6 de set. de 2013

YAOUNDÉ

Domingo 20:00 horas, xa é noite fai hora e media, pregaria da dona do lugar para protexernos na viaxe e arranco con Belinda cara a estación de buses, imos camiñando onde a súa familia, pois veñen con nós 3 sobriños seus (Harriet, Djinho e Given) mais catro ou cinco paquetes con productos da zona.
Chegamos á estación as 20:30, o bus sae ás 22:00 así que toca esperar, isto está abarrotado pois ao día seguinte comezan as clases e os rapaces voltan ás súas casas.
Imos onde o autobús, non ten mala pinta, tras innumerables cambios de sitio, pois a xente leva de todo e hai que deixar paso (vexo pasar ante min dende mobles ata cabritiñas, os buses cargadísimos), subimos a menos dez mais o bus non sae ata e media (incrible, só media hora despois da hora fixada!!!).
Un dato, aquí ti pagas o asento e se caben tres persoas nel perfecto (comparados cos de Ryanair son unha caixa de cerillas), polo que temos tres asentos para cinco persoas, dúas delas son nenos pequenos, aquí unha foto para que vexades como iamos.


A viaxe, calor, baches, o conductor vai a 110 polo menos igualmente, hai momentos nos que chimpamos no aire uns 30 cm (exaxeradoooo) por riba do asento, é coma ir nunha montaña rusa mais sen cintos, unha locura, durmir algo durmín.

Luns chegamos a Yaoundé ás 6 da mañá, e imos á casa de Gladys, unha irmá de Belinda, alí os dous fillos desta última, John Paul e máis Enma. Almorzamos alí con vídeos de Celine Dion e ás 9 vou cara a embaixada, que está bastante cerca da casa, aínda así imos en taxi (aquí vaise en taxi a todos lados), acompáñame Gladys.
Antes de nada quero agradecer á miña tía Merce o contacto coa embaixada, portáronse moi ben comigo, teño bastante información para guiarme no proxecto, deixáronme un par de libros que fotografiei e déronme direcións das poucas librerías que existen na cidade e no país. Ademáis redactaron unha carta dirixida ao ministro de "L'habitat e developement urbain" solicitándolle me concederan unha reunión con alguén do devandito ministerio para axudarme no traballo. Aquí unha foto para conmemorar o momento (cando lla pedín insistiu en que fose ca bandeira de fondo).


Saio dalí e Gladys segue esperándome, pídolle perdón pois non pensaba tardar tanto e ten que abrir o seu bar, imos cara alí, invítanme a comer e beber, morro co sono mais quero ir ás librerías na procura dalgún libro que me sirva.
Gladys chama a un amigo para que me acompañe, espera dunha horiña e aparece, Eric, que fala castelán, ben!! Imos á primeira librería e nada, parece que é difícil topar algo sobre construcións populares neste país. subimos noutro taxi e unha muller pregúntame se son militar, río e pregúntolle por que mo di, e dime que polo pelo, non entendo nada... O que iamos segunda librería e nada.
Neste momento Eric dime se tomamos unha cervexa nun bar dunha "amiga" súa que está alí ao lado, e imos, según entro paréceme un bar un tanto extraño, ademáis hai aire acondicionado e homes moi elegantes, comezo a malpensar e dígome a min mesmo: non sexas malpensado, mais ao cabo dun rato as miñas sospeitas confirmáronse, o tío levoume a un bar de "señoritas", vaia personaxe como me leva alí!! apuro a cervexa e insistolle en marchar dalí.
Ao final voltamos cara o bar de Gladys e unha vez alí tiro cara á casa con Enma, alí xogos cos rapaces e uns doces que collín polo camiño. 
Unha cousa que non comentara, aos anglófonos cóstalles mogollón dicir o meu nome así que todos me chaman Andre ou algo así, repetino e repetino A-dri-án, e nada Andre, os rapaces comezaron a chamarme "uncle Andre" (tío Andre).



Máis tarde unha cervexiña e algo de cear (pinchos de cerdo) con Belinda e un amigo seu policía e a durmir, recordoume a cando nos xuntabamos tódolos primos e durmiamos na mesma habitación, calor abafante e cheiro a tigre que tira patrás, paseino ben mais sudei moito e picáronme os mosquitos.



Martes, hoxe é o meu cumpre!!! levántome un pouco morriñento mais pásaseme pronto, dígolles que hoxe invito eu á comida, Belinda vai facer "achu with yellow soup" (próximamente na sección cociña africana), así que toca mañá de mercados, ahí van unhas fotiños.




Cociña na casa e imos cara o bar a comer todos, cántanme o Happy Birthday e tal, máis fotos.





Agora como non tócame agardar, quedei con Deco, un dos de Bamenda para ir á súa casa hoxe, falo con el e dime que chegará as 16:00, ven dende Douala, ao final ás 17:30, e o meu teléfono escarallado, nin oio nin me escoitan. Falo con el mais decido non ir pois xa é noite e teño que moverme, non é moi recomendable andar por ahí pola noite coa mochila e o portatil enriba, e menos para un "whiteman".
Volto á casa con Belinda e os rapaces e como non... atasco (odio estas cidades tan grandes), unha cervexiña e a sobar.

Mércores, estou á espera de falar co ministerio, a ver se me dan cita esta semana, Belinda marcha cos seus fillos cara Bamenda e eu voume a camiñar pola cidade que ata o dagora non a vira como a min me gusta, pateando.
Yaoundé é a capital política do país e nótase ben, nesta cidade podes atopar supermercados coma os de aquí, vin bastantes productos españois incluso, vese outro nivel, eso sí só nas zonas privilexiadas, o resto e igual que en todos lados. De feito nesta cidade descubrín os peores baños do mundo (riete ti do da peli Trainspoting, que asco!!).
Quedara con Gladys no seu bar mais aínda non chegou así que continuo camiñando, chego ao Banco dos Estados de África Central e sácolle unha foto pois é un edificio singular, dos poucos que hai, sigo camiñando e aparece un segurata a dicirme que teño que borrar a foto, que lle imos facer. Unhas voltas, un pouco de auga e papaia... unhas fotos.




Cego ao bar outra vez e xa está Gladys, axúdolle a montar e limpar as mesas e quedo á espera para mercar un teléfono. Namentres pídolle se pode chamar ao ministerio pois o meu francés para iso non dá, chama e pásame a chamada, non me entendeu, devólvolle o teléfono pois a muller que está ao outro lado non me entende nada, mais a carta aínda non chegou, bueno xa seguirei chamando.
En media hora ou así aparece un dos tantos que andan a vender cousas polas rúas, este trae teléfonos e despois da negociación, por 10000 francos, uns 15 € teño teléfono tecnoloxía punta china, falsificación de Samsung mais podo poñer 2 sims dentro.
Agora tócame agardar outra vez, desta a que cargue o teléfono, un par de horiñas, aproveito para escribir e descansar, comeza a chover, Gladys ponse a durmir e pasa de atender aos clientes que entran e míranme desconcertados, a piques estiven de poñerme a servir. Tamén a entendo, érguese tódolos días sobre as 6 da mañá e non volta ata as 10 da noite.
Teléfono cargado, chamo a Deco e arranco, teño que ir ata o hotel le Flató ou algo así, un ratiño para coller un taxi e nada, así que recurro á lei de Murphy e comezo a liar un cigarro, nese intre aparece outro home que vai ao mesmo sitio, acendo o cigarro e temos taxi, viva Murphy!!! Chegamos ao sitio e dime é ese mais eu leo Hotel Oasis, resulta que si que é o hotel le Flató, pois alí está Deco, o dos carteis cos nomes dos sitios non funciona moi ben.
Deco ten alí unha oficina pois estuda enxeñería de telecomunicacións e durante o verán traballa controlando a execución de antenas para telefonía, parece xente de cartos. Cervexiña e conversa, saca o tema dos gays, aquí están moi mal vistos, a xente se descubre que alguén é homosexual péganlle unha paliza, eu doulle a miña opinión e non lle gusta moito cando lle digo que coñezo a xente que o é, tamén lle explico que en España fai anos tamén estaba moi mal visto mais as cousas cambian. Deixo alí a mochila e imos a comer a un senegalés, polo con plátano e patacas, e zume de papaia e piña, do mellor que comín ata agora.
Un paseíño por un parque e despois á zona dos ministerios, prgúntolle a Deco se podo sacar unhas fotos, dime sen problema esto é público.



A primeira é o edifico do primeiro ministro e a segunda o lugar onde fan os desfiles militares, pois ao sacala chámanos un militar e di que non podemos sacar fotos alí, mentira, di que vai chamar ao xefe e que xa falaremos con el, pffff, identificámonos e Deco dime que chame á embaixada, no acto de coller o teléfono un dos militares chama ao meu amigo e dille que se lle podemos dar algo, amigo o que querían eran cartos, solto 700 francos, pouco máis de 1 € e listo, cousas da corrupción neste país.
Voltamos cara o hotel, unha cervexiña e imos á súa casa, estou rebentado, confirmadas as miñas sospeitas son xente con cartos, casaza e teñen de todo, ordenador, televisión, equipo de música..., ven o seu irmán, Handel, e conversa sobre a situación de Europa, África, as diferencias, aquí a maioría da xente non ten nin idea da forma en que chegan os africanos a España, explícolle un pouco o tema das pateras e de como están a vivir a maioría deles en Europa.

Xoves, levántome ás 7 da mañá, un baño que xa me facía falta e almorzo contundente , fufukon, é fortísimo mais rico, ás 8 saimos da casa e, despois dun mototaxi e dous taxis chegamos á parada de buses, son as 8:50, o bus sae ás 9:00, alí un amigo de Handel, Ayumi, teño compañeiro de viaxe, este estuda políticas.


12:00, saímos de Yaoundé, sen comentarios.
Nesta viaxe descubro de onde sacou Ryanair a idea do mercadiño pois durante gran parte do traxecto, ofrécennos caramelos, té verde, un líquido para atraer as mulleres, cepillos e pasta de dentes...
Paisaxes preciosos, unhas cantas paradas entre militares, peaxes... na maioría delas súbense ao autobús un montón de rapaces vendendo froitos e demáis. Aquí unha imaxe do río Senaga, neste punto mide 1 km de ancho.


Chegada a Bamenda sobre as sete da tarde, estas viaxes son matadoras, ceniña no restaurante do hotel e a sobar.

Un saúdo a todxs e gracias polas felicitacións no día do meu cumpre.

2 comentarios:

  1. Vaia aventuras!! O da morriña é normal, e máis nunha data tan especial. Mándoche un abrazo moi moi apretado (como di a avoa) para darche moitas forzas!! Bico!!

    ResponderEliminar
  2. jajajjaaj, asi q de putis eeh? besiños uncle Andre!!

    ResponderEliminar