24 de out. de 2013

THIS IS CAMEROON

Mércores, hoxe teño un día completiño, almorzo e non podo ducharme, non hai auga. Bueno pois nada, ás 8 quedei co taxista, Nemesius, pois Augustin está en Douala. Chega a e media, dime que foi á policía pois para sair da vila co taxi precisa un permiso especial, recollemos a Protus en Bambui, hoxe levareino ata o hospital de Mbingo, pois ten filaria nos ollos e pode quedar cego.
De camiño parada cun militar, pasamos sen problema, despois control de policía, pasamos sen problema, chegamos a Mbingo e na entrada do pobo, a 100 metros do hospital, párannos, xa era moito. Nemsius dalle os papeis, que están en orde, e o tipo comeza a revisalos, dille que non pode circular, pffff. Agardamos un rato e nada, así que Protus e mais eu imos camiñando ata o hospital, está abarrotado, vaille tocar agardar. Eu marcho pois quedei aquí con Joshua, vou á tenda de Enmanuel, falamos da corrupción, "esto é Camerún" sempre é a frase final.
Imos xunto Nemesius e dime que o militar queríao levar aos xulgados e reterlle o coche, cando todo está en regra, ao final tivo que soltar 5000 fcfa, vaia país, dígolle que vaia á policía en Bamenda, onde sacou os papeis e explique o que pasou, a ver que pasa, está alucinado, "this is Cameroon".
De camiño párannos de novo nun dos controis que antes pasáramos, agora ten que soltar 500 fcfa, a corrupción na policía e nos militares rebenta aos pobres, esta xente cada día rouba máis do que é un soldo mensual dun traballador, o peor é que como me di Nemesius, se non pagas, darán o teu número de matrícula e pararante cada vez máis. No último control antes de Bamenda, volven a pararnos mais o tipo dase conta de que xa nos pararan á ida e déixanos ir. Vaia mañá...
Chegamos ao centro da vila e facemos ás xestións para as que viu Joshua, despídome del e voume a comer, morro de fame e sede. Vou ao Presscafé en Comercial Avenue, ensalada de pastaaaaa... últimamente preciso comida fresca e diferente, a de aquí é moi picante e con esta calor non podo. No restaurante falo con un estadounidense que xa vin unhas cantas veces, xa leva 6 meses aquí e ten para dous anos, están a formar xente en economía, marketing...
Quedara ás 13:00 na obra con Eric empresa do tellado, non me da tempo, chámame e dígolle que se pase pola miña casa, así que tiro cara alá, que calooorr...
Bueno na casa falo con Belinda e Mado, pártense o cu coas miñas cousas, chega Eric e compartimos unha cervexa fría, quero que rematen o tellado esta semana así que fago todo o posible para meterlle un pouco de presión, mañá traerán o material que falta, e dime que poderán rematar o domingo, todo correcto, verémonos mañá na obra, a ver que pasa.
Sigo con Belinda e Mado, dígolles que non creu en Deus e rinse a máis non poder, aquí se dis eso es un bicho rarísimo, amósolles as agullas e fíos que trouxen (gracias mamá) e tamén se rin, a min faime gracia.
Ven Nemesius de novo, voulle amosar a obra a Joseph, o home do orfanato no que precisan voluntarios. De camiño a recollelo o taxista tamén me pregunta se creo en Deus (teñen o día hoxe, non sei que almorzou esta peña), a resposta non, e rise a máis non poder, esta xente rómpeme. A súa explicación de que en África é necesario crer é porque aquí hai moita bruxería e maxia negra, pois vale. Trato de explicarlle que en Europa, ou polo menos en España, anos atrás era igual ou parecido a aquí, rise...
Bueno chegamos ao orfanato, Joseph e Celine amósanme as obras, están a construir a escola de secundaria. Imos a marchar e Joseph pregúntame se fai falta que veña Celine, eu dígolle que como queira, vaise falar con ela, namentres Nemesius sigue preguntándome cousas sobre as miñas crenzas, sempre lle da a risa. Volven Josesh e Celine, subímonos no coche e pregúntolle a ela se non ven, responde, pregúntalle a Joseph, calo, a saber os líos que teñen.
Bueno imos á obra, amósolla e encántalle, o sitio, a construción. Explícame os problemas que tiveron eles para obter os terreo no que está o orfanato, como era unha misión española, con whitemen polo medio, o Fon quería 2000000 fcfa ao mes, vaia tío. Entón falaron cos notables, que están por debaixo do Fon, estes cederon os terreos máis non tiña validez, ao final Joseph escribiu ao goberno que ordenou que se lles permitira comezar. Agora, dime, cada vez que se cruza co Fon, este colle o seu bastón de ébano para protexerse del, porque pensa que é o demo, vaia tipo.
Bueno baixamos e recollemos a Protus, que xa está de volta do hospital, á mañá dinlle 20000 fcfa, dime que xa se foi todo na consulta e que agora vai precisar 50000 máis para as análises. Esto non pode ser, nun país no que toda a poboación é pobre, só para saber o que ten, precisa invertir 70000 fcfa, que son máis de 100 €, a ver que se pode facer para axudar a este home.
Agora voume con Joseph ao Biberón, onte o camareiro díxome que quería aprender castelán, así que vounos presentar para que se poñan dacordo.
Varias cervexas e conversas interesantes, este é o home máis estudado que coñecín ata o momento. Fálame ata de Wenceslao Fernández Flores, coñece bastante de España. Tamén me conta algúns dos casos que están a ter no orfanato, alucino, xente que ven a deixar rapaces dicindo que os pais morreron cando non é verdade, outro que levan aos seus propios fillos dicindo que son dunha irmá morta... Mais o peor de todos dime, foi un Fon, atopuno un día borracho e comezaron a falar, ao rato deuse conta de que coñecía a ese home, pois resulta que o tipo, tendo cartos, mandou a tres dos seus fillos ao orfanato, incrible, co que se gasta en catro cervexas case lle da de comer a eses tres rapaces durante unha semana...
Falamos tamén da historia do país, cóntame que cando dimitiu o anterior dictador el estaba en Yaoundé e todos pasaran moito medo, e eles dicía máis, pois coñecían a historia de España e pensaban que viría unha guerra civil, en dous días solucionouse, aínda que na miña opinión todo segue case igual, non sei...
Outro caso foi no 2008, aqui en Bamenda, producíronse manifestacións de estudiantes moi fortes, chegando a queimar unha oficina de correos moi cerca de onde nos atopamos, tamén me conta que xusto daquelas estaba un dos curas españois da misión na súa casa. El quería axudalo así que buscou en internet no sitio da embaixada española as recomendacións pois as cousas estábanse a poñer difíciles. Pois ben, un exemplo da política exterior do noso estado, mentres tódalas páxinas webs das embaixadas inglesa, francesa, estadounidense, australiana... daban lugares aos que ir para estar segura, a española non dicía nada, nada, que pais, cando hai que pedir votos no extranxeiro ben que traballan, mais para garantizar a seguridade dos seu cidadanos nin sequera escriben un comunicado, vergoña.
Bueno marcho para a casa e falo un ratiño outra vez con Belinda e Mado, din que me van botar de menos cando marche, eu tamén. Amósolles fotos que teño no ordenador de todos vós, amigos, familia... Din que somos todos iguais.
A durmir, foi un bo día, arranxei temas da obra, que vai moi ben, tamén de voluntariado con Joseph, a gusto.

Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario