8 de set. de 2013

UN DOMINGO ACTIVO

Onte a noite aburríame e tiña que acabar a batería da cámara así que púxenme a facer fotos, aquí vos amoso a miña habitación e lugar de traballo.


Hoxe domingo, esperto as 7 e media como de costume, quedo na cama, ás 8 venme a chamar Sam, a ver se vou a misa, mais hoxe non me apetece así que decido quedar por aquí. Non hai ninguén, son o dono do lugar.
Almorzo na habita con moita calma e póñome a traballar un pouco, uns planiños por aquí, descargas de libros que atopei sobre construcións populares, xa teño bastante documentación, fáltame organizala e facer un pouco máis de traballo de campo, bueno e traducila porque está todo en francés (non sei se vos pasa mais o francés lido e moito máis doado que escoitado).
Ordenación do meu habitáculo que comezaba a parecer un estercoleIro e pouco máis, estou famélico, a ver se chega Belinda que xa son as 12 e ás 14 quedei con Augustin para que me leve xunto a Julius. 
Antes da comida chamada esperada, é Luis que xa está en Douala, así que esta semana virá por aquí e poderemos comezar coas obras.
Á fin aparece Belinda que fóra a levar aos seus cativos á vila na que teñen a escola, e como plátano con arroz e terneira en salsa de tomate.
Chega Augustin e marchamos, reunímonos con Julius, imos ata Mankon a ver outro palacio.



El criouse alí, é parte da familia real. No museo vexo moitas máscaras, traxes, utensilios, resulta que a meirande parte do que alí hai está feito polo meu amigo, imos facer bos negocios penso eu, ahí van unhas fotiños.




Saímos de alí e imos cara as dependencias das raíñas, quéreme presentar a unha das súas nais mais non está, entón imos aos dous bares da aldea, no primeiro paramos a falar cun amigo seu, é rastafari, o primeiro que coñezo dende que cheguei a África, no segundo quedamos a tomar unha cervexa, está xogando Camerún e aquí o fútbol é sagrado, xóganse a clasificación para o mundial. Conversamos moito da vida, sociedade, relixión, imos levarnos ben porque aínda que nalgunhas cousas pensamos diferente respetámonos e iso é o máis importante.
Gaña Camerún e todo o mundo contento, imos dar un paseíño, vaime presentando a todo o mundo, paramos en dúas ou tres casas, nunha delas coñezo ao director dun grupo de danza e quedamos para ir a velos en acción outro día.



Dalí imos ata a casa de Julius, quérema amosar para que saiba como chegar.
Volta á casa, ceniña e a escribir, estou animado, mañá parto de novo cara Njinikon a convivir e traballar uns días coa xente de HAC, a organización da que xa vos falei (ver A NICE DAY), non sei se me conectarei moito por alí así que tranquis que cando volte vou ter material abondo para escribir.

Un saúdo a todxs e boas noites, vou durmir que tou mallado.

1 comentario: