HAC

O COMEZO, unha carta do presidente de HAC (Acción Humanitaria Camerún)

CHÁMOME FINI JOSHUA CHITU E SON CAMERUNÉS

Nacín o 2 de xuño de 1959 en Bobong, Njinikom, situado na rexión noroeste de Camerún. Son titulado en "City and Guilds in Tropical Agriculture stage 1" do London Institute. Estou casado e teño dúas fillas e tres fillos.
No 2004 coñecín a Luis. Traballaba comigo como investigador de campo da ONG local de Belo. Co tempo iniciamos unha boa relación.
Como traballabamos na mesma organización, víamonos con frecuencia e falabamos de temas personais.
Debido ao meu mal estado, Luis ofreceume un dos seus pares de zapatos e a nosa amizade foi evolucionando gracias ás frecuentes visitas que faciamos a minusválidos en Njinkfuin, Njinikom, etc. A maioría destas viaxes facíamolas a pé, mais recordo unha vez na que Luis colleu a bicicleta da organización e montei nela. Dirixímonos a Njinkfuin para visitar a un discapacitado e, dado que o chan era esbaradizo, caimos na cuneta. Con este panorama, coñecer as necesidades básicas non era cousa fácil. As condicións de traballo deixaron de ser favorables e el abandonou o equipo, mais eu continuei. A pesar de estar físicamente separados, seguiamos xuntos.
Os bos recordos das nosas accións e compromisos cos menos afortunados deixaron pegada en Luis e, de forma periódica, enviábame regalos dende España. Como adoita decirse, unha persoa se contrúe polos seus actos e, a mediados de 2005 Luis regresou a Camerún, máis concretamente a Njinikom. Nesta ocasión, chegou coa súa "irmá" Magdelene de CEFED e non iba a permitir que marchase sen min. Explicoullo a Magdelene e aceptoume como voluntario. O 31 de decembro estaba a traballar con Magdelene, Luis e os directores espirituais no ciber de Njinikom. Garacias a que Luis e máis eu eramos compañeiros de traballo, meu grado de relación e as miñas funcións con Magdelene en Bamenda aumentaron e progresaron, xa que comecei a asistir a seminarios e conferencias sobre distintos tipos de discapacidades que se celebraban nesta cidade.
As tarefas diarias consistían en trasladar aos discapacitados dende os seus lugares de residencia. Neste sentido, dende que me familiaricei cos menores discapacitados, Luis confiou cada vez máis en min.
Se dúbida, esta era unha forma de prepararme para unha tarefa máis importante que iba a confiarme no futuro. O proxecto de Sylvanus, en Fundong, concluiu coa idea de crear unha organización. Ocurriu un bo día en Bamenda, cando me denegaron abrir unha conta no banco SGBC (Sociedade Xeral de Bancos de Camerún) e tiven que chamar por teléfono a Luis, que estaba en España, porque precisaban o nome da nosa organización-
Ao contactar con Luis el comezou: "ACCIÓN HUMANITARIA DE.." e eu completei con "CAMERÚN". Ao final as siglas HAC convertíronse no nome da organización.
Conseguín novos compañeiros de traballo, Tita Thomas Ajeck e Mufua Emmanuel. Con esta unión, a organización comezou a súa andadura con:
SR. LUIS ÁLVAREZ M COMO CONSEXEIRO INTERNACIONAL E FUNDADOR
FENI JOSHUA CHITU COMO PRESIDENTE E DIRECTOR
TITA THOMAS AJECK COMO SECRETARIA
MUFUA EMMANUEL COMO TESOREIRO
PERSOALMENTE DOU AS GRACIAS A DEUS POR ESTA ORGANIZACIÓN

Mr. Joshua con Sylvanus 


BREVE HISTORIA DE HAC


No 2004, Luis Álvarez Martínez chegou ao Camerún co principal obxectivo de identificar e axudar económicamente ás persoas menos favorecidas da nosa sociedade. Ese mesmo ano coñeceu a Feni Joshua e comezaron a traballar xuntos. Emprenderon unha viaxe por Belo, Njinikom, Fundong, Bafmeng, Bamenda, e a rexión noroeste do país. As condicións de vida e a multitude de discapacitados, horfos, viuvas, necesitados e, en xeral, dos menos favorecidos que coñeceron, fixeron que Luis maximizase os seus esforzos para mellorar a situación destas persoas. En consecuencia, España e Camerún están máis unidos, xa que somos testigos das viaxes anuais a Camerún de Luis. A medida que o traballo iba en aumento, a necesidade de buscar a outros colaboradores mellorou en 2009 coa adhesión de Tita Thomas e Toh Emmanuel. En maio de 2010, a organización HAC, que xa fora concebida e estaba en proceso, viu a luz como un medio mellor para axudar ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade.


NOSO OBXECTIVO?
  • Abordar a pobreza, aliviar, reducir e eliminar a angustia, a dor, a miseria e calqueira tipo de sufrimento dos seres humanos, comezando dende os máis vulnerables.
  • Protexer, preservar e promover a natureza e o medio ambiente. Por os recursos naturais ao servizo dos menos afortunados para así compensar e equilibrar a súa situación.

COMO TRABALLAMOS?

Indo á raiz do problema, guiando os nosos esforzos á "causa", buscando directamente a solución. Identificando, asesorando, realizando e controlando sen necesidade de intermediarios, dunha forma inmediata e inexorable tódolos ámbitos que abordamos.
Interactuando coas persoas que están sufrindo e involucrándoas en todo o proceso da nosa estratexia e adicación para loitar contra a súa situación fatal.
Disminuíndo os gastos operativos e reducindo os actos protocolarios, centrándose na execución do proxecto a través dos nosos beneficiarios e funcionarios comunitarios que están comprometidos coa causa. Ademáis de profesionais e expatriados cualificados que se involucraron na acción humanitaria e na cooperación. Traballando xuntos, directamente co beneficiario, loitando contra o despilfarro, a corrupción e a ineficacia.


ALGÚNS LOGROS

  • Auga no centro de discapacitados
  • Construcción da vivenda para un discapacitado (Sylvanus)
  • Comida e asistencia educativa para as familias máis angustiadas
  • Fonte y horta para discapacitados
  • Fuente para algunhas viuvas e orfos
  • Axuda no proxecto de auga para unha comunidade de 3000 persoas e outras pequenas comunidades
  • Asistencia médica para algunhas familias necesitadas

ACTIVIDADES
  • Acceso á auga en cominidades máis desafortunadas: fontes e pozos
  • Microcréditos a mulleres vulnerables
  • Eforzámonos por garantir o acceso á educación e á saúde aos menos afortunados
  • Dispoñemos de un viveiro dirixido á reforestación con especies autóctonas
  • Protexemos e melloramos nosos recursos naturais

CONTACTO

Emails: chifujoe@yahoo.com
             haccameroon@yahoo.com

Tel.: (00237) 79362023
                      77784654

Ningún comentario:

Publicar un comentario