31 de ago. de 2013

TRABALLO, TURISMO E FESTA!!

Venres 7:30, arriba, aquí non me fai falta o despertador.
Ás 9:00 Ven Augustin a recollerme, hoxe acompáñanos Horst (o fillo de Stephen, xa vou aprendendo nomes!!!), que estuda un ciclo de construción, un té e en camiño.
Primeiro imos ata a obra a tomar unhas medidas que me faltaban, alí un montón de formigas, incrible estaban por todos lados e eu riba de onde saían que non me daba conta ahah, e son das que morden, mais dinme que non teñen veleno.


De alí arrancamos cara Bafut, unha vila ao norte de Bamenda, está moi cerca mais tardamos case unha hora, atravesar Bamenda é lentísimo.
De camiño paramos en COTECC, algo parecido a un instituto de formación profesional, alí quedei con Eric é profesor alí e un dos que se vai encargar da execución do tellado, despois de esperar máis de media hora aparece. Ensíname as instalacións, a verdade é que están bastante ben, é un campus grande con dormitorios, clases e talleres, aquí imparten mecánica, electricidade, carpintería e construción. Xa podía haber algo así na UDC para ir practicar a construir en vez de aprendelo todo sobre o papel, hai que traballar cas mans!!


Outra vez ao coche, seguimos a Eric, unha paradiña, so para coller bebidas (media hora), e en camiño, vou a visitar un Fondon, palacio, centro de ceremonias e residencia do Fon, o rei dos pobos desta zona. teño que pagar pola visita e por sacar fotos aparte, aínda que no museo non me deixan, uns 8 €.
Moi interesante este en concreto data do 1516 aínda que hai cousas feitas no 2009, pero está ben, vexo as pedras para sacrificar aos delincuentes e fornicadores, o último foi executado en 1940, un montón de tallas de madeira, traxes ceremoniais... Moi curiosa unha sala na que estaban expostas as armas que traían os alemáns cando invadiron esto e coas que loitaba a xente de aquí, unha diferencia ben clara, escopetas contra frechas e lanzas.
Outra cousa que me chamou a atención foi na representación dos dormitorios dos distintos Fons, todos tiñan un gramófono para escoitar música, bueno unhas fotiños.

Entrada do palacio
Edificio para ceremonias e danzas
Vista xeral do palacio
Augustin e mais eu na entrada das dependencias do Fon
"Achum": lugar de reunión, prohibida e entrada
"Ndere Takubeng": para rituais da sociedade secreta
  
Moi interesante, outro dato, un dos anteriores Fons tiña máis de 160 mulleres, eso si so para procrear non para pracer, as casiñas que se ven na vista xeral son para as mulleres.
Saímos dalí mortos de fame, buscamos un sitio para comer, Horst coñece un, imos alí, un hotel, un pouco caro para os prezos daquí, un plato son uns 2.30 €, o normal son 0.75 €, moi rico, comemos cordeiro con plátano frito (xa comezarei coas fotos das comidas, que cando hai fame olvídaseme por completo).
Sobremesa e volta cara Bamenda, alí Augustin métese polo medio dun mercado abarrotado, os postos teñen que moverse para deixarnos paso... isto é así, tirar pa diante e xa irán apartando. Paramos nunha tenda de souvenirs.


Parada a por pan e para casa, quedo con Horst para ir tomar algo que xa teño ganas de sair un pouquiño, un descansiño e saímos ás 20:00 (aquí vai todo un pouquiño antes), taxi e tráfico incrible, atasco así que baixamos do coche e collemos un mototaxi, moito máis rápido.
Chegamos a un bar o Black & White (nome apropiado pa os dous que iamos), moi pouca xente alí, o dj metido nunha xaula colgada do teito!!!, música atronadora rollo reggaeton e un pouqiño de reggae, unha cervexa e marchamos cara outro. Alí máis xente e os colegas deste, preséntamos, danme a benvida polo micro e moi ben, unhas risas, son rollo negrata rapeiro, un deles chámase Paco!!, e outro, Deco, ofrécese a aloxarme durante a miña estancia en Yaoundé a semana próxima.
Un par de cervexiñas e para casa en mototaxi outra vez.

Hoxe sábado decidín tomarmo de relax, durmo ata máis tarde e todo o día por aquí, traballando e preparándome para a semana. Agora creo que vou dar un peseíño ao monte.
Así que todo sobre rodas, o luns teño cita co embaixador de España en Yaoundé e estou comezando a estudar a construción de pozos e fontes, a ver se podo colaborar nalgún outro proxecto no país.

Un saúdo a todxs

1 comentario:

  1. Rituais para sociedades secretas¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ juuuJUUUUUUUUUUUUUUUU¡¡¡¡ ^^


    Un besazo desde tierras Granadinas aventurero¡¡¡¡


    KArLA

    ResponderEliminar