4 de out. de 2013

RUTINA

Mércores, levanto moi descansado e traballo un ratiño, hoxe teño a mañá medio "libre", marcho á vila na procura de fieltro para facer unha actividade cos rapaces do centro, xúntome con Julius e imos primeiro á tenda da súa irmá, moi simpática, falamos un ratiño, estou facendo un estudo para ver canto podería sair alugar un coche para moverse máis fácilmente, aínda que non sei...
Bueno recorrémonos o mercado de segunda man, aquí podes atopar todas as cousas que foron donadas en Europa, aquí están á venta, non sei moi ben como vai isto das donacións da roupa, non sei se as organizacións que recollen esta roupa veñen aquí a venderlla á xente, danllas para que monten un negocio ou como. Hai de todo, mantas, zapatos, pantalóns parcheados, camisas...
Bueno nin rastro do fieltro, aquí en Bamenda non existe, así que paramos a comer un xelado e despois unha cervexa, xa son as 15:00, teño que voltar pois hoxe iamos a visitar á familia dunha rapaza discapacitada, invito a Julius a vir, recollemos o seu posto e collemos un taxi, atasco, non chegamos á casa ata as 18:00, no camiño falo con Luis e aplazamos a visita, tamén falo con Fátima máis Eva e quedo con elas no Biberón.
Xa na casa Julius mais eu comemos planten con fabas, amósolle o lugar e unhas fotiños, e marchamos rapidamente pois faise tarde.
Taxi e xuntámonos con Eva e Fátima, bueno unhas risas coma sempre, contan que estiveron por Limbe, teño que ir, praia, gorilas...
Unha cervexiña e para a casa, fame, collo unha pizza para o camiño e na casa un bocadillo de paté e outro de tartina (nocilla de aquí). A durmir.

Xoves, mañá de traballo e descanso, como ás 13:30 e marchamos cara CEFED, caloorrrrr, por fin nótase o sol, pega que da gusto, mais cando chegamos alí xa está a chover, xogos cos nenos, encántanlles as gafas de sol e posar con elas, ahí van unhas foiños, divertidísimo.




Póñemonos a facer papiroflexia (sinxela eh, non paso de caixiñas, gorros, barcos ou avións), de súpeto comezan a aparecer rapaces e rapaces que queren o seu gorro, avión... quedo sen libreta.
Chega Victor, amigo de Luis e o albanel que vai facer as reformas do centro para as que vos pedín colaboración na entrada anterior. Vemos como construir o patio e facer as drenaxes ao mesmo tempo e falamos tamén con Sister Grace que é unha das traballadoras a ver onde quere o lavadoiro, a ver se conseguimos os cartos e comezamos as obras.
Máis xogos e volta para Bamenda, paramos a cear no Biberón e para casa, estou bastante canso así que métome na cama nada máis chegar, mañá será outro día.

Un saúdo a todxs

Ningún comentario:

Publicar un comentario