1 de nov. de 2013

VOLTA Á NORMALIDADE

Martes, esperto ás 12, non de todo descansado das días de viaxe, duchiña fría, como a botaba de menos, e a comer, estou famélico. Chamo a Augustin e dirixímonos á obra, deberían ter o tellado terminado. Cando chego, sorpresa, aínda non remataron, fan falta máis tellas, chamo ao responsable e quedo con el para o xoves. O edificio está a quedar moi bonito.


Bueno agora imos cara á vila, de camiño chámanme as rapazas checas que coñecera a semana pasada, quedo con elas. Antes pasamos polo negocio de Salomon, ten un ordenador a arranxar, aviseino a semana pasada para que o tivera listo este martes. Que raro, non o ten listo e non está na tenda, chámoo e dime que so ten que cambiar unha peza, quedamos en que Augustin pasará a recollelo ao día seguinte. Sempre deixan todo para o último día, son peor ca min.
Na vila atasco, militares e policías están a desfilar por Comercial Avenue, a principal rúa, ben poderían telo feito o domingo que non hai mercado nin nada, a cidade colapsada.
Reúnome coas rapazas, un batido e lévoas onde Julius, queren mercar cousiñas, e de alí ao biberón, voulles presentar a Joseph, o do orfanato, pois elas están a buscar un sitio no que traballar como voluntarias. Cóntanme que ata o dagora estuveron nunha escola no bosque, lavándose no río, que os profesores pegaban aos alumnos... así que queren cambiar de sitio, non me extraña.
Chega Joseph, unhas cervexiñas, risas e para casa, cena con Belinda e Mado e para a cama preciso descansar máis.

Mércores, 7:30 en pé, quedei ás 8:30 con Augustin, imos ata Njinikon coa xente de HAC, pois ben almorzo preparo todo e en camiño?, non. Chámame Protus que está a agardar por nós en Mbingo, dígolle que estou a  agardar tamén, ás 9:00 chámame Salomon, o do ordenador, dende o teléfono de Augustin, dime que xa puxo a peza mais ten que instalar os prgramas, que lle levará unha hora polo menos, dígolle a Augustin que veña xa, que é tarde. Pasa unha hora, nada, ao final aparece ás 11:00, pff, tivo un problema no coche, vaia mañá. Recollemos a Protus e chamo a toda a xente que está a agardar por nós, deben estar fartos, pois ben agora tocan os controis, o primeiro ben 500 fcfa e pasamos, no segundo problemas, Augustin dalles 1000 fcfa e non nos deixan seguir, son coma nenos pequenos collen os papeis do coche e non os devolven ata que non teñen o que queren, nada media hora alí parados, que día.
Chegamos a Mbingo e deixamos a Protus, de súpeto, nooonnnn, o coche non ten aceite, aaaaaaaaaaaahhhhhhhhhhhhh, vou tolear, parada de novo, outros 20 minutos, á fin por fin chegamos a Belo, quedara ás 9:30 e son as 12:30...
Comezamos o traballo, visita a Margaret, entrégolle un saco que me deixara Luis para ela, e algúns cartos, cando falei con Joshua e con Pius (o albanel), quedamos en que me traerían unha estimación ou presuposto dos muros, non fixeron nada, quedamos en que mo enviarán vía mail.
Seguimos visita na escola a Blessing, a da foto, e á casa da súa familia, trouxen pan e xabrón.


Seguimos a nosa ruta, agora a casa dun pastor (de persoas que non de ovellas), pois HAC está buscando apoios en localidades cercanas para facer repartos de medicamentos e demáis. Alí a muller da seguinte foto, dinme que se sei de algún triciclo similar ao que vedes que o envíe no contenedor.


Volta ao coche e a botar aceite de novo. Paramos agora na casa dunha viúva, HAC quere arranxala para acoller voluntarios, imos intentar facer un taller de construción con materiais naturais para amosarlle á xente de aquí como aproveitar os recursos que teñen pois abusan do cemento que é unha pasada.



Agora paramos na escola de John Paul, fillo de Belinda, entrégolle as botas de fútbol que lle merquei, moi contento o rapaz.


E nada, por fin chegamos a Njinikon, alí fago o pago para a instalación dun canalón na casa de Sylvanus, un discapacitado e para comida para Bertrand, o rapaz con sida, comemos alí, como non, fufu-corn, xa me estou cansando, e volta para casa. Unha imaxe destas maxestuosas colinas das que me despido aínda que creo que voltarei.


Chegada á casa, cervexiña con Augustin, cena e a durmir, sigo a estar moi canso, a ver cando recupero de todo. De hoxe en dúas semanas estarei collendo o avión de volta, non me queda nada aquí.

Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario