26 de set. de 2013

AUGA NA OBRA!!

Martes, hoxe levántome ás 9:30, estou rebentado, penso que é o día que máis tarde me levantei dende que estou aquí, almorzo e traballo na casa. Chámame Protus o albanel e reúnome con el aquí, segundo pago para o proxecto de auga, abúrrome un pouco hoxe así que voume dar un paseo con Maelo (o can). Media horiña e de volta, sempre chego a algún sitio no que non podo seguir, ademáis funme en sandalias, de gañán, así que decido marchar á vila.
Unha vez alí xúntome con Julius e aos 10 minutos aparecen Jonas, o artesán menciñeiro e o seu axudante, que casualidade!! Imos a comer ao bar do seu irmán, pido espaggetti, tiña moitas ganas de comelos. Julius cabrease pois cóbranlle 1000 FCFA polo achú, cando o normal son 500 ou 600.
Un paseíño polo mercado de comida, merco papaia e sandía para os almorzos, teño que tratar de aforrar un pouco, que entre transportes e comer todo o día por ahí os cartos vanse incluso aquí. Visita ao super, estou sen auga mineral e comeza a facer calor, preciso reservas, e volta a Mile 6.
E nada pouco máis hoxe, curro na casa, creei a sección "Cores de Camerún" no blogue, ahí está para que coñezades un pouco máis esta ONGD galega.
Ceniña, arroz con alubias, pelis e a durmir.

Mércores, levanto ás 8:00, espabilo e ao restaurante, pouco que facer teño, bueno en realidade non, así que póñome co meu proxecto que xa o tiña olvidado e xa teño material abondo para ir comezando. Almorzo pan, té e papaia (estoulle pillando un gusto a esta froita, pena que non se dea en Galiza).
Preparo escritos do proxecto e nada a comer, plátano frito con ndolé, esta bo mais un pouco salgado de máis, sesta de dúas horas e  chámame o Dr. David, quedamos para ir ver a obra, unha vez alí queda encantado co traballo feito ata agora. Vou mirar a traída da auga e temos unha fuga, mañá o repararán, mais todo funciona.


Un paseíño ata a granxa de polos que hai ao lado, este home merca 4 polos (vivos) por 2000 FCFA, uns 3€, e ademáis lévase uns tablóns.
Agora ben o difícil, como levar 3 tablóns máis largos que o coche e sen baca, pois baca humana, imos outro rapaz e mais eu co corpo fora, sentados na ventanilla e agarrando os tablóns (pena non ter feito unha foto) que van sobre o teito e cunha bolsa de rafia para que non se movan moito...
Descargamos e imos ata o restaurante da casa, cervexiña e chega Luis de Douala, cena, peli e a durmir.

Un saúdo a todxs

Ningún comentario:

Publicar un comentario