3 de nov. de 2013

FUNERAL

Sábado, hoxe asistirei a un funeral, do tío de Ankias Vallyman, o rastaman. Érgome con calma, almorzo, non hai auga como de costume a estas horas, traballo no proxecto e descanso un ratiño. Falo con Belinda que leva dous días enferma, di que ten malaria mais aínda non foi o hospital. Cóntame que o dono, que leva tempo sen pagarlle, ninsequera lle mercou as medicinas e faina traballar, vaia desgraciado, dígolle que xa llas merco eu. Sobre as 11:00 marcho cara Bamenda e reúnome con Julius, un pequeno paseo e collemos unha moto cara o lugar do funeral. Non atopamos a Ankias, damos unha voltsa e chegamos ao lugar da tumba, xusto están a tapala con terra agora. Neste enlace veredes un vídeo dese momento.


Como vedes nada que ver cos funerais de alá. Unhas fotiños.



Reunímonos con Ankias e seguímolo ata onde está el, encárgase das bebidas e comida do funeral, está moi liado, ponme a currar, dime tes que coñecer a tradición.


Sentamos nunhas cadeiras ao sol, que é matador xa e ofrécennos cervexa e millo con cacahuetes, despois empanadillas e mais tarde xa pasamos ao comedor, bufet libre, hai de todo.
Estamos por alí un rato máis e marchamos, teño ganas de relax e comodidade. Voltamos á vila, vou a unha farmacia e merco os medicamentos, despídome de Julius e para casiña.
Cando chego está o doutor David, a muller acaba dar a luz, é a súa primeira filla, dime que naceu con problemas mais que está ben. Vou canda Belinda e doullelas pastillas, segue maliña, o luns iremos ao hospital.
Chegan Jeiko, estadounidense e Chilo, mexicano, o primeiro tamén se hospeda aquí, xa os coñecera onte. Tomo unha cervexiña con eles, bueno dúas, mentres vemos fútbol. Pasoume algo raro, cando intento falar castelán con Chilo decátome que me costa falar nese idioma, bueno xa se me pasará.

Ceniña e a durmir, unha aperta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario