20 de out. de 2013

CONTENTO

Venres, mañá tranquiliña, imos á obra a comprobar que trouxeron o material que faltaba, todo correcto. Xa se nota a calor.


De alí tiramos cara o orfanato MISSPA, para amosarllo a Rober e Abakar, notamos unha gran diferencia co centro de Santa, os rapaces non parecen tan contentos como alí. Parte do problema penso que é polo afastados que están estes rapaces do resto da poboación, non teñen posibilidade de relacionarse. 


Voltamos á casa, xa é mediodía, unha cervexiña e a comer. Despois eu decido quedar na casa mentras estes van a Santa, estou canso e ademáis quero traballar no proxecto. Chove, parecía que xa pasaran as choivas mais non. Nun momento que saio a fumar un pitelo chega un Fon e un militar a tomar algo no salón da casa, falo un ratiño con eles.
Quero chamar a Luis para ver onde andad e, sorpresa, non funciona o teléfono, outra vez, que rabia.
Chegan estes de volta e a cenar ao Mawa, temos conta aberta por unha máquina de facer zumes que trouxo Luis, nunca hai nada do que queremos... e unha hora de espera, o servicio neste hotel non é moi bo que digamos, polo menos a comida está boa.
Paeíño de volta e a durmir.

Sábado, levanto ás 7:00 e marcho directo a Bamenda, a arranxar o do teléfono, chego e a tenda aínda está pechada, así que vou saudar a Julius e a almorzar nun restaurante do centro, batido de papaia e plátano e unha tosta de tomate, allo e aceite de olivaaaaa, que rico.
Volta á tenda, arranxado, bueno, nunhas horas funcionará, e volta para casa.
Agora imos ata a parcela de Luis, aquí unha imaxe da xungla que ten nunha parte.


Baixamos á vila, voltiña polo mercado, Rober merca regaliños para a súa xente, mentras merca acércaseme unha rapaza blanca, resulta que é checa e ela mais outras dúas están buscando algún sitio no que traballar como voluntarias, vounas levar a Santa esta semana.
Bueno comemos alí mesmo un sandwich riquísimo e marchamos para Santa, alí coma sempre, divertidísimo, unhas fotos. 



E nada volta á casa, xa é noite, rematamos o crédito no Mawa, bueno sobran 1500 fcfa, e volta paseando con amenaza de choiva, mañá quedo só outra vez, estes marchan a Douala, Rober xa volta cara Galiza este luns.

Síntome xa moi adaptado, agora que miro o tempo que me queda aquí, unhas tres semanas, vaime saber a pouco, e vaime dar pena marchar. Estou contento.

Un saúdo e bicos

1 comentario: