10 de out. de 2013

UN DÍA APRETADO

Mércores, día apretado, marcho sen almorzar ás 7:30 da mañá, a ver se apaño o teléfono. Chego á tenda e dinme que o teño que rexistrar outra vez, así que marcho a facer unha fotocopia do pasaporte. Sen problemas, dinme que nunha hora estará a funcionar. Reúnome con Julius e Cyrus, imos ver dúas fábricas ás que lle venden arxila, area e pedras. 
Chegamos á primeira, esta é moito máis industrial que a que vin onte, teñen máquinas para case todo, e producen bloques, baldosas e aneis de formigón, tellas, ladrillos e baldosas cerámicas... Algunha fotiño.



Seguimos a nosa ruta, desta volta imos a unha na que tamén teñen máquinas mais é máis modesta que a anterior. Aquí vedes os fornos e un exemplo do que fan.



Imos cara o meu sitio, e agora si, almorzo mentras lles amoso formas baratas de construir, utilizando materiais de refugallo, quedan encantados.
Ven Augustin e lévoos ata a obra para que coñezan o que estou a facer aquí, tamén imos ao centro de discapacitados. Quedamos en buscar casos semellantes na súa zona.
Voltamos cara Bamenda, e imos á casa do rastafari amigo de Julius, Ankias Vallyman, vai o tío e ofréceme curro, a ver se quero ser o seu contacto en España para buscarlle concertos e demáis, amósame os seus vídeos, libros, cosméticos que fabrica, fai de todo. Vive en Sudáfrica e toca reggae que da gusto, buscadeo.
E nada un paseo pola zona de Julius, ceniña por ahi, estou morto, foi un día moi apretado, para a casa a descansar, mañá marcho a Dschang.

Un saúdo


2 comentarios:

  1. tamén vas ser manager!! joee, pois estache saíndo a experiencia ben en todos os sentidos =)) alégrome!

    ResponderEliminar
  2. Vas ter que traelo o Foundation reggae. Alegrome do ben que vai todo. Bicos

    ResponderEliminar