7 de set. de 2013

NA MIÑA SALSA

Venres, tras unha noite de descanso desexado trala viaxe érgome animado pois xa estou outra vez en Bamenda que xa é a miña casa en Camerún. Un almorzo rápido na habitación, un pouco de traballo e collo un taxi cara a vila.
Dende o taxi vexo un rapaz vendendo artesanía, dame bo rollo así que baixo do taxi e vou directo cara el, explícolle que eu tamén fago cousiñas e estou interesado en mercarlle algunha das súas para levarme, din no clavo!! Chámase Julius "CrossAfrique", comparto o meu tabaco con el, falamos un rato e conxeniamos rapidamente, é do meu rollito. Cóntame un pouco da súa vida, aos 5 anos o seu pai morreu e ao pouco tempo a súa nai quedou cega, así que tivo que buscarse a vida, traballou matando vacas, estivo en Gambia, Congo Brazzaville, Nixeria e non sei cantos máis países vendendo a súa artesanía, digno de eloxio.
Explícame algo sobre o que tiña curiosidade, aquí na parte anglófona do país están loitando pola independencia, escribindo ás Nacións Unidas eh, non coa loita armada, cóntame que antes da unificación xa aquí tiñan a súa propia capital (Buea), teñen recursos de sobra e o goberno non fai máis que poñerlles trabas, está ilusionado con que o poidan conseguir.
Ao rato regálame unha pulseira, e dime ti e máis eu xa somos "brothers", mércolle outra para Belinda, quero regalarlle algo en agradecemento por como se está a portar comigo, meréceo.
Comeza a chover e ten que tapar o seu posto, imos ata a tenda da súa irmá maior, que é coma súa nai, son musulmáns e venden roupa, máis Julius non o é (non me acordo que me dixo que era, protestante ou algo así).
Pregúntolle se ten fame e invítoo a comer, como non, "achu with yellow soup" prato por excelencia desta zona, despois da comida un viño de palma, que é coma o licor café alá.
Voltamos para o seu posto e quedamos en vernos o domingo, vaime ensinar outro palacio e ten uns amigos dun grupo de danza, xa teño ganas de ver algo así. Aquí unha foto del e máis do seu posto.


Unhas compras no super, auga, galletas e zume e de volta cara casa.
Tarde de relax, doulle a pulseira a Belinda e encántalle, saco o licor café que tiña gardado e invitoa a ela mais á dona, gústalles moito.
Marcho con Horst e Dilan, outro amigo del que estuda nunha das universidades de aquí, para o bar do outro día, tamén lles encanta o licor café, un par de cervexas e de cena porco picante, para casa ás 12 da noite, unhas fotiños, o primeiro é Horst e o segundo Dilan.



Sábado, esperto ás 8 e media mais remoloneo un bo rato, ducha de auga fría e sorpresa, non hai electricidade, almorzo un té de limón e marcho con Belinda ao mercado, encántanme estos mercados, a pesar da falta de hixiene, merca libretas para os rapaces e bastante comida, tamén dous polos vivos que levamos nunha bolsa, despois no taxi armaron unha tremenda.
Voltamos, un pouco de lectura e a comer, adiviñades o que? non "achu with yellow soup" non, comín un deses polos, bueno parte non enteiro.
Unha sesta e ás 4 espabilo pois quedei con Sam, outro de tantos fillos dos donos, este máis cativo, para ir tocar á igrexa, el toca a batería con só 10 ou 11 anos non me lembro. Ensíname un pouco e aparecen dous homes, máis tarde entérome de que un deles é pastor da igrexa, como non hai corrente sacan un xenerador, baixo e guitarra, que ben!! e a tocar, toda a tarde a ritmo de reggae, rock e demáis, na miña salsa. Incluso viñeron unhas rapazas do coro, xa eramos unha banda.
Aquí Sam na batería, so leva un ano tocando e faino que da gusto.


Ao final conversa co pastor que me convida a ir á misa mais dígolle que mañá non, quero descansar e traballar un pouco pola mañá, tamén quere que sigamos tocando, intercambiamos números, vive aquí ao lado, creo que me quero convertir...
E por hoxe nada máis ceniña camerunesa, "yellow jam with greens", e aquí escribindo estas liñas na habita.

Un saúdo a todxs

2 comentarios:

  1. waaaaaw!!! q guapo el puesto de artesanía!! y vaya birrotas q se gastan por allá!! dalle ahi ó rock cristiano yogui...

    ResponderEliminar