2 de out. de 2013

TOLOS, CAMAREIRO E UNHA PROPOSTA

Martes, levanto e almorzo, marcho cara a vila. Alí vou directo ao posto de Julius, el non está mais ao mesmo tempo chega Cydus, o xefe da asociación tamén na procura do noso amigo. Nada non aparece, converso con el e mais con Barry que vende zapatos no posto do lado, nun momento un home comeza a dicirme algo, Barry dime que pase del que está tolo, e en verdade que o estaba, ía cos pantalóns por debaixo do cu (e non por moda coma levan algúns) e berreando no medio da rúa. Nada voume ao super, merco auga e caramelos para os cativos de CEFED. Volto na procura de Julius e non aparece, así que marcho de volta á casa.
Cando chego Luis xa non está, chámoo, está no Mawa Hotel, vou para alí e pido un café, é o primeiro que tomo dende que cheguei!!!! Un ratiño alí e xa ven Augustin a recollernos, parada a coller unhas empanadillas para comer, alí unha muller que me saúda, Augustin dime que está tola, que a coñece e era profesora, esto está cheo de xente enferma.
Subimos no coche e pregúntolle a Luis se hau centros para este tipo de xente, dime que non que a maioría van a curandeiros, que el xa presenciou algún ritual en directo, que os atan con cadeas e tal...
Seguimos o noso camiño, falando con Luis do que se pode facer aquí e a mellor forma de proceder, sempre accións concretas e directas que mais que provoquen un beneficio rapidamente.
Bueno chegamos ao centro e recíbennos un montón de rapaces con abrazos, berros e ledicia, ahí van unhas fotos.





Non me deixan en paz, tocándome o pelo, as pulseiras, tatuaxes, que os colla no colo... Acabo rebentado.
Ven Victor co presuposto para varias reformas a facer no centro, imos cara a dentro e unhas risas con todos, ensínanme como se fan os cestos de bimbio e compartimos galletas e caramelos.
Volto pensando na forza que teñen estes nenos, axúdanse, ríñense (creo que esto xa o comentei outro día mais é que é de admirar), son moi independentes, case só precisan que se lles faga de comer, se non poderían vivir aquí eles nada máis...
Marchamos cara a obra a tomar algunha medición que faltaba e de volta para a casa, cando chego Belinda está estresada por ten moito traballo así que me poño a currar de camereiro, recollo vasos e botellas baleiras, frego e sirvo (estou facendo de todo en Camerún), cando remato convídanme a unhas empanadillas e ceniña, peli e a durmir.

A proposta, vouvos contar un pouco sobre os tres proxectos que imos tratar de facer en CEFED, e se queredes colaborar, poñédevos en contacto conmigo vía mail.

-> Patio: primeiro proxecto é a construción dun patio para que os cativos en cadeira de rodas poidan xogar afora, tamén para aumentar as condicións de hixiene no centro e así evitar traballo ao persoal que xa fan moito dando de comer, limpando, entretendo... Para esta obra fan falta 220 €

-> Lavadeiro: construción de lavadeiro para a louza, roupa... normalmente fano no chan. 160 €

-> Varanda: o centro está situado nunha ladeira na que foi necesario crear muros de contención, hai unha zona na que os cativos poden caer polo que é necesaria unha varanda, serían 165 €

Xa vedes que son pequenas accións mais cun resultado rápido, eficaz e necesario. Tamén hai casos de rapaces que precisan cartos para asisitir á escola, un ano de escola son 30 €, entre uns cantos non é moito e tamén se pode axudar así a un rapaz en concreto.

Pois eso meu mail: adrian.senra@gmail.com

Unha aperta

1 comentario: