9 de set. de 2013

VIAXE DE IDA E VOLTA

Levántome, almorzo e preparo a mochila, vou pasar estes días en Njinikon.
Antes teño que ir ata a vila, preciso algunhas cousas, no taxi outro blanco!!, é raro coincidir dous nun, este é un fraile xesuita parece.
Chego a Bamenda e póñome a buscar unha panadería que teño fichada, ou eso pensaba porque non a atopei, desoriéntome bastante nestas vilas e cidades, bueno un paseíño polos mercados. Parada no posto de Julius a saudalo e quedamos en falar á volta, esta fin de semana, vaime ensinar unhas cuantas cousiñas, de artesanía e da cultura e tradicións de aquí.
Bueno chamo a Augustin para que me veña a buscar, media horiña de espera e marchamos previa parada na panadería e na casa a recoller a mochila.
Como non aos 20 minutos un militar, este pártese de risa como de costume e dalle 1000 francos mais o militar quería máis, despois dun ratiño marchamos de alí.
Hoxe trouxen uns chourizos para convidar a Augustin, preparo uns preñados e encántanlle, e a min soubéronme a gloria, un día destes a ver se vou a algún sitio no que poñan comida distinta.
Paradiña en Mbingo para saudar a Enmanuel, unha das persoas ás que lle levei un ordenador, moi contento.
Comeza a chover e de súpeto o coche que non anda, unhas probas e nada, mira no motor e olvidárase comprobar o aceite fai tempo e non ten nada. Así que marcha a buscar un mecánico, eu quedo alí poño Bob Marley e a sobar, de súpeto vexo sair unhas 4 ou 5 minicucarachas do meu asento, vai brinco peguei (e eu pensaba que a miña furgo estaba sucia).
Bueno unha horiña alí e aparece co mecánico, uns martillazos por aquí unhas tuercas por alá, e nada era o aceite. Unha foto para conmemoralo.


E á fin chegamos a Njinikon, non me esperaban ata máis tarde así que a esperar, namentres imos a comer ao restaurante do lado.
Recíbenme, hoxe imos facer o "planning" para a miña visita. Hoxe está outro dos fundadores, que non coñecera na miña visita anterior, explícanme como se formou a organización, o nome é HAC (Humanitarian Action for Cameroon). Funcionamento totalmente horizontal, non hai xerarquía, a base da súa filosofía de traballo: ir directamente a onde está o problema, e sempre con pequenas accións, agora están tratando de levar a rapaces á escola que non teñen como ir e de dar clases a persoas adultas que teñen a vontade de aprender.
Pregúntanme como vexo o país, coméntolles que me gusta a forma que teñen de relacionarse, pois existen moitas comunidades distintas de xente e nótase que están moi unidos, axúdanse os uns aos outros. Tamén falo sobre o goberno, que é un dos maiores problemas do país, pois aquí hai ricos moi ricos (uns pouquiños) e pobres (a meirande parte). Bueno non ando moi desencamiñado mais tamén explícanme outro problema que está na mentalidade da xente, moitos teñen cartos mais no canto de utilizalos algo coma a construción dunha fonte ou un pozo, esperan a que alguén veña a facelo.
Están a facer un gran traballo e como xa comentei a outra vez, totalmente voluntario, aquí ninguén gaña cartos. Pola miña banda, quedei en preparar uns planos para unhas posibles futuras instalacións, pois o seu obxectivo é medrar, mais sempre aos poucos.
Bueno o "planning", mañá visitas a distintas persoas que están a axudar, dinme que fai falta o coche, así que como xa está pagado decido voltar con Augustin e mañá vir con el, sería absurdo pagar a maiores unha noite de hotel aquí. O mércores estarei por aquí, a ver que fai falta e o xoves de ruta, subiremos ata unhas colinas bastante altas a visitar unha comunidade musulmana que viven da cría de cabalos e vacas.
Voltamos e o meu estómago protesta, na comida foiseme a olla e bebín auga da que non debía, pero nada pequenas molestias, un "lemon tea" e coma novo. No bar falo cun rapaz, Napoleon, leva unha hora agardando por unhas amigas, é cantante, intercambiamos teléfonos, quedaremos a fin de semana.

E nada máis por hoxe, vou a descansar que mañá ás 8 marchamos, un saúdo a todxs.

1 comentario: