen de todo, rochas boas para a construción, arxila, aréa, plantas medicinais (parte deles son tamén menciñeiros), peixe nos ríos...
Explícanme como sacan a area do río, bucean ata o fondo cárgana e súbena, moi arriscado, todo é traballo manual. O que queren e desenvolver a súa comunidade, todos os beneficios son para todos, traballan duro.




Xa de volta, imos á oficina, prometéralle a Cydus o Autocad, descárgollo no ordenador e ademáis as fotos e vídeos do outro día. Compartimos unhas cervexas e convídanme a comer, peixe con jam, moi rico e todo con produtos do barrio. A verdade é que o teñen todo para alimentarse, só lles falta conseguir un pouco de diñeiro para arranxar certas cousas.
Bueno ímonos cara un bar, o Africa Unite, tamén na zona, hai un concerto dun dos rapaces da comunidade, cando chegamos aínda se están a preparar, Cydus fala cun tipo para que toquen percusión na terraza do bar, nótase que este home é un dos notables da zona, todo o mundo ven a saludalo. Dime que o que vou a ver é Samba, dígolle coma en Brasil? e dime que algo escoitou de que nese país faise algo así. Dime que esta é a música tradicional de aquí, polo tanto son as raíces da samba, todo un pracer, ahí vai un vídeo.


Disfruto moitísimo mais moita calor, imos para dentro a ver o concerto, súo coma un porco, calor, caloorrrr... Chamo a Augustin para marchar, antes falara con Luis a ver se se animaba mais ao final non viu.
Augustin tarda un bo rato e o Julius desespérase, parece mentira, eu tranquilo e el desesperado, chamouno ata catro veces en media hora par ver onde estaba.
Con todo isto chega, despídome de Cydus e volta para a casa, parada na panadería outra vez.
Xa na casa como dous bocadillos, peli e a durmir. Son case as 00:00, o que é bastante tarde para o horario de aquí, mañá luns son as eleccións, non podemos facer nada, quedar na casa e descansar que fai falta.

Un saúdo

28 de set. de 2013

NA METADE DO CAMIÑO

Sábado, traballo de mañá, almorzo forte, papaia, ovos, pan, te con azucre hoxe, quedo petado. Curro na habita ata que ven Luis, vaime presentar a Ben, un rapaz de 19 anos que xa estivo por terras ourensanas, Luis cóntame que alí tiña unha familia de acollida que ao cabo de dous meses botouse atrás, unha pena, o rapaz quere estudar, e está a estudar algo relacionado coa informática. Vouno intentar axudar, aínda non sei moi ben como mais fareino, xa se me ocurrirá algo. Regálolle un par de camisetas que lle virán ben.
Outra cousa, decidín aportar uns 30 € para a escolarización dunha rapaza, Chanceline, aínda non a coñezo pero precisa esea cartos para asistir este ano a clase, pago de taxas e demáis (por unhas cervexas ou cigarros menos).
Duchiña e conversa con Ben, vese que é bo rapaz ademáis xa sabe un pouco de castelán e xoga o baloncesto, unha destas semanas movereime ata a cidade onde vive, Bafoussam, xa teño ganas de moverme un pouquiño que aínda que estou ben en Bamenda preciso ver outras cousas.
Preparámonos para marchar a CEFED, o centro de discapacitados, teño unha lata de paté que merquei no super mais non teño abridor, voullo pedir a Belinda e dime que si, mais utiliza un coitelo, voulle mercar un.
Chega Augustin e arrancamos, bocadillos de paté e xa no centro, recíbennos sempre cunha felicidade incrible, séntome cos rapaces, primeiro a ver a tele, logo a xogar, tres en liña, damas...unhas risas. Quedaron moi contentos coas pulseiras e collares de onte.
Un ratiño mais e volta, imos sair pola noite, ven Peter Hans, amigo de Luis, moi animado e moi mullereiro, bueno son así todos os homes de aquí, a maioría ten muller e logo outras por ahí.
Paramos no Biberón e reunímonos con Protus para amosarlle o que queremos para a obra, todo queda máis ou menos acordado. Cervexiña, empanadilla, falamos das eleccións que son o luns e dinos que está prohibido andar en coche por ahí, só ambulancias e os que controlan as votacións.
Sufrimento para coller un taxi e volta á casa, eu baixome e Luis vaise ao hotel a conectarse.
Conversa con Belinda, é boísima esta muller, ceno algo e sigo a falar con ela, coméntolle que non entendo como a xente pode votar ao partido de Paul Biya, que é o que leva gobernando dende que Camerún é Camerún, dime que total non sirve de nada, tamén é verdade. Existen máis partidos? sí pero moi minoritarios, realmente aquí están os que mandan CPDM, e os outros SDF, independistas desta rexión, e para de contar.
Sigo á espera de Luis, dame a min que non saimos, voume á habita e aparece ao ratiño mais Fanta non ven así que sen coche nada, bueno pois vou a escribir no blogue.

