22 de out. de 2013

ABRINDO PORTAS

Luns, xa estou só, hoxe levanto con calmiña, almorzo e curro. Despois marcho cara a obra, o habitual, taxi, moto e ninguén no sitio. Chamo a Protus e está cerca, agardo por el. Concretamos os seguintes traballos a facer. Tamén quedamos para ir o mércores ao hospital, precisa un tratamento e imos pagarllo como parte da man de obra dos traballos que realiza. Chamo ao responsable do tellado e non me colle, xa comezamos...
Bueno marcho de alí cara a vila, reúnome con Cyrus e Julius, imos imprimir uns documentos para que me leve e buscar apoios en ONG's.
Agora tócame reunirme con Joseph, profesor de español que traballa no orfanato MISSPA, mais antes atopámonos con Ankias, o rastafari, un ratiño con el e concretamos máis cousiñas do que farei para intertar traelo a tocar a España.
Merda, acábaseme a batería do teléfono e non atopo a Joseph, volto ao sitio no que imprimimos e poño o teléfono a cargar, agora si, reúnome con el e imos a tomar uns zumes.
Moi ben con este home, fala castelán, quería falar con el pois é o enlace con España que ten o orfanato. Estou a buscar sitios nos que precisen voluntarios, e aquí precisan de todo, dende un informático ata enfermeiros, profesores, paiasos... Moi ben, falamos un pouco de todo, diferencias entre Europa e África, o seu fillo que está a estudiar en Holanda, Jack Songoo, Kameni...de todo.
Hoxe quedei coas rapazas checas que coñecín o outro día, buscan algún sitio no que traballar como voluntarias, pois resulta que quedei nun sitio xusto ao lado da casa deste home, cocincidencia?
Bueno imos ata alí e amósame a casa, dime que aquí podería haber aloxamento para voluntarios, eeeehhh, era unha das cousas que me propuxera e xa está feito, son relixiosos eso si. Agora mesmo está vivindo a súa nai alí tamén  pois está enferma, a casa caralluda, nada que ver co común aquí.
Un ratiño alí e imos cara o Biberón, onde quedei con elas e con Julius, agardamos un rato e nada, pedimos unha cervexa, chega Julius, e nada, non aparecen. Chámoas e dígolle a Julius que fale el, esta tipa fala rapidísimo e non a entendo. Ao final mándolles unha mensaxe e non responden, pois nada, paso de chamar máis pois a tipa ten o teléfono checo e sae carísimo.
Así que nada falamos un ratiño, comemos unhas empanadillas e para a casa, cena e a durmir, estou canso.

Martes, hoxe vou tratar de facer un carné de residente, é barato e se quero volver xa non tería que sacar o visado. Reúnome con Julius, no centro, coñece a unha policía así que será máis doado. Imos xunto a súa irmá a saudar e camiñamos ata e comisaría de policía en Old Town, agardamos un ratiño e mándannos pasar ao despacho. Esta policía tamén é amiga de Luis, explícolle o que quero e pídeme o pasaporte, despois de revisalo dime que non pode facerme o carné, que o meu visado xa caducou, cooomoooo??? Dime que eles contan a partir da data do selo da embaixada camerunesa, que é do 5 de xullo, mais eu explícolle que non, que mire na páxina seguinte, eu entrei no pais o 15 de agosto e cando solicitei o visado en Madrid, xa lles tiven que poñer as datas nas que ía vir, dime que non. Esto non ten nin pes nin cabeza, en teoría son ilegal no país, na práctica non, non sei se a tipa non tiña ganas de currar ou que, mais non me quixo facer o carné, dime que a próxima vez. Eu sigo flipando, bueno que lles den...
Voltamos á tenda da irmá de Julius, antes merco unhas zapatillas, cos zapatos que trouxen agora abrásome, xa fai calor. E nada intercambio contactos co fillo da irmá, imos facer algún negocio, xa vos contarei con calma, e volto con el na moto do primo ou algo así.
Paradiña na casa, onte Stephen preguntoume que que tal a tele, díxenlle que non a uso e pediume se a podía poñer noutra habitación, por suposto, aproveito para darlla. Collo outro taxi e á obra, hoxe si que está Protus, rematando co zócalo e preparando estrutura para portas e ventás, veña unhas fotiños.




E nada volto á casa, cervexiña con Belinda e Mado, como lendo as noticias, e descanso na habita.
Despois reúnome con Julius e Ankias, unhas cervexiñas de tarde, unhas risas. Xa de volta paro a cear no Biberon, porco con arroz, converso co camareiro un ratiño e taxi para casa.
Chego e non está Belinda, que raro, todo pechado, chámoa e dime que está a vir, en menos de 5 minuntos aparece, falamos un ratiño, poñemos a parir ao dono e ao doutor, e dime que estou a traballar moitísimo, emocióname e voume moi contento para á cama.

Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario