8 de nov. de 2013

REQUIEM POR MAELO

Xoves, almorzo, duchiña e traballando na habita, de súpeto ven Belinda á miña porta dicindo non sei que de Maelo, creo que non sobrevivirá, dime, eu, que pasou? Chegamos e atopamos a Maelo no maleteiro dun coche, morto. Quedámonos paralizados, pobre canciño, non tiña nin un ano, era listísimo, cariñoso, xusto a noite anterior estiven xogando con el media hora antes de ir para a cama, sempre me viña saudar e buscaba xogos, vixiaba a casa, durmía na porta de Belinda para protexela, un can irrepetible. Mado viuno todo, o can estaba cruzando a estrada, un todoterreo adianta a un taxi e pum, bate contra o can e mátao no acto, unha pena, quedamos todos un pouco tocados. Era outro amigo africano máis.


Volto á habita fastidiado, pero bueno a vida segue, teño que ir ata a vila, reúnome con Julius está a rematar as cousas que lle encarguei, empaquetamos todo e tiramos cara Mankon, hoxe vou ver como as mulleres traballan co bambú para facer cestos, imos un pouco tarde mais non hai problema, ritmo africano.
Chegamos á casa de Cyrus e alí están as mulleres, unhas fotiños tamén coas bolsas que me fixo Jonas.



De alí movémonos cara a canteira de arxila, quero levar mostrar para facer probas cando volte, paramos un ratiño ao lado do río e falamos da posibilidade de crear aquí unha escola de arquitectura, en todo o país só existe unha, en Yaoundé, eso dixo o director do ministerio cando estiven alí.


Despídome desta xente, aínda nos queda o domingo para tomar unhas cervexiñas, volto á casa cargadísmo, que se pedras, bolsas, pulseiras... Paro medio horiña e marcho cara a casa de Joseph, imos cear alí, cando chego aínda están a cociñar, imos mercar sangría Peñasol para beber, non estaba mal. Falamos coa nai de Joseph, graciosísima, só fala o seu dialecto mais temos conversas, probablemente sen senso mais rímonos e Joseph fai de tradutor.


Ceamos "cibolla chka", ou algo así, sopa de cebola ao estilo checo-camerunés, moi boa, e despois unha deconstrución de tortilla de pataca á camerunesa, pasable.


Morro de sono, quería quedar un pouco máis, mais preciso descansar, son as 22:30 e xa quedan poucos taxis así que marcho.
Na casa peli e a sobar.

Unha aperta, nunha semaniña xa me tedes por ahí.

1 comentario:

  1. Pobra Maelo... Tan noviño...
    Disfruta desas comidas que nunha semana ímoste recibir ao aeroporto cunha pota de caldo!!

    ResponderEliminar