23 de ago. de 2013

LE COQUI

Onte levanteime animado outra vez, almorzo queixo recocido que tiña olvidado na maleta (case se estraga) con "ganot" (cacahuete dos do día anterior), e té coma sempre. Onte din a probar o queixo este por aquí mais deulles bastante noxo, "to pa min".
Estou un pouco aburrido xa de estar aquí, quero marchar a Bamenda, o que se atrasou ata o sábado, e comezar o meu traballo. Coñezo xa bastante ben o funcionamento do centro e teño ideas para o diseño do outro.
Decido porme a fabricar pulseras de coiro para os cativos do centro, así que paso media mañá rebuscando entre os restos que deixan da fabricación das próteses, ata aquí fago recicle!!! Tamén selecciono unhas fotos para imprimir e que queden aquí no centro, vou con Victor na súa moto, primeiro paseo en moto, unha gozada mais cun risco elevado, nunha case nos cae unha tabla de madeira enriba.
Imprimimos e quere facer unha foto conmigo de recordo, aquí vai, Victor é o kinesoterapeuta (creo que é así) do centro.


De volta uns tipos dende outra moto grítanme non sei que, á tarde Victor coméntame que me chamaban "Eurobob", polas rastas hahahahah, teñen unhas coñas todos co "whiteman", a min faime gracia.
Xa na casa uns xogo cos rapaces que se parten cada vez que paso, veña unhas fotiños.




Continuo a facer pulseras, doullelas fotos e están todos contentísimos, ao rato ven unha das mulleres a darme as gracias, falamos un pouquiño en francés e pregúntame se probei o "coqui", non claro que non. Aos dez minutos aparece con dúas potas, unha co "coqui" (unha especie de cus-cus feito cun coco amarelo) e outra con patacas doces, riquísimas. Cando se despide chámame algo así como "papa" que é un sinal de respeto aquí en África, comín entre bágoas, que unha muller se esa idade me dixera iso emocionoume bastante.
Á tarde vou con Victor a tomar unha cervexiña, vou aprendendo algo máis de francés, falamos de todo un pouco.
Mecago no "coqui"!!!!, primeira cousa que me senta un pouco mal, ao baño varias veces e dor de estómago, logo dinme que é bastante forte e se non o comeches nunca, eu pegueime un atracón, lección aprendida, comida que non coñezas non abuses.
Máis pulseras, relax e á cama con dor de estómago.

Hoxe venres, por fiiiinnnnn último día aquí, vexo como se fabrican outras próteses, mañá subirei o proceso con vídeo incluído.
Día de choiva ata agora á tarde que saiu o sol, desesperado por non ter internet, agora sí, o que non me explicara David era que só tiña 20 horas ao mes, podía telo dito antes, pero bueno paguei 15 € e agora teño 50 horas en 30 días, así que ireime conectando cada día para publicar, o rollo é que non vai moi rápido e en Bamenda non sei como irá xa irei vendo.
Unha mala noticia entereime de que Iago o rapaciño está enfermo no hospital coa pel e os ollos amarelos, espero que se recupere.

Veña un saúdo a todxs 


Ningún comentario:

Publicar un comentario