Tarde de venres, chamada esperada, Willy. Recollo
os meus aparellos a unha velocidade incrible, pretendo coller un taxi, mais
David dime que non podo ir só, entón comeza unha búsqueda de acompañante, aos
tres minutos aparece cunha rapaza, Diane, da casa de enfrente e xa está. Dime
que volva con ela, máis tarde decátome que non me dixera iso, o que quería
dicir era que lle pagara o taxi de volta (vou ter que paralo máis cando me
fale).
Unhas cervexiñas con Willy e outro amigo, Pepe de
Barcelona, agradécese falar un pouco de castelán de cando en cando, ademáis da
compaña, conversa sobre viaxes, o país, a xente...Willy ten unha axencia de viaxes aquí en Camerún,
ademáis de realizar proxectos de axuda e cooperación, xa leva dende os 19 ou 20
anos en África, resulta de moita axuda falar con alguén así.Pepe tamén é un gran viaxeiro, recorreuse medio
mundo, moi interesado na etnografía, déixovos a dirección do seu blogue www.pepepont.com,
e unha páxina de blogueiros viaxeiros de Barcelona www.barcelonatravelbloggers.com.
Volto á casa en taxi con Diane cediño pois
normalmente ás 21:00 a porta do centro péchase, atasco, chego e sigue aberta,
ah! podía ter quedado un ratiño máis, bueno unha cervexa na casa, uns
guitarreos e conversa con Lawrence (o artesano protésico), alucina cando lle
explico a cantidade de comida que se tira ao día nos supermercados de Europa,
falamos de política, de como vivimos, en fin intentamos arranxar o mundo mais
chegamos á conclusión de que vivimos nun “crazy world”.Guitarreo co Dr. David que tamén toca o piano e a
durmir, mañá viaxe a Bamenda.Sábado, á fin, día da partida, choiva, choiva e mais
choiva, levántome as 7:00 e vou preparando todo, Dr. David dime que ten que ir
ao taller, que quere levar o outro coche e fáltalle unha peza, aiaiai creo que
imos tardar en sair. Tómomo con paciencia e vou mercar algo para almorzar, eso
iso camiñando moi despacio para tardar o máis posible (creo que me vou
adaptando aos seus costumes), pasa unha hora, nada, leo, dúas horas, nada,
durmo, tres horas....Teño as pulseras que estivera facendo para os
cativas, encántanlles, todos contentos e agradecidos, unhas fotiños.
Segue a pasar o tempo, xa son as 14:00 e aquí
seguimos, ritmo africano...
Comemos, despídome da xente e saímos 16:30, non sen
as dúas ou tres correspondentes paradas, pan, auga, mecánico...
David está dun humor terrible, non ten o coche e vai
botando chispas.
Conseguimos saír de Douala.
Cousiñas da estrada, que é das mellores do país,
vense coches accidentados aos dous lados (deben levar tempo pois a vexetación
comeza a cubrilos), se se estraga o coche e non tes triángulo cuns matoxos de
herba no media da estrada xa serve. Queixámonos das bandas rugosas, pois as de
aquí son de medio metro por 30 cm de alto, unha ledicia para os baixos do coche.
Hai baches, baches non, socavóns por toda a estrada, algúns recheos de terra
polo que comezaron a medrar plantas neles. Os carrís veñen definidos por estes
baches, se podes ir pola esquerda ou polo medio mellor que pola dereita.
Militares por todos lados, párannos ata tres veces, o peor é que na primeira
delas tiven que darlle o derradeiro sobre de xamón que me quedaba, snif, o tipo
pedíame bebida, si home vouche dar a botella de licor café, parece ser que hai
que recadar pois comeza o curso escolar e o xefe do país precisa cartos.
Paramos ata tres veces para mercar laranxas, papaias
e outras cousas das que non recordo o nome, nunha destas paradas ceamos, pezuña
de vaca, moi rica, David asómbrase de que queira comer iso, explícolle que na
nosa terra tamén se comen, mais de porco.
Como eran sete horas de viaxe tiña pensados un par
de temas para falar con el, un deles se me podía explicar a causa de que nesta
zona houbera tantos casos de deformidades e demáis, contéstame que noutro
momento que ten que concentrarse na condución... Pregúntolle sobre onde estudou
e tal pero non está moi disposto a falar, bueno que lle imos facer.
Falamos pois de cousas triviais, as estradas, o
tempo, xa lle vou entendendo mellor, mais vou a cambiar unha cousa, non sei
igual é que me expreso mal, cando me di algo contéstolle yes, yes ou mm, mm en
sinal de que o entendo (cando non o entendo pregúntolle) mais el repíteo e eu
yes, yes I understand, e repíteo, ata tres veces, nunha delas xa lle dixen
entendino á primeira, e dime pois non me deixes repetilo... A partir de agora
direi OK que é o que di el cando lle pregunto algo.
Xa “preto” de Bamenda paramos a botar gasolina e a
mangueira quédase enganchada na boca de entrada do depósito do coche, e xa ves
alí aos típicos catro ou cinco entendidos fozando nela, irrepetible!!!
Seguimos e comezamos a ver centos de buses, todos
eles de Bamenda a Doula ou Yaundé, é incrible a cantidade de xente que se move
nunha noite, éntrame o sono pois David cada vez que pasa un di “another one”, e
foron moitos, como contar ovellas. Por certo, recordades os ALSA vellos, están
todos aquí.
E así despois de 200.000 baches, 1000 curvas, 200
autobuses, unhas 7 horas e 6 paradas, chegamooosss!!!!! é a 1:30 e estou morto,
a durmir.
Xa hoxe domingo levántome sobre as 8:00 da mañá, non
sei moi ben onde estou, é unha especie de hotel pero coma un señor, habita para
min só con cama de matrimonio, baño e auga corrente. Saio ao porche e coñezo a
Belinda a encargada da limpeza e demáis, tamén a Stephen o propietario, moi
amables, almorzo no restaurante por uns 2 € un revolto, te e pan.
Quero dar un paseo e Belinda acompáñame esta xente
non ten nada que ver coa de Douala e o sitio incrible.
Cando regreso á casa están xa de volta da igrexa
David e a súa muller Marie Claire, voume con eles a ver a obra en Bambili e
despois a comer na casa duns familiares, alí teñen porcos, David pregúntame se
algunha vez vin un porco en Europa (sen comentarios), probo a papaia e o viño
de palma, rico rico, o mellor de todo os nenos xogo con eles e pásomo pipa.
E agora aquí probando conexión na miña habita de
luxo.
Un saúdo a todxs.
Vaia cos militares!! Xamón nada más y nada menos! Canto me alegro de que chegaras a Bamenda!! Xa respiras outros aires!! Un bicoo!
ResponderEliminarSalvouse o Likor K, menos mal!
ResponderEliminarEstou seguindo tódalas aventuras e da ghusto leerte e ver que estas ben.
Espero que sigas disfrutando e aprendendo desta experiencia.
¡Hola, Adri!
ResponderEliminarFue un placer conocerte y pasar ese rato contigo. Anoche volví a Barcelona y hoy ha sido el primer día de vuelta a la rutina, así que puedes imaginarte cuánto añoro Camerún. Disfruta de lo mucho que te queda por allí. Te voy siguiendo.
Por cierto, gracias por el enlace :)
Un abrazo.
Hooola Adri!
ResponderEliminarGracias por compartir tus aventuras! disfruta mucho de la experiencia, un besoooo grande
Marta