4 de nov. de 2013

E CHEGARON OS INSECTOS

Luns, levanto con calmiña, hoxe levarei a Belinda ao hospital, está maliña. Son eu o que ten que dicirllo ao xefe, que ademáis de levar tempo sen pagarlle, non a deixou ir ao hospital, vaia tipo.
Duchiña fresca, hoxe si que hai auga, almorzo e a esperar por Augustin, hoxe non tardou moito. Xa no hospital primeiro hai que pagar 1000 fcfa pola consulta, pasa a unha sala e dinlle que ao doctor, espera de media horiña e dinlle que ten que facer análises, 4000 fcfa, agora si que esperamos tempo, ata ás 14:30, nada dinlle que non ten malaria mais danlle o tratamento para malaria...
Cervexiña e a comprar os medicamentos, outros 5000 fcfa. A verdade é que a sanidade é un luxo neste país, tendo en conta que un soldo mensual son uns 40000 fcfa, só nun tratamento para unha enfermidade bastante común aquí vaise a cuarta parte. 
Chegamos á casa ás 16:00 estou famélico, como rápido e marcho cara Bambili a reunirme con Protus, case teñen rematadas portas e protectores para as ventanas, quero botarlles unha ollada. 



Nada dame recibos que tiñamos pendentes e acordamos máis cousiñas para a obra, estou canso mais non quero ir para a casa tan cedo, así que marcho ao Biberon.
Cervexiña e traballo, conversa co camareiro, ah estou sorprendido pois agora comeza o tempo dos "mengüin", saltamontes en cristián, é curisoso como os cazan, poñen duas placas de zinc facendo unha v, baixo esta v poñen depósitos metálicos, durante a noite acenden uns focos e estes insectos cando se apoian no zinc atraídos pola luz, esbaran cara os depósitos.
Pídolle ao camareiro para probalos, entretanto, chegan Joseph e as checas, cando aparecen os bechos sorpréndense, Joseph conta que son carísimos e moi cotizados en nadal, é coma o noso marisco. Aquí unhas fotos, non saben mal mais tampouco é para tanto, o peor é a sensación das patiñas e antenas.



Outra cervexiña e para a casa, hoxe estou cansado de verdade, o de ir ao hospital rebenta.

Unha aperta

1 comentario: