19 de set. de 2013

TARDE DE XOGOS EN CEFED

Mércores, primeira hora de traballo, mails, planiños, blogue... xa teño unha pequena rutina que me axuda a organizarme un pouco mellor.
Sobre as 9:30 da mañá comezo a escoitar pitidos e un barullo tremendo, saio a mirar e son os do SDF que siguen coa campaña, hoxe bloquean a gasolineira que hai enfronte da casa.
A iso das 11 arranco cara a vila e reúnome con Julius, confirmado, o venres imos a ver danzas africanas, a ver se me ensinan algo tamén.
Conversa con el e paseíño por Bamenda, unha empanadilla de peixe, un xelado, visita ao campo de fútbol, ahí vai unha foto, é un equipo de 1ª división, están entrenando, creo que se aprecia a diferencia de nivel entre España e Camerún.


Visitamos a tenda da irmá de Julius, un ratiño alí, explícolles o que viñen facer ao seu país, son agradables.
Bueno seguimos a nosa ronda, ao super a mercar caramelos, esta tarde voltamos a CEFED e quero levar algo para os cativos.
Sobre as 13:00 quedei no taller de Fanta Bengy, mais cando chego non hai ninguén, chamo a Luis e nada tócame esperar, así que como no bar de enfrente con Julius, "water-fufu and eru", aprendemos inglés eu e Julius castelán, cando marche voulle dar o meu dicionario.
E nada chega Fanta sobre as 14:15 e marchamos cara o hospital de St. Mary, recollemos a Ana, Eva e Fati e a buscar a Luis tamén. Camiño de CEFED a filla de Fanta, Queena queda sobada sobre os tres que iamos atras, é bonitísima, o rasta non para de cantar en todo o camiño, así da gusto. Chegada ao centro un paseíño.


Reparto caramelos e poñémonos a xogar cos nenos, Fati e mais Eva trouxeron globos, encántanlles, alucino vendo escribir cos pes ás rapazas que non teñen brazos, impresionante. Estes cativos son dignos de admirar, axúdanse os uns aos outros, son unha grande familia. Tamén as traballadoras que pasan aquí o seu día a día, que forza ten esta xente!! Bueno unhas fotiños.







E nada volta á casa, non sen unha parada cos militares, lección: ir sempre identificado, con esto non soltar nada nunca, que pase o tempo que sexa que levan eles as de perder pois podes denuncialos por corrupción.
Ao final despois de gritos e un ratiño alí parados deixannos pasar.
Luis é todo un maestro, sabe como moverse, como falar, cando calar, ademáis de o gran traballo que leva facendo aquí durante dez anos, non teño máis que palabras de admiración.
E con todo isto, unha cervexiña polo camiño, novas conclusións, ideas e ganas de seguir a traballar, chegamos ao hotel que hai máis abaixo da nosa casa, ceniña polo con patacas fritidas e de volta baixo a luz da lúa que está impresionante, toca descansar foi un día duro.

Abrazos a todxs 

1 comentario: