21 de set. de 2013

DANZAS AFRICANAS

Xoves, pouco que contar hoxe, mañá de curro, xa teño o plano case que definitivo do taller ortopédico, mañá imprimir e para o albanel.
Xa comeza a sair o sol, achégase a estación seca e nótase, nestes últimos días chove menos e fai máis calor, e vense as estrelas e a lúa!!!!
Imos Luis e mais eu ata o hospital de St. Mary, polo camiño quedo durmido, recollemos ás rapazas e a comer de restaurante, hoxe buffet, póñome as botas, ata comín ensalada que a botaba moito de menos tamén. Marchamos de alí, conversa con Fati e Eva sobre festivais, estas son das miñas, unha visita ao centro de artesanía que hai aquí en Bamenda mais non merco nada, pásanse un pouco cos prezos.
Un batido de papaia, plátano, mel e leite, rico rico e dirixímonos cara o taller de Fanta Bengy, admiramos as súas obras e explícanos algunha delas, pinta de todo, dende cadros costumistas ata carteis publicitarios. Os que mais me gustan son os abstractos, teñen moita mensaxe e sentimento, o tío condensa en 600 cm2 toda unha crítica ao sistema educativo que está implantado en case que todo o mundo, un crack!!!
Cervexiña no bar de enfrente, Luis está un pouco enfermo hoxe, a ver se non é nada. E para a casa, ceniña, lectura e a durmir.

Venres, hoxe non durmín moi ben, tiven uns veciños un tanto ruidosos, bueno almorzo con calma e tírome un ratiño máis na cama. Unha vez descansado marcho cara Bambili, imprimo o plano para o albanel e subo á obra en moto, de camiño case quedamos en gasoil, hoxe o moteiro cóbrame 300 FCA, o da semana pasada cobrou 400, vaia cara. Xa na obra comprobo o que está feito, xa temos zanxa para a canalización mais non fixeron unhas reparacións necesarias e non hai ninguén currando. Chamo a Protus e quedo con el en Bambili, volta cara abaixo, collo o teléfono do mototaxista e a ver se me vai facendo prezo por ir mais veces.
Reunión con Protus, entrégolle o plano e para casa a durmir outra vez, estou morto hoxe.
Unha horiña de relax, a comer e marcho cara Bamenda, hoxe imos ver danzas africanas, reúnome con Julius e imos cara St. Mary onde nos xuntamos con Eva e Fátima, outro taxi e un paseíño ata o lugar do grupo de danza.
Recíbennos calurosamente con percusión e convídannos a entrar, unha cervexiña que nos poñen e coñecemos ao príncipe de Mankon, uns guitarreos por parte dun deles, do príncipe e mais eu, moi familiar todo, indícannos que teñen que preparar as máscaras e xa comezan. Avísannos e comeza o espectáculo, aquí o vídeo completo da danza.

 http://youtu.be/USKDbe-4qe8

Moi divertido e vistoso, agora toca agardar de novo, case que nos obligan a beber viño de palma, bueno espero que non sente mal, Julius dinos que este está ben, de feito non é tan forte coma o que xa probei, aquí chámanlle Rafia. Máis guitarreos e segunda e última danza na que nos sacan a bailar, non subo o vídeo porque o outro levoume dúas horas subilo así que paso.
Unha vez remata pasamos á oficina, toca pagar, mais antes amósannos o proxecto que queren levar a cabo nesta zona para formar unha cooperativa na que se inclúen hortas, granxas e construcción, son maestros coa arxila, buscan cartos para levalo a cabo e declárannos embaixadores de Mankon. O nome do grupo de traballo é Gardeners Common Initiarive Group, e aquí ademáis ensinan aos rapaces a danzar, tallar madeira, música, está ben. Falamos un rato mais con eles e logo fotos, estamos uns 15 min facendo fotos, todos queren sair, ahí van un par, o primeiro é o príncipe.



O príncipe convídanos para ir o domingo a velos tocar en directo coa súa banda, alí estarei.
Damos un paseíño pola zona, os rapaces pártense o cu de nós, failles moita gracia ver brancos, faise noite e collemos un taxi, quedamos con Luis e Ana no International Hotel, alí unhas cervexiñas e cena, arroz con alubias. Conversa política toca hoxe, interesante e para a casiña, mañá será outro día.

Un saúdo a todxs

1 comentario:

  1. oooo, no me deja ver el video.... puapuapuapuaaaa.... weno, ya me los enseñaras cuando vengas, q a mi todo lo q es danza africana me interesa, hjuijui... besiños y q vaya todo como hasta ahora!!

    ResponderEliminar