18 de set. de 2013

NA OBRA E DE PASEO

Martes, o habitual, ás 7:30 en pé, almorzo e a traballar, hoxe diríxome á obra, teño que facer unhas medicións. Primeiro un taxi e logo mototaxi.
Chego alí e xa está Protus, o albanel, traballando duramente, hoxe comezamos coa limpeza para a captación de auga. E alí machete na man e a pleno sol. Facemos unhas comprobacións, fotiños e de volta.




Baixo dando un paseo pola zona da universidade, hai ambientiño pois en outubro comezan as clases. Unhas rapazas dun colexio míranme e din: "ese branco ten o pelo trenzado" e rinse, outra "pero é un home ou muller?". Un pouco de sandía e vexo nunha tenda destas que teñen de todo guitarras á venda, pregunto por curiosidade, 25000 fcfa, uns 35 €, e sen cordas, case que paso, outro día igual lle regateo se a baixo a 20 € igual a merco.
Bueno volta á casa e arrancamos, paseo por Bamenda, nun momento pasan un montón de coches e motos con bandeiras verdibrancas, son as cores do SDF (Social Democratic Front), os independentistas de aquí, son as elecións o día 30 e acaba de comezar a campaña.
Imos xunto Fantah Bengy e recollemos a Ana no hospital, hoxe imos de tranquileo, comemos pizza!!!, botábaa de menos, outro paseíño pola vila e reunímonos con Eva e Fátima, as que traballan no hospital con Ana, cervexiñas e conversas de todo tipo, a verdade é que de cando en cando da gusto estar con xente que fale castelán, a parte de que son simpatiquísimas, desa xente coa que se conecta rápido.
Converso un bo rato con Fantah sobre o rastafarismo a música e  formas de vivir.
Voltamos cara o hospital a deixar a estas dúas rapazas no coche deste rastafari cunha sirena malva e fotos de Mandela, Gadafi, Obama, Luther King por todos lados, e a súa música a todo volume, non sei se vos contei que este home e pintor, profeta, filósofo e cantante. Gústame falar con el.

Uns chouriciños e cacahuetes na casa, lectura e a durmir.

Un saúdo a todxs

2 comentarios: