17 de set. de 2013

CEFED: DANDO OPORTUNIDADES Á DISCAPACIDADE

Luns, esperto descansado e tranquilo, almorzo no restaurante ovos revoltos, pan, mel e te.
E poñémonos a currar, planos, facturas, fainos falta pasta para seguir coa obra, a ver se esta semana chegan os cartos.
De todas formas imos ben, reunímonos co albanel e vai comezar coas reparacións e a traída de auga sen que lle adiantemos cartos, aínda se porta o tipo, caeme ben.
Máis tarde reunión coa xente do tellado mais estes si que queren os cartos antes de comezar a poñer as tellas, é o que pon o contarto así que teremos que agardar.
Bueno é a 13:00 e chega Augustin, hoxe imos a CEFED, un centro de discapacitados en Santa, outra población cercana. Ven Sam con nós, paramos a por pan para nós, Luis trouxo xamón, queixo e chourizo, mmmm, e bolos para os cativos.
Seguinte parada a recoller a Elliot, un rapaz discapacitado que imos levar á escola para que xa quede alí.
Seguimos a por Ana que é técnico de laboratorio e está a traballar no hospital St. Mary, que levan unhas monxas españolas, entramos e é o sitio máis limpo que vin ata agora, un cambio drástico. Alí hai outras dúas españolas traballando, Fátima de Tudela na farmacia e Eva de Barcelona no laboratorio con Ana. Xa levan aquí uns mesiños.
HAC atopou un rapaz con VIH en Njinikon, e alí é difícil que lle dean o tratamento, estas dúas rapazas estiveron noutro centro no que disque non son moi estrictos á hora de dalos medicamentos, quero dicir que se alguén o necesita de verdade e se compromete a seguilo non lles importa á zona de donde veña pois poida que non lle corresponda ese hospital.
Bueno seguimos o noso camiño, uns bocatas, paradas para fotos e unha obligada pois o coche non andaba.




Paramos nunha gardería, onde está Victor un amigo de Luis, mais os rapaces xa marcharon así que imos ver a súa casa, media horiña alí e por fin chegamos a CEFED (Center for Empowerement Of Women with Disability). Un montón de rapaces discapacitados viven alí, moitas risas abrazos e fotos.





Uns xogos, ver as instalacións, construiron unha nova cociña mais o tellado está mal executado, as tellas vense fatal e de mala calidade, é unha pena cando saen mal as cousas, supón un gasto moito maior. Unha foto na que saio coa cociña ao fondo.


De alí voume con Sam e Augustin ao río que hai ao lado, vanme ensinar o palm tree, do que se fai o palm wine do que xa vos falei, e vou coller sementes para tallar e probar a facer algo.


E pouco máis, outro proxecto máis coñecido e outro exemplo do que se fai aquí.

Un saúdo a todxs

Ningún comentario:

Publicar un comentario