16 de out. de 2013

DOUS TERCIOS

Luns, unha nova semana, comeza o meu terceiro e último mes, o tempo pasa cada vez máis rápido. Penso no día que marchei e parece moi lonxano, en breves xa me tedes por ahí outra vez. A verdade é que me vou sentindo máis cómodo cada semana que pasa.
Bueno érgome animado e a almorzar, Roberto e máis eu imos ir ata a obra, espero que xa estén colocando tellas. Chamo a Protus e quedo con el na obra.
Taxi e moto, xa regateo con soltura, máis que nada porque agora sei os prezos reais das cousas, e xa non me deixo dar o pau.
Chegamos alí e ao pouco Protus, esta xente aínda non está a traballar, chamo a Eric, o responsable da subcontrata e dime que mañá, bueno. Urxe que empecen pois o material está alí e pódeo levar calquera.



Repaso como se están a executar os zócalos do muro que nos falta e todo ben.


Marchamos cara o centro da vila, reunímonos con Julius e Cyrus, un ratiño alí e de paseo, campo de fútbol, mercado, e super.
Quedamos no Biberón con Luis, e alí comemos, porco con arroz.
Arrancamos cara Santá, hoxe non ven Augustin, pero Luis chamou a outro taximan, este vai a todo hostia e non esquiva moi ben os buratos que digamos, medo...
No centro coma sempre, unhas risas, cada día máis.



Marchamos de alí con Mariamo e Enma, a primeira vai a súa casa a pasar o Ram, festa musulmana, a outra acompánaa para axudala. Paramos en casa, cambio de taxi e cara Sabga agora, o pobo da rapariga. Acaba de ter outra irmá, fai unha semana. Están moi contentos, convídannos a leite de vaca, soprendinme a min mesmo, está riquísima, eu non sei o que poñen nos cartóns mais leite non é, eso seguro.


E nada, parada a cear no Mawa e para casiñ, mañá vai ser un día moi longo preciso descansar.

Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario