8 de out. de 2013

GRACIAS

Luns, hoxe Luis marcha cara Douala de novo, desta volta a buscar a un colega de Ourense que vai a pasar connosco uns dez días, este home xa financiou algún dos proxectos dos que vos teño falado, en concreto creo que a construción da casa de Sylvanus, un rapaz con parálise, un dos primeiros traballos de HAC.
Fai bo día así que despois do almorzo vou cara a obra, quero ver a Protus en acción, taxi, moto... chego e non está, xa comezamos... chámoo pois dixo que iba estar alí ata as tres da tarde e son as doce, está no hospital co seu fillo, bueno.
Vou saudar ao veciño que ten a granxa de polos, mais tampouco está, así que volto para a casa, a verdade é que estou canso, curro un pouco na habita e como planten con ndolé. Descanso e vexo unha película documental, moi recomendable, "En el mundo a cada rato", se tedes tempo botádelle un ollo.
Bueno ás catro chega Augustin e un pouco despois Protus, imos a ver a un home que pode fabricar máquinas para compactar ladrillos de adobe, chegamos ao sitio e o home que nos vai levar ao taller non está, toca esperar, falamos Protus e máis eu de fútbol, da liga de aquí, da champions africana que onte estiven vendo un partido...
Bueno chega Salomon e imos ao taller do fabricante, alí Protus explícallelas medidas e eu a forma dos ladrillos, danos un prezo moi elevado, en dous minutos baixa unha quinta parte, bueno toca esperar, isto vai así, seguro que pode baixar máis.
Volta para a casa, paro a mercar unha hamburguesa e a descansar, sigo rebentado.

Agora quero agradecer ás persoas que xa aportaron financiación para un dos proxectos dos que vos falei, en concreto para o primeiro, a construción do patio en CEFED, a semana próxima comezaremos coas obras, xa irei subindo fotos. 

GRACIAS, imos facerlle a vida máis doada a persoas que o pasan mal e que probablemente moitas delas non terán unha vida longa, mais merecen vivir felices os anos que vivan, GRACIAS

Este é o lugar que pavimentaremos
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario