5 de out. de 2013

UN POUCO DE TODO

Venres, que mal durmín hoxe, unha moa que me molesta, en canto volte vou ao dentista a quitala. Bueno almorzo forte, tres bocadillos de tortilla francesa, unha papaia e té. Curro un pouquiño e voume a descansar un ratiño. Sobre as 11:30 ven Augustin, marcho con el ata Bambili, alí quedei con Protus para darlle o deseño do muro, imprimo e entrégollo, dime o que necesita, agora tócanos a nós poñer os cartos para pagar o material. Adiantámoslle parte da man de obra, pedíunolo a pasada semana pois a súa filla está enferma e aquí non hai seguridade social, os hospitais son unha pasta...
Bueno volta á casa, alí Luis e Paddy, outro albanel que nos vai ensinar a forma de facer ladrillos compactados de adobe. Desta maneira afórrase grande cantidade de cemento pois non fai falta para as xuntas, ademáis de que o material para facer os ladrillos é gratutito pois aquí a terra é moi boa para isto. Explícanos un pouco e marchamos, primeiro a ver a súa parcela e despois a ver unha destas máquinas para a produción de ladrillos. Gústame este sistema, falamos un rato co home que está a traer esta tecnoloxía aquí e amósanos exemplos dalgunha cousa que xa construiu, moi ben.




Seguimos o noso camiño, agora paramos na oficina que ten Luis en Old Town (a parte máis antiga da cidade, aquí viven musulmáns case exclusivamente), aquí ten unha organización para persoas discapacitadas, hoxe está aberta, máis veces pasamos por aquí mais sempre pechada. Alí está o encargado da oficina, non lembro o nome, ten un problema na visión, cóntanos que acaba de ser elexido concelleiro no concello onde estamos a construir o centro ortopédico, eso si polo SDF (os independentistas). Ah o outro día un amigo de Julius amosoume un carné de identidade das Nacións Unidas, polo que este organismo recoñece ao Camerún anglófono como un país, seguen a loitar.
Paramos agora no negocio de Salomon, veciño de parcela de Luis, préstolle un manual para a construción dun xerador eléctrico, leveaba tempo agardando por algo así, xogos coas rapazas, son graciosísimas, unha delas engancha a miña cámara e non para, saca fotos a todo, ordenadores, ao chan, a un póster de Deus, hai algunhas que se salvan.



Imos a Comercial Avenue, eu paro xunto a Julius a saudalo e reúnome con Luis outra vez para comer, polo con patacas fritidas e auga, moita auga.
Sego a descubrir máis cousas de Luis, pregúntolle sobre situacións de perigo nas que se viu envolto, dime que unha das peores foi durante conflitos cando se atopaba con nenos soldado, pois non dudan en apuntarte e quen sabe, vaia collóns que ten este home.
Bueno volta á casa, estou cansadísimo polo mal que descansei, traballo un pouquiño e a ler un rato, unha cervexiña ceno temprano arroz e carne estofada. Durante a cea vexo as noticias, por fin comeza a saberse algo sobre os resultados das elecións, polo que vexo na parte francófona, ou polo menos nas capitais, o CPDM (partido no poder) arrasa, aquí na parte anglófona o SDF está a gañar.
Bueno marcho a habitación, peli e a durmir pronto, preciso un bo descanso, hoxe foi un día variado e duro pois a moa non deixou de molestarme en todo o día.

Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario