Boas a todos!!
Dende este blogue pretendo ir narrando todas as peripecias, traballos e vivencias que sucedan na miña estancia no Camerún, país de cores e no que disque se recollen tódalas paisaxes de África, dende as zonas máis secas no norte, xunto ao lago Chad, pasando por áreas máis selváticas na zona central e as praias do sul. Tratarei de ser o máis ameno posible e non enrollarme demasiado, non sei as posibilidades de conexión que terei alí polo que pode que non publique nada durante tempo, pero tranquilxs que o irei escribindo todo a man para despois darvos a brasa de golpe.
En primeiro lugar agradecer tanto á Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC e a ONG Colores de Camerún, a posibilidade de levar a cabo esta experiencia, e como non a Pablo, o meu predecesor neste proxecto, quen me puxo en contacto con eles, deume a coñecer os Programas de Coñecemento da Realidade e quen xa me contou parte da súa experiencia alí.
Ata o de agora non me sentía moi nervioso, pero supoño que é coma nos exames, ata que non faltaba un mes e non sentía a presión non funcionaba.
Papeleos finiquitados: pasaporte actualizado, cartilla de vacunación, visados... Agora ven o lío de que levar, que non levar, pero para eso está tamén miña nai que aínda pensa máis ca min e é capaz de descubrir cousas que nin me imaxinaba precisaría pero que poden ser útiles. Aínda así non creo que precise demasiadas cousas polo que tratarei de meter na maleta o mínimo coma sempre.
En próximas entradas, e antes de marchar, tratarei de amosarvos un pouco máis do país e contarvos cal vai ser a miña función principal alí.
Nada máis, un saúdo a todxs e espero que o disfrutedes case tanto coma min.
Esperamos noticias frescas desde Camerun mientras intentamos superar la marcha de un ser tan querido, mientras tanto, nos consolaremos con un cafe con caña, xDDDD. Un gran abrazo y que tengas mucha suerte
ResponderEliminar