E aquí estou, decátome de que hoxe cúmprese xusto a metade da miña andadura por terras africanas, moito aprendido mais moito por aprender. Podo dicir con seguridade que este tempo xa me cambiou para sempre, nada voltará a ser igual na miña forma de vivir e de entender o mundo.
Vexo que somos moi difrentes en moitas cousas, mais tamén moi parecidos, a esencia do ser humano séguese a apreciar aquí, tanto para ben como para mal. Escoitei que cando alguén rouba, se quixeras poderías matalo ou cortarlle unha man e quedarías impune. Tamén me enterei dun caso dun tipo ao que lle pegaron un tiro, e sen estar morto, atárono a un coche polos pes e o arrastraron polas rúas da vila ata que morreu.
Aquí aínda non chegaron todas esas comodidades que nos fan máis inútiles a cada minuto que pasa. Vexo máis conexión coa terra aínda que ningún respeto por ela, pois a basura tírase en calqueira lugar sen ter en conta nada.
Non hai control de nada, non digo que se controle todo como en Europa mais un pouquiño non viría mal.
Hai unha desproporción inmensa entre unhas rexións e outras do país, mais a maior desproporción está entre ricos e pobres, hai catro cabróns que viven como dios e impórtalles un carallo o que pase co resto, e aínda se atreven a chamarlles irmáns, hipócritas.
Así que como vedes hai cousas boas, regulares e malas, como en tódolos lados, mais está ben claro que a culpa de moitas destas cousas non está na xente de a pé, senón neses que teñen os cartos e non teñen ningún problema en gastarse o necesario para a vida dunha ducia de familias en obxetos ou calqueira basura da que se esquecerán nunha semana.

E nada máis, que estou a gusto aínda que un pouco cabreado co mundo

Un abrazo a todxs


ARTESANO-MONITOR-APARELLADOR

Xoves, paso toda a mañá currando, dende as 8 ata case as 14, planos, blogue, proxecto, pagos... marcho xunto Luis que se foi a conectar a internet, e comemos alí, eu carne á pementa con patacas, da gusto de cando en cando cambiar de sabores, aínda que a todo lle botan maggi, os cubiños enriquecedores que o único que fan é que todo se pareza extrañamente.
Iamos ir a CEFED mais fíxosenos tarde, así que imos co noso taxista particular, Augustin cara o centro da vila, quedamos con Fanta Bengy no seu taller, aparece ao ratiño e subímonos no Black Power Car, ven cunha amiga desta volta, atasco como non mais temos sirena malva así que saímos rápido, somos intocables neste carro.
Unhas froitas e cervexas nun bar que lle encanta ao rasta para levar o seu taller pois di que no que está agora non se inspira polo entorno, falamos de vellos futbolistas africanos, Roger Milla, Okocha, pomos a parir a Etoo... Divertido.
Movémonos ata o Biberón, un bar restaurante que está moi ben, boa comida, bo ambiente e moi  bonito tamén, é o día que máis brancos vin xuntos, debiamos ser uns 8 neste bar, collemos ideas para a obra neste lugar, ceamos "equen", pizza e patacas fritidas durante o partido do Inter contra a Fiorentina, estou vendo máis partidos de fútbol aquí que nos últimos dous anos.
Bueno collemos un taxi e para a casa, temos que espertar a Belinda para que nos abra, que paciencia ten esta muller, case tódolos días chegamos cando xa está a durmir e non podemos abrir.

Venres, esperto e ducha fría coma sempre, teño algo en mente, tratar de deixar de fumar, xa que estou aquí será máis doado penso eu, hoxe propóñeme reducir, a ver como vai. Almorzo tres pinchos de ovos revoltos, te con mel e pan. Traballo con Luis, acordamos o que imos ir facendo na obra. Traballo un pouco na habita e ven Augustin, imos cara CEFED, paramos na panadería e collo unha hamburguesa para comer e Luis un montón de boliños para os cativos.
No traxecto pecho os ollos para descansar a vista do ordenador e quedo sobadísimo, chegamos ao centro, Luis quere facer un pequeno patio entre os dous edificios e falamos da mellor forma de facelo, é sinxelo. Os rapaces están comendo así que saudámolos e imos comprobar que a bomba que estaba estropeada funcione, funciona!! todo ben, no paseo uníronsenos un montón destes cativos, son cariñosísimos, só nun ou dous días xa te queren e buscan abrazos e besos constantemente.
A última vez que estiven aquí prometéralle a Glory ensinarlle algúns trenzados para pulseiras e collares, pois gústalle facer estas cousas, así que póñome con ela, veñen moitos máis, encántalles. Glory é unha das primeiras rapazas coas que comezou o centro, simpatiquísima, cun sorriso e moitas ganas de aprender, aínda que tamén ensínanme moito. Estes rapaces coídanse os uns aos outros dunha forma incrible, son unha gran familia, pásano pipa mais tamén chámanse a atención cando algún fai algo mal, da gusto. Unhas fotos da actividade.





Ao ratiño Luis avísame para ir comer, outra vez, comín unha hamburguesa fai dúas horas máis como igual, desta vez un prato moi forte, fabes con millo e cocojam, vai ser unha tarde dura.
Despedida con caramelos que trouxen para darlles e marchamos de alí, voume con ganas de voltar moitos máis días, encántanme estes cativos.


Xa de volta Luis quere ensinarme unha parcela que ía mercar fai anos mais chegou tarde pois daquela estaba a invertir cartos en CEFED, comenta que viviu por esta zona e coñece a moita xente, ao final chegamos á parcela en cuestión, vexo unha mansión construída, sae un rapaz un tanto desconfiado e di que o amigo de Luis non está, xa imos marchar cando nos chama e di que a súa nai quere que entremos, entramos saudámola e imos dar unha volta pola parcela e a casa, estupendas vistas da cidade e da rexión. Convídanos a un viño e Luis cóntalle a súa historia, a muller interésase moito e di que quere vir coñecer o centro. Preséntannos ao tío, irmán... moi amables, eso si a casa eu tirábaa e facía outra cousa, que opulencia.
Bueno marchamos e paramos no Biberón outra vez, pedimos unha botella de viño, que teñen que mercar na tenda de enfrente e, sorpresa, viño de Ourense!!!! bueno non está boísimo mais bébese, pido de cena "bar", un peixe de aquí, con patacas fritidas, rico rico mais sempre co maggi do carallo.
Pregúntolle a Luis como comezou con todo isto, fai dez anos estaba a traballar en Londres, cos cartos que xuntou viuse a traballar a esta zona cunha ONG local, e a partir de ahí, puxo cartos para construir CEFED e busca colaboradores españois, despois diso a Cruz Vermella contratouno para a construcción de pozos e bombas, estivo en Chad, República Centroafricana, India, Cuba... bótalle collóns pois estivo en zonas de conflicto armado e todo.
Conversa sobre as ONG's, formas de facer cartos e así rematamos a botella...
Taxi e para a casa, peli e a sobar.

Un saúdo a todxs

26 de set. de 2013

REFORMAS NO BLOGUE

Bueno teredes apreciado que cada día a pinta da páxina é distinta, creo que esta é a definitiva.

Na parte dereita creei varias páxinas para que coñezades mellor ás organizacións coas que estou traballando e se queredes colaborar ahí están os contactos.

Nas seccións de cociña e lendas espero poder engadir máis cousas, seguro que si pero paciencia.

Bueno nada máis, creo que está todo un pouco máis cómodo.

Un saúdo a todxs

AUGA NA OBRA!!

Martes, hoxe levántome ás 9:30, estou rebentado, penso que é o día que máis tarde me levantei dende que estou aquí, almorzo e traballo na casa. Chámame Protus o albanel e reúnome con el aquí, segundo pago para o proxecto de auga, abúrrome un pouco hoxe así que voume dar un paseo con Maelo (o can). Media horiña e de volta, sempre chego a algún sitio no que non podo seguir, ademáis funme en sandalias, de gañán, así que decido marchar á vila.
Unha vez alí xúntome con Julius e aos 10 minutos aparecen Jonas, o artesán menciñeiro e o seu axudante, que casualidade!! Imos a comer ao bar do seu irmán, pido espaggetti, tiña moitas ganas de comelos. Julius cabrease pois cóbranlle 1000 FCFA polo achú, cando o normal son 500 ou 600.
Un paseíño polo mercado de comida, merco papaia e sandía para os almorzos, teño que tratar de aforrar un pouco, que entre transportes e comer todo o día por ahí os cartos vanse incluso aquí. Visita ao super, estou sen auga mineral e comeza a facer calor, preciso reservas, e volta a Mile 6.
E nada pouco máis hoxe, curro na casa, creei a sección "Cores de Camerún" no blogue, ahí está para que coñezades un pouco máis esta ONGD galega.
Ceniña, arroz con alubias, pelis e a durmir.

Mércores, levanto ás 8:00, espabilo e ao restaurante, pouco que facer teño, bueno en realidade non, así que póñome co meu proxecto que xa o tiña olvidado e xa teño material abondo para ir comezando. Almorzo pan, té e papaia (estoulle pillando un gusto a esta froita, pena que non se dea en Galiza).
Preparo escritos do proxecto e nada a comer, plátano frito con ndolé, esta bo mais un pouco salgado de máis, sesta de dúas horas e  chámame o Dr. David, quedamos para ir ver a obra, unha vez alí queda encantado co traballo feito ata agora. Vou mirar a traída da auga e temos unha fuga, mañá o repararán, mais todo funciona.


Un paseíño ata a granxa de polos que hai ao lado, este home merca 4 polos (vivos) por 2000 FCFA, uns 3€, e ademáis lévase uns tablóns.
Agora ben o difícil, como levar 3 tablóns máis largos que o coche e sen baca, pois baca humana, imos outro rapaz e mais eu co corpo fora, sentados na ventanilla e agarrando os tablóns (pena non ter feito unha foto) que van sobre o teito e cunha bolsa de rafia para que non se movan moito...
Descargamos e imos ata o restaurante da casa, cervexiña e chega Luis de Douala, cena, peli e a durmir.

Un saúdo a todxs

24 de set. de 2013

CHOIVA, MILAGRES, ARTESANOS

Sábado, traballo toda a mañá, ata ás 12:30, planos, máis planos, sempre hai cambios e modificacións, a ver se saco xa o definitivo.
Reúnome con Luis e Ana nun bar, collemos unha hamburguesa na panadería (moi rica, tamén o botaba de menos), e ímonos a ver a parcela que Luis mercou fai anos, sitio inmellorable, unhas vistas da cidade...



Bueno alí un ratiño co seu veciño que está a construir unha casa alí, probo a caña de azucre e arrancamos.
Imos cara Sabgá a visitar á familia de Mariamo, unha das rapazas que están en CEFED, son Mbororos tamén, alí un rato, paiasadas e demáis e voltamos.



De volta Ana e Luis quedan nun hotel a conectarse a internet, eu regreso á casa e conéctome aquí, primeiro unha cervexiña con Augustin vendo o fútbol. Hoxe é o último día de Ana, así que quedaremos con Eva, Fátima e Fanta para ir tomar algo.
Ao final Ana e Luis non regeresan ata as oito e pico, así que Eva e Fátima xa non poden vir, pois ás 21:00 teñen que estar de volta, e Fanta ten a súa filla enferma, así que imos nolos tres. Durante a espera falando coa muller do dono, dime que teño mellor cara que cando cheguei, que se nota que o señor está a entrar en min, non sei de onde saca iso...
Chegamos ao bar, "Le Biberon", e que ben, teñen pizzas, hamburguesas e demáis, Luis saca unha botelliña de viño e a brindar, pedimos dúas pizzas, patacas fritidas, Luis pide non me acordo que plato e unhas empanadillas riquísimas, acabamos a rebentar, unhas risas e para casa con Augustin.

Domingo, día do señor, hoxe prometinlle a Sam ir con el á igrexa, veña levántome ás 8 da mañá, a roupa dos domingos e en marcha, unha foto da elegancia do rapaz.


Iamos ir á igrexa de aquí o lado mais xa é demasiado tarde así que agardamos por Luis e Ana que van a coller o autobús para Douala e nós xa quedamos no centro noutra igrexa. Despedida de Ana e á casa de Deus.
Nada máis chegar unha muller cólleme e lévame adiante de todo, estamos no Full Gospel, todos bailando cantando, gritando, moita festa e paixón. Chega o momento dos milagres, e toda a xente se acerca ao pastor, explícanlle as doenzas que teñen e el grita e fai ruídos para botar as dores fóra, pero mellor que o vexades, uns vídeos, eu non sei que pensar porque non creo que estén actuando mais algúns entran nun trance incrible e vese que hai dor dentro deles, non sei...



Ao final, a muller que vedes gritando volta en si, o pastor pregúntalle se recorda estar tirada no chan e se recorda ter caído nas miñas pernas (caeume enriba a tía), e ela contesta que non recorda nada...
Bueno despois de todo isto e uns cantos sermóns acaba a misa e marcho con Sam a comer na casa da súa tía ou irmá, non sei. Alí como water eru creo e sobremesa de xogos e peli nixeriana. Unha foto con David, rapaciño da familia, graciosísimo. 


Dalí marchamos Sam e máis eu, quedei con Julius para pasar a tarde, chego con restraso mais alí está esperando e nin unha cara longa, bueno imos a tomar unha cervexiña e despois a visitar a un dos artesanos que coñecín o día das danzas, agora mesmo non me acorda o nome.
Alí cando chego unha alegría, pasamos a un cobertizo, é o seu lugar de traballo, o home explícame que fai anos tivo un accidente na empresa na que traballaba, agora ten uns tornillos na cadeira, a empresa non lle pagou indemnización, vexo as radiografías e demáis. Ten seis fillos, e algún neto, para sobrevivir adícase á medicina natural e á confección de bolsas de rafia, aquí podédelo ver en acción.


Regálame a súa bolsa e agradézollo, sempre regalan son moi amables, e traennos comida, fufu corn desta volta, falamos de moitas cousas, entre elas a lonxevidade da xente, cóntame que o seu pai morreu con 174 anos!!!!! e a súa nai que ten agora 117. Viven nas montañas de Oku e sempre consumiron productos naturais, e moito traballo. 


Probo unha variedade de mel cor vermello, riquísima, esta paréceseme máis á da Galiza que outra que teño probado aquí.
Bueno estáseme a facer tarde e non para de chover, insisten en convidar a unha cervexa (é imposible non beber unha ao longo do día...). Un ratiño no bar e comezan a aparecer uns insectos de catro ás, son sinal de que está a comezar a estación seca, á fin un pouco de calor e sol, xa o boto de menos. Tamén comentan que se comen eses bechos, así crudos sen cociñar nin nada, dígolles que síntoo mais iso si que non o vou probar.
Bueno arrancamos Augustin, Julius e mais eu, imos a buscar a Sam á casa da súa familia, non para de chover, cando chegamos dinme que xa marchou, a buscarme porque chego tarde, vaia lío, non sabemos onde está o rapaz, buscámolo baixo a choiva e nada. Falamos con alguén da casa e dinos que el sabe voltar só, bueno menos mal, vaia susto de primeiras.
Chove, chove e chove, atasco, media hora parados, vaia caos de cidade, e nada chego a casa, lectura como de costume e a sobar.

Luns, hoxe ven Mr. Joshua, de HAC, imos retirar cartos para pagar á xente da obra. Chega ás 9:00 e almorzamos xuntos, coméntolle o dos milagres que presenciei o domingo pois el tamén é pastor. Pregúntolle que como sabe canalizar esa enerxía e que é, contesta que é o espíritu santo e que está todo na biblia, vale... Dígolle que con toda esa xente si que sentín unha enerxía, para min e a forza da xente que cando todos cremos nalgo podemos sentilo se o facemos con forza, chámalle deus o ou que queiras, mais síntese. El está encantando, outro máis que pensa que o señor está en min, da igual.
Facemos o noso traballo, síntome coma un executivo, imos ao banco, retiramos cartos, e imos ata COTECC a pagar, billetada. Todo correcto, recibo e de volta, visita a Julius e un rato con el e outro amigo das danzas, arranxamos o mundo en media hora.
Volta á casa a comer, leva todo o día chovendo, conversa con Richard, outro dos inquilinos da casa, este é de aquí mais estuda en USA, está a facer aquí unha investigación sobre a xente que vive nas  montañas, pastores e demáis, e a sú integración, interesante.
Marcho xunto Eva e Fátima, imos cambiar pelis, documentais e demáis. Case non vos falei destas dúas rapazas, Eva é bióloga de Barcelona e Fátima farmaceutica de Tudela, están a traballar nunha vila cerca de Bamenda, mais esta semana viñeron aquí, xa teñen experiencia no mundo ca cooperación. Coñecen Honduras, Bolivia, SudÁfirca... Moi divertidas e amigables, pásomo pipa, ademáis temos os mesmos gustos musicais e moito en común...
Ceno con elas, aquí si que están ben, dentro do complexo do hospital cun apartamento para elas, microhondas, televisión, tostadora, un luxo. E tráenlles a comida xa feita, da gusto coas monxas.
Bueno pasamos un rato e chamo a Augustin que me ven a buscar, xa é tarde, chove e non hai ninguén nas rúas, chego á casa, peli e a sobar.

Un saúdo a todxs

21 de set. de 2013

DANZAS AFRICANAS

Xoves, pouco que contar hoxe, mañá de curro, xa teño o plano case que definitivo do taller ortopédico, mañá imprimir e para o albanel.
Xa comeza a sair o sol, achégase a estación seca e nótase, nestes últimos días chove menos e fai máis calor, e vense as estrelas e a lúa!!!!
Imos Luis e mais eu ata o hospital de St. Mary, polo camiño quedo durmido, recollemos ás rapazas e a comer de restaurante, hoxe buffet, póñome as botas, ata comín ensalada que a botaba moito de menos tamén. Marchamos de alí, conversa con Fati e Eva sobre festivais, estas son das miñas, unha visita ao centro de artesanía que hai aquí en Bamenda mais non merco nada, pásanse un pouco cos prezos.
Un batido de papaia, plátano, mel e leite, rico rico e dirixímonos cara o taller de Fanta Bengy, admiramos as súas obras e explícanos algunha delas, pinta de todo, dende cadros costumistas ata carteis publicitarios. Os que mais me gustan son os abstractos, teñen moita mensaxe e sentimento, o tío condensa en 600 cm2 toda unha crítica ao sistema educativo que está implantado en case que todo o mundo, un crack!!!
Cervexiña no bar de enfrente, Luis está un pouco enfermo hoxe, a ver se non é nada. E para a casa, ceniña, lectura e a durmir.

Venres, hoxe non durmín moi ben, tiven uns veciños un tanto ruidosos, bueno almorzo con calma e tírome un ratiño máis na cama. Unha vez descansado marcho cara Bambili, imprimo o plano para o albanel e subo á obra en moto, de camiño case quedamos en gasoil, hoxe o moteiro cóbrame 300 FCA, o da semana pasada cobrou 400, vaia cara. Xa na obra comprobo o que está feito, xa temos zanxa para a canalización mais non fixeron unhas reparacións necesarias e non hai ninguén currando. Chamo a Protus e quedo con el en Bambili, volta cara abaixo, collo o teléfono do mototaxista e a ver se me vai facendo prezo por ir mais veces.
Reunión con Protus, entrégolle o plano e para casa a durmir outra vez, estou morto hoxe.
Unha horiña de relax, a comer e marcho cara Bamenda, hoxe imos ver danzas africanas, reúnome con Julius e imos cara St. Mary onde nos xuntamos con Eva e Fátima, outro taxi e un paseíño ata o lugar do grupo de danza.
Recíbennos calurosamente con percusión e convídannos a entrar, unha cervexiña que nos poñen e coñecemos ao príncipe de Mankon, uns guitarreos por parte dun deles, do príncipe e mais eu, moi familiar todo, indícannos que teñen que preparar as máscaras e xa comezan. Avísannos e comeza o espectáculo, aquí o vídeo completo da danza.

 http://youtu.be/USKDbe-4qe8

Moi divertido e vistoso, agora toca agardar de novo, case que nos obligan a beber viño de palma, bueno espero que non sente mal, Julius dinos que este está ben, de feito non é tan forte coma o que xa probei, aquí chámanlle Rafia. Máis guitarreos e segunda e última danza na que nos sacan a bailar, non subo o vídeo porque o outro levoume dúas horas subilo así que paso.
Unha vez remata pasamos á oficina, toca pagar, mais antes amósannos o proxecto que queren levar a cabo nesta zona para formar unha cooperativa na que se inclúen hortas, granxas e construcción, son maestros coa arxila, buscan cartos para levalo a cabo e declárannos embaixadores de Mankon. O nome do grupo de traballo é Gardeners Common Initiarive Group, e aquí ademáis ensinan aos rapaces a danzar, tallar madeira, música, está ben. Falamos un rato mais con eles e logo fotos, estamos uns 15 min facendo fotos, todos queren sair, ahí van un par, o primeiro é o príncipe.



O príncipe convídanos para ir o domingo a velos tocar en directo coa súa banda, alí estarei.
Damos un paseíño pola zona, os rapaces pártense o cu de nós, failles moita gracia ver brancos, faise noite e collemos un taxi, quedamos con Luis e Ana no International Hotel, alí unhas cervexiñas e cena, arroz con alubias. Conversa política toca hoxe, interesante e para a casiña, mañá será outro día.

Un saúdo a todxs

20 de set. de 2013

NDOLÉ WITH FRIED PLANTEN

Outra entrega culinaria, a verdade é que estou disfrutando bastante coa comida de aquí, boto en falta algunha cousa coma un bo chuletón ou un cocido, xa terei tempo á volta.
Bueno ao que iamos, ingredientes: cacahuetes, bitterleaver (as follas da planta da foto), allo, pementa branca, cebola, carne de terneira, plátano e aceite de cacahuete.
Cócense por separado a bitterleaver e os cacahuetes.




Pícanse moito todos os ingredientes, mistúranse e salteanse con aceite de cacahuete. Por outra banda fríense os plátanos igual que patacas.
O resultado bastante rico.


Goog Apetite!!

19 de set. de 2013

TARDE DE XOGOS EN CEFED

Mércores, primeira hora de traballo, mails, planiños, blogue... xa teño unha pequena rutina que me axuda a organizarme un pouco mellor.
Sobre as 9:30 da mañá comezo a escoitar pitidos e un barullo tremendo, saio a mirar e son os do SDF que siguen coa campaña, hoxe bloquean a gasolineira que hai enfronte da casa.
A iso das 11 arranco cara a vila e reúnome con Julius, confirmado, o venres imos a ver danzas africanas, a ver se me ensinan algo tamén.
Conversa con el e paseíño por Bamenda, unha empanadilla de peixe, un xelado, visita ao campo de fútbol, ahí vai unha foto, é un equipo de 1ª división, están entrenando, creo que se aprecia a diferencia de nivel entre España e Camerún.


Visitamos a tenda da irmá de Julius, un ratiño alí, explícolles o que viñen facer ao seu país, son agradables.
Bueno seguimos a nosa ronda, ao super a mercar caramelos, esta tarde voltamos a CEFED e quero levar algo para os cativos.
Sobre as 13:00 quedei no taller de Fanta Bengy, mais cando chego non hai ninguén, chamo a Luis e nada tócame esperar, así que como no bar de enfrente con Julius, "water-fufu and eru", aprendemos inglés eu e Julius castelán, cando marche voulle dar o meu dicionario.
E nada chega Fanta sobre as 14:15 e marchamos cara o hospital de St. Mary, recollemos a Ana, Eva e Fati e a buscar a Luis tamén. Camiño de CEFED a filla de Fanta, Queena queda sobada sobre os tres que iamos atras, é bonitísima, o rasta non para de cantar en todo o camiño, así da gusto. Chegada ao centro un paseíño.


Reparto caramelos e poñémonos a xogar cos nenos, Fati e mais Eva trouxeron globos, encántanlles, alucino vendo escribir cos pes ás rapazas que non teñen brazos, impresionante. Estes cativos son dignos de admirar, axúdanse os uns aos outros, son unha grande familia. Tamén as traballadoras que pasan aquí o seu día a día, que forza ten esta xente!! Bueno unhas fotiños.







E nada volta á casa, non sen unha parada cos militares, lección: ir sempre identificado, con esto non soltar nada nunca, que pase o tempo que sexa que levan eles as de perder pois podes denuncialos por corrupción.
Ao final despois de gritos e un ratiño alí parados deixannos pasar.
Luis é todo un maestro, sabe como moverse, como falar, cando calar, ademáis de o gran traballo que leva facendo aquí durante dez anos, non teño máis que palabras de admiración.
E con todo isto, unha cervexiña polo camiño, novas conclusións, ideas e ganas de seguir a traballar, chegamos ao hotel que hai máis abaixo da nosa casa, ceniña polo con patacas fritidas e de volta baixo a luz da lúa que está impresionante, toca descansar foi un día duro.

Abrazos a todxs 

18 de set. de 2013

NA OBRA E DE PASEO

Martes, o habitual, ás 7:30 en pé, almorzo e a traballar, hoxe diríxome á obra, teño que facer unhas medicións. Primeiro un taxi e logo mototaxi.
Chego alí e xa está Protus, o albanel, traballando duramente, hoxe comezamos coa limpeza para a captación de auga. E alí machete na man e a pleno sol. Facemos unhas comprobacións, fotiños e de volta.




Baixo dando un paseo pola zona da universidade, hai ambientiño pois en outubro comezan as clases. Unhas rapazas dun colexio míranme e din: "ese branco ten o pelo trenzado" e rinse, outra "pero é un home ou muller?". Un pouco de sandía e vexo nunha tenda destas que teñen de todo guitarras á venda, pregunto por curiosidade, 25000 fcfa, uns 35 €, e sen cordas, case que paso, outro día igual lle regateo se a baixo a 20 € igual a merco.
Bueno volta á casa e arrancamos, paseo por Bamenda, nun momento pasan un montón de coches e motos con bandeiras verdibrancas, son as cores do SDF (Social Democratic Front), os independentistas de aquí, son as elecións o día 30 e acaba de comezar a campaña.
Imos xunto Fantah Bengy e recollemos a Ana no hospital, hoxe imos de tranquileo, comemos pizza!!!, botábaa de menos, outro paseíño pola vila e reunímonos con Eva e Fátima, as que traballan no hospital con Ana, cervexiñas e conversas de todo tipo, a verdade é que de cando en cando da gusto estar con xente que fale castelán, a parte de que son simpatiquísimas, desa xente coa que se conecta rápido.
Converso un bo rato con Fantah sobre o rastafarismo a música e  formas de vivir.
Voltamos cara o hospital a deixar a estas dúas rapazas no coche deste rastafari cunha sirena malva e fotos de Mandela, Gadafi, Obama, Luther King por todos lados, e a súa música a todo volume, non sei se vos contei que este home e pintor, profeta, filósofo e cantante. Gústame falar con el.

Uns chouriciños e cacahuetes na casa, lectura e a durmir.

Un saúdo a todxs

17 de set. de 2013

CEFED: DANDO OPORTUNIDADES Á DISCAPACIDADE

Luns, esperto descansado e tranquilo, almorzo no restaurante ovos revoltos, pan, mel e te.
E poñémonos a currar, planos, facturas, fainos falta pasta para seguir coa obra, a ver se esta semana chegan os cartos.
De todas formas imos ben, reunímonos co albanel e vai comezar coas reparacións e a traída de auga sen que lle adiantemos cartos, aínda se porta o tipo, caeme ben.
Máis tarde reunión coa xente do tellado mais estes si que queren os cartos antes de comezar a poñer as tellas, é o que pon o contarto así que teremos que agardar.
Bueno é a 13:00 e chega Augustin, hoxe imos a CEFED, un centro de discapacitados en Santa, outra población cercana. Ven Sam con nós, paramos a por pan para nós, Luis trouxo xamón, queixo e chourizo, mmmm, e bolos para os cativos.
Seguinte parada a recoller a Elliot, un rapaz discapacitado que imos levar á escola para que xa quede alí.
Seguimos a por Ana que é técnico de laboratorio e está a traballar no hospital St. Mary, que levan unhas monxas españolas, entramos e é o sitio máis limpo que vin ata agora, un cambio drástico. Alí hai outras dúas españolas traballando, Fátima de Tudela na farmacia e Eva de Barcelona no laboratorio con Ana. Xa levan aquí uns mesiños.
HAC atopou un rapaz con VIH en Njinikon, e alí é difícil que lle dean o tratamento, estas dúas rapazas estiveron noutro centro no que disque non son moi estrictos á hora de dalos medicamentos, quero dicir que se alguén o necesita de verdade e se compromete a seguilo non lles importa á zona de donde veña pois poida que non lle corresponda ese hospital.
Bueno seguimos o noso camiño, uns bocatas, paradas para fotos e unha obligada pois o coche non andaba.




Paramos nunha gardería, onde está Victor un amigo de Luis, mais os rapaces xa marcharon así que imos ver a súa casa, media horiña alí e por fin chegamos a CEFED (Center for Empowerement Of Women with Disability). Un montón de rapaces discapacitados viven alí, moitas risas abrazos e fotos.





Uns xogos, ver as instalacións, construiron unha nova cociña mais o tellado está mal executado, as tellas vense fatal e de mala calidade, é unha pena cando saen mal as cousas, supón un gasto moito maior. Unha foto na que saio coa cociña ao fondo.


De alí voume con Sam e Augustin ao río que hai ao lado, vanme ensinar o palm tree, do que se fai o palm wine do que xa vos falei, e vou coller sementes para tallar e probar a facer algo.


E pouco máis, outro proxecto máis coñecido e outro exemplo do que se fai aquí.

Un saúdo a todxs

15 de set. de 2013

WEEKEND

Bueno tarde-noite de venres, chego á casa e sorpresa, Luis e Ana están aquí, voume con eles cara o hotel Mawa, moito mellor agora, Luis leva tempo en Camerún e sabe moverse. Preparamos o día de mañá sábado, falamos de anéctodas e curiosidades da xente de aquí, risas e traballo e a durmir.
Non sei por que mais cambiáronme á habita do principio, bueno que máis dá, estou a gusto.

Venres 13, fai un mes que saín da casa, houbo momentos difíciles, divertidos, cagaleros e aburridos, coma a vida mesma. Agora xa entendo o inglés de aquí e podo interactuar máis coa xente, todo vai sobre rodas.
Almorzo pan e te, reorganizo a miña habita e curro un pouquiño.
Levántanse Luis e Ana e almorzo de novo, desta papaia, pan e mel.
Planificamos estes días e arrancamos cara á vila, cambio os cartos, pago o aloxamento e imos xunto un colega de Luis, Fantah Benja, pintor, cantante, guitarrista, artista nunha palabra, unha foto no seu taller con Ana e a filla deste rastafari.


Agora dirrixímonos á prisión no coche deste home, chegamos primeiro aos xulgados, alí unha rapciña perdida, está mollada e non sbe onde vive, Luis fala con ela e vaille sacando cousiñas.
Cacahuetes a saco e imos cara o cárcere, mais o home que nola ía amosar non está, ademáis chove e é un mal momento pois están entrando novos presos, queda para a semana que ven.
Marchamos e imos cara Mile 5, cerca da casa, alí visitamos MISSPA, un orfanato no que Luis xa traballou plantado frutais e construíndo un pozo. Chegamos e falamos coa directora, comentamos o do traballo voluntario e aquí reciben a xente encantados, teño que falar con un home que é o que o leva, mantéñovos informados, e como xa dixen, os que esteades interesados de verdade escribídeme ao correo (adrian.senra@gmail.com).
Visitamos o centro, están en misa, aquí un video e fotiños:





Voltamos a casa e ven Augustin a buscarnos para ir á obra, alí sorpresón, xa temos a estrutura do tellado, os tipos nin me avisaron e xa montaron todo, ás veces pensas que pasan de todo mais estes curran ben.


Ceniña en Bambili co albanel, a ver se a semana que ven imos comezando co segundo edificio, que estou en fase de debuxo dos planos.
Volatamos en taxi á casa, unha cerveciña e conversa con Luis e Ana, ah aparecen coma 10.000 bechos voando que nos invaden mais non fan nada e pasan de largo.
Ven Fantah a buscarnos e imos cara o Dallas Cabaret, á fin música en directo, tranquileo cervexa e para casa.

Sábado, levántome con calma, hoxe temos reunión con Eric de COTECC para que sigan coa execución do tellado, quedamos ás 9, chámoo ás 10:30 e quedamos para o luns (sen comentarios).
Voume á vila, recargo o flash de internet e reúnome con Julius, conversa agradable coma sempre con el e voume de compras, auga comida e demais, pouco que contar.
Xa na casa como con Luis e Ana, estes marchan despois a Njinikon e eu sobo toda a tarde, ceniña, pelis e a sobar.

Domingo, día do señor, non vou á misa quero traballar, pásome a maña escribindo no blogue, e sobre a unha marcho a Ntarikon, alí está Julius no mercado, comemos xuntos, imos á súa casa e un paseo por Bamenda.



Paramos nun bar a tomar unha cervexa que ao final foron tres e para casa.


Boas noites, ata mañá.