25 de out. de 2013

SEN DESCANSO

Xoves, esperto ás 6:30, e a currar, hoxe tampouco hai auga. Non sei que pasa mais ata as 10 ou 11 da mañá nunca hai auga corrente. Nada almorzo mentras curro, agora tócame máis contabilidade que outra cousa, agora si duchiña fresca e cara á vila. Reúnome con Julius e vou mercar unhas botas de fútbol para o fillo de Belinda, John Paul que viu connosco o día do Ram. Falando con el díxome que xogaba sen botas así que merqueille unhas de segunda man por 8 €, dareillas a semana que ven.
Volta para a casa, paro uns minutos e directo á obra, suponse que tiñan que traer as tellas, mais cando chamo dinme que mañán, que tiveron un problema co camión, bueno, polo menos xa se puxeron co canalón. Unhas fotiños do estado da obra.





Comezo a baixar camiñando cara Bambili, pega o sol, teño a esperanza de que pase un taxi, nada, caloorrr, á fin cando casi estou chegando abaixo de todo e despois de 20 minutos camiñando aparece un, que aos dous km se estropea... Collo outro e para casa, paro un ratiño de nada e marcho a comer ao Biberón, alí quedei con Protus e Joseph para ir a Santa. Quedei ás 15:00, pois a e vinte chamo a Protus, aínda tarda media hora, pfff, o outro non da señais de vida, o peor é que xa estou co taxi, e pagando por estar parados. Bueno Protus chega ás 16:00 a arrancamos, estou moi canso así que a durmir.
Xa en CEFED, explícolle a Protus o que imos facer, os rapaces queren xogar mais coa espera fíxose moi tarde así que nada, merco unhas galletas para eles e marchamos, xa virei con máis tempo.
Xa na casa, Protus dame presupostos para varias cousas e marcha, como algo e a durmir estou morto.
Mañá marcharei a Nkambe, a vila de Julius, uns días na montaña, xa vos contarei.

Un saúdo

1 comentario: