Hoxe degustaremos este plato que tanto comín, e creo que vou acabar farto del, mais está riquísimo.
Ingredientes: cocojam (tubérculo mistura entre pataca e cebola), planten (eses plátanos), carne de terneira, hocoberry (berros raros), especias, limestone (pedra caliza!!), aceite de palma, sal.
O primeiro é pelar os cocojam e poñelos a cocer cos planten.
Ao mesmo tempo pónse a cocer tamén a carne de terneira.
Unha vez cocidos os primeiros pélanse definitivamente e procédese a machacalos ata conseguir unha masa, utilízase o "mortard pistle" ou algo así, xa o tedes visto en miles de documentais.
Unha vez cocida a carne engádense o aceite de palma, sal, especias, o que da o color amarelo que é a pedra caliza, si pedra caliza. Por outra banda cócense os berros e saltéanse co aceite de palma.
Para comelo dáselle a masa forma como de cunca e dentro a sopa coa carne, os vexetais fora, como se amosa na imaxe.
Isto cómese cas mans, bon proveito!!
Sacas as patacas das sacas, ásalas nas brasas, acórdaste??? jajaja. Ten boa pinta!
ResponderEliminarjuijui, se te va a poner cara de planten...
ResponderEliminar