1 de nov. de 2013

COMEZAMOS CO PATIO

Venres, levanto ás 5:30, ás 6:00 quedei con Protus, teño que darlle cartos para que comecen no centro de discapacitados, volto á casa e a agardar pola auga coma sempre. Aproveito para traballar, hoxe voume tomar a mañá de relax. Reorganizo as miñas cousas, curro un pouquiño e ás 12:00 chega Augustin, estamos a agardar polas checas e Joseph do orfanato. Elas chegan máis este home non aparece, temos programado ir a ver o orfanato MISSPA e despois a CEFED, o centro en Santa. Chámoo e está na policía con problemas, bueno imos indo nós.
Un paseo polo centro, os nenos de aquí vese que non están tan ben como en Santa, case non sorrín, non saúdan... Este non aparece así que marchamos cara o Biberón a esperalo, unha hora e nada, marchamos cara Santa
Á chegada coma sempres risas, aínda que están cabreados conmigo porque non viñen en toda a semana, xa comezamos coas obras para o patio, este é o proxecto no que puxen a maior parte dos cartos que me enviastes, unhas fotiños, polo dagora somentes escavación para o drenaxe.



Na casa estiven facendo limpeza, e teño que vaciar maleta así que decidín regalarlle uns dos meus tenis a Romanos, que ten a mesma talla ca min, o rapaz encantado cos seus zapatos novos.


É un dos útltimos días que virei, vaime dar pena despedirme destes rapaces, pásomo pipa con eles.
As rapazas checas encantadas tamén co centro, van a comezar a vir a traballar aquí.
Voltamos e paramos de novo no biberón, unha cervexiña e para a casa a cenar, estou famélico hoxe olvidouseme comer ao mediodía, non pasa nada, ceno fabas con arroz, contundente.

E nada máis por hoxe, unha aperta.

1 comentario: