Alá imos, plan de hoxe mércores 21 ir a Buea que non Bueu, na rexión sudoeste, hoxe por fin vou sair da cidade, estou animado pois imos ir ata o monte Camerún e poida que ata o mar, ademáis pola tarde quedarei con Guillermo, creo que xa vos falei del.
6:30_Esperto, levántome con calma e organizo a miña mochila, levo un pouco de todo, auga, comida, botiquín, papel e boli pois tratarei de comezar o meu proxecto sobre as construcións populares neste país.
Almorzo un pouco de pan de onte e o té de tódolos días.
7:30_Nin idea de onde está David, saio fora e alí Colonel (o soldador) e Linda, tampouco teñen idea.
8:30_Nin rastro de David, Colonel di que quedou en voltar nun rato, teño fame así que pillo, mellor dito encárgolle a Linda un profiterois deses petados de aceite. Encargueillos porque onte fun eu á tenda, xa o feito de que vaia eu en lugar de encargarllo a algunha delas parece que molesta, aparte na tenda cando vou pagar parece que lles dou noxo ás tipas que non queren nin rozar os dedos e danme as voltas de malas.
9:00_Aparece David, por fin, a ver se marchamos que xa me levantei fai dúas horas e media.
10:30_David di comemos e marchamos, estou petado dos profiterois mais como, non sei se vou comer ata á volta. Puf vou petadísimo non creo que coma ata a noite. Pero bueno xa imos marchar despídome da xente e vou cara á saída.
11:30_Sigo na porta, polo menos ahí sigue Colonel e aínda que el non sabe moito inglés nin eu moito francés ímonos entendendo, estou facendo boa amizade con el. Tamén estr, á Victoun dos masaxistas, este está empeñado en buscarme unha muller africana, pasámolo ben.
12:00_Sae David, saímos NON!!!, hai que mirar o aceite, botarlle auga ao coche e demáis. Pero bueno á fin arrancamos.
12:10_Atasco, hai obras pois vai vir o Presidente á cidade e hai que poñela bonita, non sei de que me soa iso. Saímos do atasco mais aos 500 m paramos, vai haber eleccións e David ten que coller non sei que tarxeta electoral.
12:20_Arrancamos mais aos 200 m paramos, agora si, a carta electoral, non sei que carallo fixo antes.
12:30_Arrancamos mais aos 300 m paramos, agora na panadería, pan e zumos para o camiño. Por fin imos sair da cidade, pero antes paramos en só 3 gasolineiras para mercar o aceite que lle falta ao coche.
13:00_Á fin saímos da cidade eeeeeeeehhhhhhhhhhhh!!!!!!!! Dende as 6:30 que espertei ata as 13:00.....
13:05_Mecago en todooooo!!!!!!, agora páranos un militar na estrada, pide os papeis do coche e a miña identificación, doulle unha fotocopia do pasaporte pois non me fío, dime que ten que estar rexistrada (si mamá xa o tiña que ter feito, vou mañá), menos mal que teño o orixinal e todo en orde. David berrealle en "francés" non sei que ao tipo.
13:15_Agora si en camiño, aos lados da estrada grandes plantacións de caucho e plátanos.
Bueno xa vale a coñita, só quería que virades un pouco como van aquí as cousas, ritmo africano, desesperante ata para min.
Durante o camiño pregúntolle sobre os
partidos políticos, rise, xa mo imaxinaba, levan 30 anos co mesmo sistema,
cando hai eleccións xerais saen os militares á rúa, se non votas ao que manda
mátante, democracia da de verdade.
Por certo comecei a ler o libro "O
Antropólogo Inocente" de Nigel Barley, conta as vivencias deste home neste
pais, só lin o principio mais polo que vexo o país non cambiou nada neste
tempo, nada de nada, bueno si, os carteis de coca-cola, están todos noviños.
Seguimos ata a poboación de Tiko e paramos
nun posto militar pois David precisa uns papeis para arranxar a chapa do coche
??????
Saudo ao xefe e quedamos no despacho, alí
ten os seus diplomas e unha foto con Etoo, que non se lle ve moi contento
precisamente.
Alí media horiña, unas fotocopias e saímos
cara Buea, de súpeto David para e da media volta en Mutengene, ten fame!!!, eu
sigo petado pois de camiño aínda comín uns cacahuetes, este come e sorpréndese
de que non teña fame.
Seguimos pola estrada e coméntame que imos
parar nun centro ortopédico no que traballou e contribui, dime mira todo para
coller ideas, eu, vale e saco unhas fotos, non non observa logo xa faras
anotacións, ti observa.
Chegamos alí dámonos unha volta polo
centro e sentámonos a esperar pola directora, mentres pregúntolle se traballou
con algunha desa xente, e dime xa cho dixen antes, mais eu preguntáballe pola
xente non polo sitio, eu que sei se estaba a mesma xente cando ti currabas alí.
Pasamos onda a directora, monxa,
pregúntame se entendo o inglés, digo que si mais David dime: ¿seguro? con
recochineo, eu: si.
Bueno David marcha e déixame alí para que
vexa o centro, doume un paseo coa “sister”, este centro está moi ben, é grande,
limpo, hai rampas para as sillas de rodas, collo ideas.
Falo un pouco coa monxa, é simpática,
falamos cada un da nosa vida un pouquiño, ela é fisioterapeuta e estudou en
Roma, falamos un pouco en italiano chapuerreado, nun momento dime se entendo a
David, dígolle a verdade, cústame bastante ao que ela contesta que o inglés
deste home non é moi bo xa que fala “pidgin”, Nigel Barley fala disto no seu
libro, unha mezcla de inglés e lingua local, rímonos.
Axúdame bastante pois é unha das primeiras
persoas que realmente se interesa por como me sinto aquí, co cambio de cultura,
idioma e demais.
O centro vai pechar e David non aparece,
quedo falando con un dos rapaces que traballa alí, falamos do impersonal que é
a xente nas cidades, que cada un mira polo seu cu e ninguén axuda aos demais,
non sei por que mais entendo a todo o mundo perfectamente excepto ao doutor.
Aparece e marchamos, dígolle que collín
bastantes ideas, síntome ben pois algunhas das cousas que se me ocurriran estes
días están aquí xa feitas realidade, pregúntame se fixen fotos das máquinas,
pero carallo se antes me dixera que só observara…..pero algunha fixen
igualmente.
Xa é tarde, nin monte nin mar, meu gozo
nun pozo, menos mal que agora quedarei con Guillermo.
Máis cacahuetes, están riquísimos.
Pregúntolle se chamamos xa a Willy (o
español co que quedei), aquí chámanlle así, a súa resposta: espera a cruzar a
ponte, cruzamos a ponte espero un pouco e volvo a preguntarlle, non era esa
ponte, refírese á da cidade. Calo aínda que penso que o debería chamar, despois
dun tráfico horrible dime chamao agora, pásollo e volve a pasarmo, Willy dime
que onte cando falou con el insistiulle en que o chamaramos ANTES da ponte pois
vive por alí, que me deixara nun dos hoteis e xa viña, tamén me comenta “xa ves
como son aquí, non sei por qué mais non lle deu a gana de parar”, eu, xa xa vou
vendo. E eso que estivemos parados durante medio minuto esperando por non sei
quen, tamén ten pouca paciencia, eu espereino 3 horas á mañá.
Volto cabreado pois o que iba a ser un día
distinto convertiuse en nada, pero bueno aínda teño máis días que xudías e a
min o ánimo non se me quita así como así.
Na casa plátano cocido, riquísimo, e unhas
verduras.
Quería subir fotos mais acabouse o crédito de internet e estou nun cyber e vai moi lento, a ver se mañá podo meter algunhas.
Un saúdo