CORES DE CAMERÚN

QUEN SOMOS?

"Cores de Camerún" é unha asociación de axuda humanitaria formada por un grupo de amigos despois de viaxar a este país. O tremendo contraste entre a beleza dos lugares vivitados e a situación de desamparo que sofren as persoas máis desfavorecidas, como os nenos enfermos con minusvalías, nos sensibilizou para buscar maneiras de axuda que puidesen paliar os seus problemas.
Sobre o terreo puidemos comprobar que xa había algún proxecto iniciado que supoñía unha importante axuda para os máis dmnificados. A resposta da xente implicada nos conmoveu, o seu agradecemento e as súas mostras de afecto serán sempre recordos inesquecibles. Pensamos que se merecen todo o que poidamos facer por eles. Para nós deixaron de ser un problema xenérico a ter nomes e caras concretas.
Ao tempo interesámonos en atopar a forma de mellorar a súa situación, vimos que os proxectos nos que Luis Álvarez estaba implicado e o que esa axuda supoñía para a xente. Nese momento a primeira pregunta foi, que podemos facer nós? E a resposta foi crear unha ONG para explicar en Europa o traballo que alí fai Luis, e para buscar financiamento e colaboración para os seus proxectos. Cremos firmemente no que estamos a facer e seguimos loitando para conseguir mellorar a súa situación. O noso fin fundamental é evitar a miseria humana dentro das nosas posibilidades.



COMO TRABALLAMOS?

Dende a raíz do problema, dirixíndonos á "causa" do mesmo, directos á orixe da solución: identificación, análise, execución e seguemento.
Sen intermediarios mais con presenza sempre permanente de colaboradores.
Traballamos coas víctimas do sufrimento, que participan en tódalas fases do proceso, sendo clave para a solución do problema.
Minimizamos os gastos, sobre todo de funcionamento, dirixindo os devanditos esforzos ao investimento directo no proxecto, contando precisamente cos beneficiarios para a súa execución, así como con colaboradores locais cualificados.
Igualmente profesionais especializados na cooperación e acción humanitaria, contribúen de forma permanente e participan cóbado a cóbado co beneficiario directo do proxecto, eliminando e evitando a dilapidación e a corrupción.


PRINCIPAL OBXECTIVO

O noso principal obxectivo é a construción do centro ortopédico en Bambili.
Este proxecto é unha esperada obra que ten como fin dar cobertura médica a unha poboación que non ten recursos e moi poucos medios para desprazarse a outros lugares.
O proxecto consta de catro módulos que se irán construíndo segundo as disponibilidades económicas.
Coa posta en marcha do primeiro módulo, xa poderemos evitar que os nenos e adultos teñan que percorrer un traxecto dunhas 7 horas para ser atendidos noutras consultas, como acontece nos mellores casos, e nos outros tres módulos pendentes do Centro Ortopédico de Bambili contruirase un pequeno hospital para tratamentos de longa estanza e o taller onde o Dr. David poderá facer as próteses.
Para todo iso contamos con Luis Álvarez, cooperante Ourensán que colabora en vive en Camerún e co traballo e a experiencia do Dr. David, que estará a cargo do centro.

Estado actual do primeiro edificio





CONTACTO

Web: www.coloresdecamerun.org

Facebook: Colores de Camerún

Mail: info@coloresdecamerun.org

Dirección: Cantón Pequeño 6 10ºD A Coruña

Tel.: 981237422

Fax: 981902104



Ningún comentario:

Publicar un comentario