8 de out. de 2013

NO NETWORK

Martes, bueno hoxe si que descansei en condicións, penso que son as 10 ou así cando esperto, miro o reloxo e as 8, non hai maneira, quero un día de dormir ata tarde mais esperto igual tódolos días, nada. Bueno pois a traballar, almorzo en abundancia, hoxe Belinda tamén mercou sandía, así da gusto. Leo un pouco as novas de España, vaia vergoña de país, pfff, e o Celta perdeu, bah..
Ao rato chámame Eric, da empresa que leva a execución do tellado, quedei con el para ir coller as tellas á telleira que as produce, son as 10 ,agora si, dime que xa está vindo así que calculo que nunha hora estará por aquí.
Quero mandar unha mensaxe e, ah!! non vai o teléfono, "no network" penso, cousa máis estraña, chamo e dinme que chame a un número de asistencia técnica, chamo e nada. Belinda proba a chamarme, e non vai, cambio a tarxeta ao seu teléfono e funciona, será o teléfono, mecago nos chinos!! Mais non, pois probo a tarxeta española e funciona, que raro. Bueno entre todo xa son case as 12 (ritmo africano), así que chamo, previo cambio de tarxeta ao teléfono de Belinda, e dime que agora si que está chegando...
Aparece o tipo e marchamos, ao final resulta que o que ía vir co camión está en Douala, así que hoxe só imos comprobar a calidade das tellas. Camiño relaxado, hoxe non chove, estase cómodo, a gusto.
Chegamos ao sitio e imos directos a comprobar as tellas, xa as teñen empaquetadas para o transporte, é dicir, atadas con tiras de neumático. No vos falei diso, aquí atan todo con tiras de neumático, coma as que se usan para facer os paus chinos, as cousas enriba do coche, do bus, da moto, da cabeza...
Vale agora só falta conseguir un camión, mais diso xa se encarga Eric. 
Fannos unha visita guiada pola cerámica, alí memo extraen a arxila, límpana de impurezas, hidrátana, consérvana, cócena, todo para producir olas, vasos, pequenas obra de arte, e moitísimas cousas máis, todo isto a maiores da produción de materiais de construción: ladrillos e tellas. Ahí van unhas fotos, totalmente artesanal.




Cóntannos que o 80 % da produción expórtano fóra do país, paradiña na tenda sablada e de volta. Xa na casa sigo co do teléfono, o mellor é que vaia a Bamenda á única tenda da zona, non me apetece nada mais é o que toca, como e descanso un rato, collo un taxi e para nunha tenda, resulta que hai dúas. Alí explico o que me pasa e a rapaza dime que vaia á outra tenda, a principal que ela está moi ocupada, pregunto se a tenda está pechada, dime que si que volte mañá, vaia paliza para nada. Diríxome cara á tenda cunha última esperanza, paso polo posto de Julius e acompáñame, e nada pechado así que decidimos tomar unha cervexiña antes de voltar, xa de baixar... 
Un ratiño nun bar, entramos en tres antes de quedarnos nun, a Julius non lle convence o prezo que nos dan, 1200 fcfa, no canto de 1100 fcfa, unha diferencia de 15 cent. Unha birra, taxi e para a casa.
De camiño chámame Juan, o arquitecto vasco que vou visitar en Dschang, preto de aquí, era un dos que quería chamar (xa me olvidara que tanta volta era polo teléfono), irei o xoves.
Chego á casa, ceno plantén con polo, vendo o resume dos partidos da liga española, para  a habita, mañá teño un día apretado, aer se soluciono o misterio do teléfono, se non xa me vexo comprando outro máis (vou voltar petao de móviles), xa contarei.

Unha aperta

2 comentarios:

  1. como te curras las fotos y lo demás,no puedes poner ningún video,salud hermanito,olaf

    ResponderEliminar
  2. son coma os talleres de buño, moi bonitoo!

    ResponderEliminar