3 de nov. de 2013

BIG BABANKI

Domingo, levanto ben cedo, hoxe diríxome a Santa a controlar o traballo que levan feito, suponse que hoxe ían traballar, cando chamo dinme que é domingo, mais eso non é o que acordáramos, que xente, non sei para que se falan as cousas. Polo menos o traballo vai ben.


Os rapaces están almorzando así que agardo un ratiño para xogar con eles, están preparándose para ir á misa, sesión de fotos con todos eles, unhas risas.





Volto para a casa, non hai auga, preciso unha ducha, tócame agardar. Traballo e descanso, xa levava días sen parar, preciso calma.
Ás 13:00 arranco de novo, agora cara Big Babanki, quedei coas checas para coñecer onde vivían ata o dagora, merda non hai coches así que comezo a camiñar, pega o sol e paro nun posto de caña de azucre, falo cun tipo e aos dous minutos xa me está pedindo para que o leve a España, anda e que che dean. Á fin pasa un coche e chego á vila, reúnome con elas e con Ernest, o home que as acolleu as últimas dúas semanas. Gran home, diferente ao típico camerunés, preocupado pola natureza, non cree en deus... Dedícase a plantar árbores e coidar do entorno, bo tipo.
Unha cervexiña e paseo pola vila, encántanme estas aldeas no medio do monte, a xente aínda é máis amable que en Bamenda, un gusto.




Pasamos por un funeral, segundo en dous días, faise noite, unha cervexiña e ímonos cara Bamenda, no Biberon hoxe fan unha barbacoa así que alí imos, quedei con Julius e Joseph. Moi ben, agradable noite, ceamos alí ao son de Bob Marley co rapaz da foto.


As rapazas buscan aloxamento e Joseph vaillo dar, ten espacio de sobra, imos ata a súa casa que está xusto enfronte do Biberon e unhas fotiños coa nai, moi simpática.


É un pouco tarde, paso 20 minutos con Julius para coller un taxi, nada, ao final pasa o doutor David, vaia sorte e me leva á casa. Belinda sigue mal, falo con ela un rato e doulle todos os meus medicamentos, mañá imos ao hospital.

Un saúdo


1 comentario: