10 de nov. de 2013

DESPEDÍNDOME DE BAMENDA

Venres, vou á vila a mercar cousiñas para regalarvos, primeiro paso a recoller unhas impresións para a irmá de Julius, queren comezar cunha ONG na súa vila e estoulles a facilitar a información que teño.
Fago todo rápido e volta para a casa, quero descansar e teño unha reunión ás 15:00 con Protus, chámanme Eva e Fátima, véñense hoxe para aquí, imos ao concerto de Ankias Vallyman, rastaman.
Ás 17:00 tiro cara o centro, reúnome con Julius e coas checas, e dirixímonos cara o estadio, alí xa comezou fai unhas semanas a Traid Fair, custa 200 fcfa a entrada, uns 30 céntimos. Dentro pódese ver artesanía, comida, xogos, vamos unha feira. Bebemos unhas cervexas e concerto, ata subimos ao escenario a bailar, pena que olvidei a cámara na casa. Moi divertido, despois dirixímonos a un bar discoteca, aínda que todo o mundo está sentado, mais festaaa, xa me facía falta un pouco. Volta para a casa con Mado en moto e a durmir, rebentao que estou.

Sábado, érgome ás 8:00, mini-resaca, quedei con Fátima para ir a Santa, reunímonos en Finance para coller o taxi, cando chegamos vemos a todo o mundo triste, un rapaz escapouse onte, estivérono buscando e hoxe atopárono morto no río, unha desgracia. Iamos facer hoxe unha pequena festa mais témola que suspender. O patio está casi rematado, collemos aos rapaces para que poñan as súas mans ou pés no cemento aínda fresco, unhas fotiños.





Ven o pastor a botar unha pregaria polo rapaz, marchamos, morro coa fame, paramos a comer en Comercial Avenue mais Fátima ten que marchar, despedímonos e quedamos para os carnavais de Tolosa, xa teño ganas de voltar a Euskadi.
Espero unha hora pola comida, que xente máis lenta e nada volto á casa, descanso toda a tarde, mañá tócanme máis despedidas.

Domingo, levanto temprano ben descansado e comezo a facer as maletas, almorzo e cara Santa con Belinda, alí non acabaron o traballo, precisan máis cemento, veña a soltar pasta. Os rapaces cabréanse, porque marcho, quería pasar máis tempo hoxe alí mais non me podo. 





Espera baixo o sol por un taxi, agora si que queima, paro no Biberon, quedei aquí con Protus, reunión de traballo. Unha horiña e diríxome cara Mankon, quero despedirme dos Jonas, Cyrus e compañía, hoxe vai todo moi rápido, falamos do traballo que fixemos, contentos de ternos coñecido e pouco máis, cervexiña e agora toca reunirse con Ankias, ao final quedamos para mañá.
Cando vou marchar chámame Mado, que quere que a acompañe á Traid Fair, pois o venres perdeu o dni, alá vou, máis de media hora esperando por ela, xa é noite, á fin aparece, e tamén a súa identificación, unha cervexiña e para casa.
Estou famélico e Belinda faime dous bocadillos con salsa de tomate e carne de tenreira, vou botar de menos esa salsa.
E nada vou durmir, derradeira noite en Bamenda, mañá irei tirando cara Douala.

Unha aperta

2 comentarios:

  1. Que linda a idea de plasmar no cemento os pés e mans dos pequenos! En nada xa te temos por aquí!!

    ResponderEliminar
  2. Adrián que ganas de conocerte en persona!!!Cómo agradecerte todo lo que has hecho ,sin palabras, eres maravilloso!! DESDE CDC....GRACIAS X TODO!!

    ResponderEliminar