28 de set. de 2013

NA METADE DO CAMIÑO

Sábado, traballo de mañá, almorzo forte, papaia, ovos, pan, te con azucre hoxe, quedo petado. Curro na habita ata que ven Luis, vaime presentar a Ben, un rapaz de 19 anos que xa estivo por terras ourensanas, Luis cóntame que alí tiña unha familia de acollida que ao cabo de dous meses botouse atrás, unha pena, o rapaz quere estudar, e está a estudar algo relacionado coa informática. Vouno intentar axudar, aínda non sei moi ben como mais fareino, xa se me ocurrirá algo. Regálolle un par de camisetas que lle virán ben.
Outra cousa, decidín aportar uns 30 € para a escolarización dunha rapaza, Chanceline, aínda non a coñezo pero precisa esea cartos para asistir este ano a clase, pago de taxas e demáis (por unhas cervexas ou cigarros menos).
Duchiña e conversa con Ben, vese que é bo rapaz ademáis xa sabe un pouco de castelán e xoga o baloncesto, unha destas semanas movereime ata a cidade onde vive, Bafoussam, xa teño ganas de moverme un pouquiño que aínda que estou ben en Bamenda preciso ver outras cousas.
Preparámonos para marchar a CEFED, o centro de discapacitados, teño unha lata de paté que merquei no super mais non teño abridor, voullo pedir a Belinda e dime que si, mais utiliza un coitelo, voulle mercar un.
Chega Augustin e arrancamos, bocadillos de paté e xa no centro, recíbennos sempre cunha felicidade incrible, séntome cos rapaces, primeiro a ver a tele, logo a xogar, tres en liña, damas...unhas risas. Quedaron moi contentos coas pulseiras e collares de onte.
Un ratiño mais e volta, imos sair pola noite, ven Peter Hans, amigo de Luis, moi animado e moi mullereiro, bueno son así todos os homes de aquí, a maioría ten muller e logo outras por ahí.
Paramos no Biberón e reunímonos con Protus para amosarlle o que queremos para a obra, todo queda máis ou menos acordado. Cervexiña, empanadilla, falamos das eleccións que son o luns e dinos que está prohibido andar en coche por ahí, só ambulancias e os que controlan as votacións.
Sufrimento para coller un taxi e volta á casa, eu baixome e Luis vaise ao hotel a conectarse.
Conversa con Belinda, é boísima esta muller, ceno algo e sigo a falar con ela, coméntolle que non entendo como a xente pode votar ao partido de Paul Biya, que é o que leva gobernando dende que Camerún é Camerún, dime que total non sirve de nada, tamén é verdade. Existen máis partidos? sí pero moi minoritarios, realmente aquí están os que mandan CPDM, e os outros SDF, independistas desta rexión, e para de contar.
Sigo á espera de Luis, dame a min que non saimos, voume á habita e aparece ao ratiño mais Fanta non ven así que sen coche nada, bueno pois vou a escribir no blogue.

E aquí estou, decátome de que hoxe cúmprese xusto a metade da miña andadura por terras africanas, moito aprendido mais moito por aprender. Podo dicir con seguridade que este tempo xa me cambiou para sempre, nada voltará a ser igual na miña forma de vivir e de entender o mundo.
Vexo que somos moi difrentes en moitas cousas, mais tamén moi parecidos, a esencia do ser humano séguese a apreciar aquí, tanto para ben como para mal. Escoitei que cando alguén rouba, se quixeras poderías matalo ou cortarlle unha man e quedarías impune. Tamén me enterei dun caso dun tipo ao que lle pegaron un tiro, e sen estar morto, atárono a un coche polos pes e o arrastraron polas rúas da vila ata que morreu.
Aquí aínda non chegaron todas esas comodidades que nos fan máis inútiles a cada minuto que pasa. Vexo máis conexión coa terra aínda que ningún respeto por ela, pois a basura tírase en calqueira lugar sen ter en conta nada.
Non hai control de nada, non digo que se controle todo como en Europa mais un pouquiño non viría mal.
Hai unha desproporción inmensa entre unhas rexións e outras do país, mais a maior desproporción está entre ricos e pobres, hai catro cabróns que viven como dios e impórtalles un carallo o que pase co resto, e aínda se atreven a chamarlles irmáns, hipócritas.
Así que como vedes hai cousas boas, regulares e malas, como en tódolos lados, mais está ben claro que a culpa de moitas destas cousas non está na xente de a pé, senón neses que teñen os cartos e non teñen ningún problema en gastarse o necesario para a vida dunha ducia de familias en obxetos ou calqueira basura da que se esquecerán nunha semana.

E nada máis, que estou a gusto aínda que un pouco cabreado co mundo

Un abrazo a todxs


1 comentario:

  1. Éche así, todos diferentes, todos iguais... Non te cabrees co mundo, aproveita as boas cousas del e trata de cambiar aquilo que non che gusta. Non sei se te lembrarás desta frase de papá: se te enfadas, tes dous problemas, enfadarte e desenfadarte ;) Unha aperta grande!

    ResponderEliminar