1 de set. de 2013

MAELO, FULL GOSPEL E SAM

Tarde de sábado, paseíño polo monte, vense comigo Maelo o can do hotel, cada vez que me ve ven a xogar, axúdame a non botar de menos a Ponchiño, que hoxe 1 de setembro é o seu cumple. Unhas fotos do paseo, non me digades que non parece Galiza esto.




Comeza a tormenta das 16:00 e teño que voltar, pasei logo un bo rato na cociña ao lado do lume, e degustei o prato que vos amosei onte. Unha peli e a sobar.

Domingo, hoxe vou ir a unha igrexa Full Gospel, que é á que vai o dono do hotel, resulta que hoxe é o seu cumpre, e vaia coincidencia, o martes que é o meu cumpre, tamén o é de Horst e Margaret (son xemelgos), uns dos seus fillos.
Bueno ao que iamos vou á esta igrexa, un video dos cánticos, concertazo.


A misa, unha mistura de peña contando os seus problemas, un predicador dando a súa visión da biblia (todo en dous idiomas, inglés e francés), e demais, ao final a xente que ven por primeira vez ten que presentarse, explico o que veño facer aquí e dannos a benvida, despois disto finaliza a ceremonia e lévannos, aos novos, a outra sala, alí explícannos que se temos algún problema non dudemos en acudir a eles, dannos a benvida, unha pregaria e invítannos a unha empanadilla, moi amables.
Despois disto o pastor quere coñecerme e darme a benvida persoalmente, moi familiar e cercano todo.
Marchamos dalí e Stephen convídame á súa casa que vai celebrar o seu cumple, toda a familia alí, vemos a carreira de motos e a comer, previa pregaria antes de comezar, calabajam ou planté (plátano cocido) con polo en salsa picante, non me entero de moito do que falan pero bueno.
Ao final estou con Samuel, outro dos fillos de Stephen, que ten polo menos 7 e cando estou na cociña ven a muller e come os restos da madeira calcinada da fogueira, eu proboo pois hai que probar e... está rico, salgadiño, e axuda a limpar os dentes, tíñaoo escoitado mais nunca probara.

Bueno pouca máis que contar, tarde tranquiliña amosándolle cousiñas de Galiza a Samuel, é boísimo este rapaz, e preparado para marchar a Yaoundé, mañá entrevista co embaixador español, a ver que me conta.

Un saúdo e un bico a todxs, ah e FELICIDADES PONCHIÑOOOOOO!!!!!!!

2 comentarios:

  1. Menuda misa máis chula! Cores, cantos, baile e alegría!!

    ResponderEliminar
  2. Parece TOTAL¡¡¡¡¡¡ tranqui k ya felicitamos a Poncho de tu parte¡¡¡ cuidese mucho Adriiiiiiiiiiiiii¡¡¡¡ ^^

    Recibe besos y abarazos viscosos y con MUCHO PIS¡¡¡ MUAJAJAJAJAJA¡¡¡¡

    :D


    KArLA

    ResponderEliminar