13 de out. de 2013

UNHA VODA Á CAMERUNESA

Sábado, almorzo forte, hoxe vai ser un día moi longo. Imos outra vez a Njinikon a visitar a algunhas das persoas ás que axuda HAC, chega Augustin ás 10:30 e marchamos.
Primeira parada en Mbingo, visita a Enmanuel, un dos que lle levei un ordenador, un ratiño con el alí e seguimos. Paramos agora en Belo, aquí vai ser a voda á que viremos esta noite, saudamos á xente e seguimos ata a casa de Margaret, esta muller é viuva e non ten recursos, Luis trouxo cousas para darlle, abrigos, roupa, mantas... Ademáis estanlle a construir unha casa.



Continuamos a nosa ruta, chegamos a Fundong e visitamos a Sylvanus, Roberto que ven con nós é un dos que financiou o proxeto de construción desta casa. Xa comentarei mais creo que parte dos cartos que enviachedes usareinos para poñer un canalón na casa deste discapacitado. Bueno paramos alí un bo rato pois ponse a chover, estase ben, convídannos a plátanos mentres na radio soa Bob Marley, a gusto.



Por fin para de chover, paramos en Fundong a deixar a Ceydou, e á súa filla, que nos acompañaron ata a casa de Sylvanus. Paramos agora nun viveiro de árbores autótonas que subencionou Luis fai anos, outra área, a medioambiental, na que se está a traballar aquí.



Subimos no coche e dirixímonos a Njinikon, á oficina de HAC, reunímonos con Joshua e Paul. Danme un sobre ao meu nome, eu, que será?, é un convite da comunidade Bororow para a festa do Ram, este martes, convite enviado polo Ado (Fon ou rei para os musulmáns) de Ijim.
Bueno, agora marchamos Roberto e máis eu xunto Bertrand, é un rapaz de 6 anos que ten sida, non ten pais e vive coa súa avoa, este é outro dos casos que vou a tratar de axudar cos cartos que enviastes. Nesta primeira visita lévolle, arroz, galletas, sardiñas e pan. Cano chegamos alí cóntannos que o rapaz está a vomitar dende fai uns días, está bastante mal mais xa está a tomar os retrovirais.


Marchamos de alí un pouco tocados mentalmente, non podemos facer moito máis por el.
Voltamos á oficina de HAC, e imos a comer peixe ao restaurante, rico mais perigoso pola salsa que leva, nin a probo.
Bueno dirixímonos cara a voda, paramos no negocio de Genesis, un rapaz que un día espertou e non tiña movilidade, unha ONG construiulle unha casa e HAC concedeulle un microcrédito para montar unha zapatería, un ratiño alí e para Belo.
Xa na vila imos ata a casa dunha amiga de Luis, a ver se podemos durmir alí, ela xa está na voda, así que dirixímonos cara a casa da noiva, onde será a ceremonia.
Son sobre as 20:30, recíbenos a nai da noiva, primeiro séntannos nunha sala cos notables da familia, nada cinco minutos e lévanos a comer. Na tradición africana celébrase primeiro a comida na casa do noivo, chegamos alí e un montón de xente, xa bebida, algúns dos rapaces bacílannos e Luis dilles algo, pasamos e unha cervexa. Hai bufet, non teño moita fame mais decido comer pois non sei ata cando non voltarei a probar bocado, collo ensaladaaaa con salsa de iogur!!!!, polo, cocojam e ndolé, ínchome. Outra cervexiña alí, unhas risas con Luis e Roberto e dirixímonos de novo cara a casa da noiva.
Unha vez alí ven un tipo que nos ofrece asento, como non diante de todo, iso pásanos por ser brancos. Bueno sentámonos coa nosa cervexa e Roberto e mais eu prendemos un pitelo, bótannos para fóra, xa o imaxinaba, nada voltamos aos nosos asentos e o home que antes nos ofrecera unha silla comeza a falar. É o animador da voda, comeza a facer chistes, algúns collémolos outros non, unhas risas, é todo un cómico.

         

Chega o noivo cos colegas supoño, xa me decatara de que había unha cama, alí se dirixen, el túmbase e os colegas póñense diante, pois non pode ver á noiva, que aínda non apareceu.
Pasa coma unha hora e alí seguimos co animador, comezan a traer máis comida e por estar diante de todo comemos de todo, palomitas, snacks, fufucorn, un licor de millo... puf, vou rebentar, comezamos a pasar comida para atrás, esto é unha locura.


Coma dúas horas despois alí seguimos, chistes e máis chistes, xa comeza a cansar.
Por fin aparece a noiva coas damas de honra, chegan medio agochadas, tíranse no medio do recinto e comen, logo marchan de novo. Aparece outra vez o paiaso, pastor ou conductor ceremonia, mais chistes.
Volve a moza coas colegas e séntanse todas no medio do recinto, comeza agora un ritual de fertilidade, múdanas de roupa, agora van todas iguais, úntanas en aceite de palma e arxila.


Despois comeza unha especie de presentación de todas as damas da honra, aínda que parecía unha venda, non me gustou moito, ademáis comezo a estar canso. Despois de moitos chistes do tipo, mil horas parándose con cada rapaza que presentaba, márchanse todas. Por fin aparece o mozo, as mulleres máis maiores cantan e danzan ao redor del, moi bonito.
Á fin a parella xúntase, e o devandito falabarato bota un sermón un tanto machista, bueno a eles véselles contentos.


Gústame o ritual para o casamento, comparten un prato de comida, e cada un dalle de comer ao outro. Bueno a seguinte foto mostra ese momento, son as 4:00 da mañá, levamos case oito horas aquí, moi bonito todo mais con dúas horiñas mais que suficiente, as caras de Roberto e miña falan por si soas.


Bueno á fin remata a ceremonia, son as 4:30, Augustin está morto así que Luis vai conducir. Voltamos sen percances e as 5:30 na cama, que sono.

Domingo, levanto sobre as 10:30, sigo sen poder durmir ata tarde, almorzo e paso a mañá co ordenador, traballando. Día moi relaxado, só nos movimos ata o hotel Mawa a mostrarlle as virtudes dunha máquina para facer zumes ao dono do negocio. Moi divertido, volta á casa e partido de Camerún, que empatou por certo e esta moi cerca de clasificarse para o mundial. Cervexiña con Luis e Roberto e a durmir.

Unha aperta

2 comentarios: